🢂 ESTÁ NAVEGANDO EN LA SECCIÓN :

Xerencia da AXEGA dificulta o cumprimento do laudo que puxo fin á folga no 112

O Comité do 112 denuncia os impedimentos que o xerente da Axencia Galega de Emerxencias (AXEGA), Juan José Muñoz, puxo para que se dea cumprimento en toda a súa extensión ao laudo arbitral co que rematou a folga de preto de 90 días no 112. Xunto a isto denuncia as presións que padece o cadro […]

O persoal do 112 acorda en asemblea pór fin á folga de 83 días tras seren aceptadas todas as súas demandas

A unidade, persistencia e convicción do persoal do 112 que durante 83 días mantivo un pulso coa empresa e a Xunta de Galiza, fixo posíbel que a última hora de onte –mércores día 6 de xullo- se puxera fin ao conflito tras o AGA emitir un laudo no que se ven recoñecidas todas as súas […]

Lídia Senra levará ante a Comisión Europea a problemática que están a padecer os traballadores/as do 112

Reuniuse este mércores pola tarde na súa oficina en Santiago de Compostela con representantes do Comité de Folga do  Servizo de Atención a Emerxencias de Galiza 112, que levan un mes e unha semana secundando un paro indefinido en protesta polas consecuencias do traslado da súa sede, da capital galega á Estrada, efectuado a mediados […]

Luís Bará pide á Xunta dialogo co comité do 112 e compensacións ao persoal polo traslado

O deputado do BNG, Luís Bará reclamou onte, a través dunha proposición non de lei, que Xunta e comité de empresa do CIAE 112 iniciarán unha negociación para ampliar a formación do persoal na xestión informática, compensar economicamente ao persoal do 112 pola diminución  de ingresos derivada do traslado ás novas instalacións e asumir responsabilidades […]

Comezan as negociacións do persoal do 112 coa empresa a un mes do inicio da folga

A un mes do inicio da folga que comezou o pasado 15 de abril no 112, o Comité de Empresa saúda o inicio de negociacións con Telemark Spain SL grazas á intervención da Axencia Galega de Arbitraxe (AGA), que convocou unha primeira reunión para este xoves 18 de maio ás 11:00 na sede do Consello […]

En Marea pide as gravacións das transmisións do rescate do Nuevo Marcos para comprobar se o procedemento foi o correcto

O Grupo Parlamentario de En Marea, por medio da súa vicevoceira Carmen Santos, e do seu deputado Juan Merlo, presentou unha pregunta ao goberno reclamando que se entreguen as gravacións das transmisións de emerxencia no naufraxio do Novo Marcos, que tivo lugar o pasado 26 de abril. En Marea escoitou as denuncias e queixas dos […]

Representantes de servizos de emerxencias denuncian problemas de coordinación por fallos no 112

A Xunta de Galiza emitía este luns un comunicado negando todas as denuncias recollidas no manifesto conxunto que acababan de facer público os colectivos dos servizos de atención a emerxencias de Galiza. Onte estes colectivos compareceron en rolda de prensa non só para reiterar esas denuncias senón tamén para pór exemplos concretos nos que a […]

Fallos informáticos obrigan ao persoal do 112 a atender as emerxencias cos seus móbiles

O persoal do 112, en folga desde o pasado 15 de abril, viña advertindo desde hai meses dos fallos que se estaban a producir na plataforma informática que entraría en uso coincidindo co traslado do centro de atención de emerxencias a Estrada. Hoxe denuncian que durante toda a mañá eses fallos impediron facer chamadas de […]

O BNG insta á Xunta a que deixe de actuar “polas bravas” e negocie c@s traballador@s do 112

O BNG traslada o seu apoio aos traballadores e traballadoras do 112 que, salienta a portavoz nacional, Ana Pontón,  “prestan un servizo social fundamental pois velan pola seguridade do conxunto da cidadanía pero están sendo maltratados pola Xunta cun traslado forzoso e precipitado, sen garantías de que o servizo vai funcionar na súa totalidade”. Tras […]

O Xulgado declara ilegais os servizos mínimos do 100% decretados pola Xunta no 112

As traballadoras e traballadores do centro de atención de emerxencias, 112, están en folga desde o pasado sábado día 15 de abril. Este luns, diante do 100% dos servizos mínimos decretados por Vicepresidencia, o comité de folga presentou un recurso, na sala do contencioso-administrativo por consideralos abusivos. Onte mesmo o xulgado emitía un auto de […]

Esquerda Unida apoia a folga indefinida do persoal do 112 e 061

Esquerda Unida apoia a folga do persoal do 112 e 061, convocada para o vindeiro sábado 15 de abril, e motivada polo traslado forzoso do persoal á Estrada, a uns 30 quilómetros de Santiago de Compostela, sen negociar coas persoas afectadas as súas novas condicións e sen contemplar ningún tipo de compensación por este desprazamento. […]

En Marea apoia a folga do 112 e cualifica de “vergoñenta” a actitude da Xunta ao negarse a recibir os traballadores afectados

Logo de que a Xunta lle negase a visita ás sedes das centrais de emerxencias do 112 e do 061, a vicepresidenta da Mesa do Parlamento e voceira de Sanidade de En Marea, Eva Solla, trasladouse esta mañá ata a entrada das instalacións de San Marcos (Santiago) para reiterar o apoio de En Marea á […]

O persoal da Axencia Galega de Emerxencias, 112, anuncia folga indefinida a partir do 15 de abril

Representantes do comité de empresa do Servizo de Atención a Emerxencias de Galiza, 112, acompañados por membros do comité do 061, compareceron esta mañá en rolda de prensa para anunciar a convocatoria dunha folga indefinida que comezará na quenda de mañá do sábado 15 de abril. Os traballadores e traballadoras levan meses mobilizándose para denunciar […]

Buscan a Celia María Lino, una vecina de Vigo

La familia ha denunciado en la Comisaría de Policía la desaparición de Celia María Lino, una vecina de Vigo de la que no sabe nada desde el pasado lunes. Los únicos datos que han trascendido es que tiene 45 años, que mide 1,75 metros de estatura que tiene el pelo castaño claro, que es muy […]

Almuiña sinala a importancia da renovación realizada na frota do 061 e reitera a transparencia na contratación do servizo

O conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuiña, destacou no Parlamento de Galicia a importancia das melloras acadadas coa recente renovación da Rede de Transporte Sanitario Urxente, xestionada polo 061. “Todas as ambulancias da frota existente en Galicia veñen de renovarse contando cos últimos avances tecnolóxicos e médicos necesarios para a asistencia máis avanzada para os […]

A Plataforma 112-061 intensificará as mobilizacións ante a “inacción” da Xunta

A Plataforma contra o traslado das centrais de urxencias e emerxencias á Estrada, constituída por persoal de xestión de emerxencias do 112 e do 061, compareceu esta mañá en rolda de prensa despois de que o subdelegación do goberno prohibise a súa última mobilización, prevista para o pasado sábado na Estrada, e de que o […]

Persoal do 112 concéntrase en Lavacolla para denunciar as perdas salariais derivadas do traslado á Estrada

Persoal do Centro de Atención de Emerxencias 112 Galiza concentrouse esta mañá nas instalacións do Aeroporto da Lavacolla durante a realización dun simulacro programado pola Axencia Galega de Emerxencias e a Dirección Xeral de Emerxencias e Interior, para denunciar que a administración repercute nas traballadoras e traballadores todos os gastos derivados do traslado do servizo […]

A Xunta de Galiza atrasa o traslado do 112 á Estrada até mediados do mes de abril

O Comité de Empresa do 112 de Galiza vén de valorar positivamente a decisión da Xunta de atrasar o traslado do Centro de Atención de Emerxencias á Estrada para o 18 de abril. Considera que esta decisión dá a razón aos argumentos ofrecidos polos representantes dos traballadores e traballadoras do 112: o traslado nas datas […]

En Marea considera incomprensible que a xerente do CHUO responsable do colapso deste inverno pase agora a dirixir o Hospital Clínico de Santiago

Tralas evasivas do presidente da Xunta á hora de responder a pregunta formulada onte no Pleno por Luís Villares sobre os recortes na sanidade pública, a noticia da remuda das xerencias nos catro grandes hospitais galegos só demostra a “improvisación” coa que xestiona o PP a política sanitaria. “Moven as xerencias para trasladar de Ourense […]

Alertan de posíbeis colapsos no 112 polos fallos do sistema que entrará en uso co traslado á Estrada

O servizo de atención a emerxencias, 112, trasladarase á Estrada en menos dun mes. Con el trasladaranse todas as traballadoras/es que, nese momento, comezarán a utilizar unha nova plataforma informática. A CIG denuncia que se trata dun programa que non está abondo testado, que dá fallos e que isto pode provocar un colapso do servizo. […]