Syngenta continuará apoiando o C. B. Seis do Nadal – Coia

A empresa e o club continúan facendo forte a súa relación de apoio e colaboración.
Publicado por o día 06/11/2017 na sección de Baloncesto,Deportes,Galicia,Vigo

Syngenta continuará apoiando o C. B. Seis do Nadal – Coia

Syngenta volverá a ser unha campaña máis Patrocinador do Club Baloncesto Seis do Nadal – Coia mantendo nesta nova tempada 2017/2018 o seu apoio e colaboración co club, colaboración que se leva extendendo desde a pasada tempada 2009/2010.

Membros da Xunta Directiva e da Dirección Deportiva do Club Baloncesto Seis do Nadal Coia renovaron durante a pasada semana o acordo de colaboración coa máxima responsable de Syngenta, Inmaculada Mosquera.

Coa firma deste novo acordo, Syngenta seguirá sendo un dos colaboradores máis importantes do club vigués, e nesta nova tempada 2017/2018 os dous primeiros equipos sénior da entidade, tanto o conxunto masculino coma o feminino, levarán o nome de Syngenta Seis do Nadal.

A pasada tempada Syngenta acompañou ao Club Baloncesto Seis do Nadal – Coia na primeira campaña na historia do club na que se competía co equipo Sénior Masculino na Liga EBA. A empresa dirixida por Inmaculado Mosquera estivo presente durante toda a tempada no nome do equipo e nas equipacións do noso combinado.

Desde o Club Baloncesto Seis do Nadal – Coia, agradecemos a confianza e o apoio depositado por parte desta empresa no noso proxecto, e estamos satisfeitos da relación establecida entre ambas partes para a presente campaña.