O BNG inicia a recollida de sinaturas contra o peche en agosto do xulgado de violencia machista da Coruña

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón participou hoxe na campaña de recollida de sinaturas, iniciada por esta forza política na comarca da Coruña contra o peche en agosto do Xulgado de Violencia sobre a muller por falta de xuíz. A nacionalista denunciou a situación no xulgado, da que dixo, “afecta gravemente a protección e […]

O BNG rememora voda Marcela e Elisa e pide sancións contra ataques homófobos

O BNG escolleu a Igrexa de San Xurxo na Coruña para rememorar, 116 anos despois, a primeira voda entre dúas mulleres, Marcela e Elisa, como acto simbólico de homenaxe e para visibilizar a todas as persoas do colectivo LGTBI, ademais de reclamar, en véspera do Día do Orgullo, igualdade de dereitos para todos e todas, […]

Muller de 70 anos ten que soportar viaxes de 6 horas para hemodialise tendo un hospital a 20 minutos do seu domicilio

Dende a Coordinadora Anti-Privatización da Sanidade Pública queren denunciar a situación que está a vivir unha veciña de Carnota (A Coruña), Dª María Ramona Blanco, que con 70 anos de idade, e con múltiples patoloxías renais e cardiovasculares, ten que levantarse 3 días á semana ás 5:30 da maña para ser levada ao Hospital de Santiago de Compostela […]

Ana Pontón pide axilizar o dragado da Ría do Burgo “porque xa abonda de promesas incumpridas”

A portavoz nacional, Ana Pontón, encabezou a representación do BNG na manifestación convocada pola Plataforma en Defensa da Ría do Burgo para esixir a inmediata rexeneración integral deste ecosistema, despois de que esta mesma semana o pleno do Parlamento aprobase unha proposta da formación nacionalista para axilizar a tramitación do proxecto e iniciar o dragado […]

Animan a participar na manifestación en defensa da Ría do Burgo

A Unión Comarcal da CIG da Coruña apoia e chama a participar na manifestación que a Plataforma para a Defensa da Ría do Burgo ten convocada o vindeiro domingo, 14 de maio, con saída ás 12 horas dende a Casa do Mar. A CIG forma parte desta plataforma desde a súa constitución e sempre apoiou […]

A oposición ao xigante REE toma corpo nas Mariñas coruñesas

Por Erik Dobaño O xigante Red Eléctrica Española, compañía de roupaxe pública e capital privado en maioría, que leva meses (moitos) traballando en silencio nunha zona do Concello de Abegondo próxima ao encoro de Beche para adquirir terreos nos que construír unha infraestrutura de transporte de enerxía, xa ten oposición. É unha plataforma impulsada por colectivos […]

Stop Desafiuzamentos A Coruña acudirá ó pleno para esixir a aprobación da moción sobre desafiuzamentos e protocolo de actuación

Stop Desafiuzamentos A Coruña acudiremos ó Pleno do luns 10 de abril ás 16:30 horas, para esixir a aprobación da nosa moción sobre os desafiuzamentos e o protocolo de actuación anti-desafiuzamentos. A moción foi presentada o pasado 17 de marzo ós 4 partidos políticos con representación no Concello de A Coruña e a día de […]

Imputado o concelleiro de cultura da Coruña polo cartel do Entroido do Papa

O concelleiro de Cultura, José Manuel Sande, tendra que comparecer nos xulgados como investigado, por un presunto delito contra os sentimentos relixiosos tras a denuncia da asociación de viúvas de Lugo, tras manter o Concello o cartel do Entroido deste ano no que aparece un debuxo cunha persoa disfrazada de Papa. Sande está obrigado a […]

O metal da Coruña non descarta ir á folga se non se avanza na negociación do convenio provincial

Ao berro de “Convenio xa para o metal”, “Reforma laboral, ditadura patronal” e “Ou hai solución, ou mobilización”, arredor de 400 delegados e delegadas das empresas do metal concentrábanse este xoves diante da Confederación de Empresarios/as da Coruña para rexeitar o bloqueo patronal á negociación do convenio provincial de siderometalurxia e demandar melloras salariais e […]

Aprobada iniciativa de En Marea na que se pide á Xunta que inste ao Estado a axilizar a construción da conexión ferroviaria no Porto Exterior da Coruña

O Parlamento de Galicia aprobou por unanimidade unha proposición non de Lei presentada por En Marea pola que o Parlamento de Galicia instará á Xunta de Galicia a se dirixir ao Goberno do Estado para esixir axilización do proceso administrativo, estudo informativo, declaración de impacto ambiental e Proxecto construtivo, da conexión ferroviaria ao Porto Exterior […]

O BNG convoca unha asemblea “de portas abertas” baixo o lema “en bloque cara a un tempo novo”

O BNG celebra a súa XVI Asemblea Nacional os vindeiros 25 e 26 de marzo no Palexco da Coruña baixo o lema En Bloque cara a un tempo novo, e fai un chamamento á participación da cidadanía, -militante ou non-, para que traslade as súas aportacións e propostas ao proxecto nacionalista acudindo a esa gran […]

“A Coruña composta” da comezo

A cantidade de residuos xerados pola cidadanía está en crecente aumento, e a xestión actual non consigue aproveitar os recursos pechando o ciclo da materia orgánica sen un impacto na calidade ambiental da cidade. É por isto que o Concello decide poñer en marcha este programa de compostaxe doméstica destinado á parte menos urbana da […]

Mini: “É surrealista que a Xunta tarde 12 anos en afastar a zona de caza que limita con Novo Mesoiro”

O deputado pola Coruña Xosé Luís Rivas cualificou de “surrealista” que a Xunta precisara máis dunha década para asumir que o barrio coruñés de Novo Mesoiro, con 9.000 residentes, debe ser afastado da zona de caza que limita con esta zona urbana, unha vella demanda da veciñanza e dos propios cazadores. O deputado ironizou atribuíndo […]

Lídia Senra denuncia na Comisión Europea a parálise na que se atopa o saneamento integral da ría do Burgo

A eurodeputada rexistra en Bruxelas unha pregunta por escrito dirixida á CE na que lle pide explicacións pola contaminación da zona a pesar dos fondos europeos destinados supostamente a arranxar a situación. A europarlamentaria reclama que se destine algunha partida económica para lucro cesante dos mariscadores e mariscadoras mentres non se leve a cabo o […]

Proyección de “Investigación médica: Houston, tenemos un problema”

Salud por Derecho, la Plataforma Gallega de Afectados por la Hepatitis C y la Coordinadora AntiPrivatización de la Sanidad Pública, en colaboración con el Ayuntamiento de A Coruña, proyectarán ‘Investigación Médica: Houston, tenemos un problema’ en A Coruña el próximo miércoles 1 de marzo. La proyección, abierta al público general, tendrá lugar en el Centro […]

Dúas coruñesas, en folga de fame en Madrid contra a violencia de xénero

Por Erik Dobaño A folga de fame empezou a madrugada do día 10. Oito mulleres acamparon na porta do Sol, a praza do 15-M e antes dalgunhas das grandes protestas que cambiaron España. O que é inaudito desta volta é a natureza radical da protesta. Despois de quince días, cinco mulleres seguen alí deixándose morrer […]

Os Ninguéns anima a una participación masiva este sábado en apoyo a las Marchas de la Dignidad

Os Ninguéns, foro socioeducativo de Vigo considera a las Marchas de la Dignidad un movimiento horizontal construido desde la base con un gran valor de fortaleza y cohesión social, que debemos salvaguardar entre todas. Es por esto que apoyan la convocatoria del sábado día 25 de febrero, centrada en defender todo lo público pero concretamente, […]

Amnistía di que en España segue habendo torturas e abusos policiais

Por Erik Dobaño Amnistía Internacional presentou esta mañá na Coruña o seu informe 2016 no que conclúe que a defensa dos dereitos humanos perdeu terreo pola crecente debilidade das institucións internacionais e que o mundo é máis desigual que hai un ano. Respecto de España (o informe non se para a analizar as comunidades autónomas), […]

Galiza terra de sol

Por Erik Dobaño “A cuestión é se queres seguir tendo alugada a enerxía ou ser dono da túa enerxía”, resumiu nun slogan afortunado José Antonio González, que para algo é director de marketing de Red-Fotovoltaica. E dixo máis: se non estades investindo xa en solar, estades perdendo o paso doutras comunidades autónomas onde hai máis […]

Falta de solucións habitacionais para persoas sen recursos o en risco de desfiuzamento

Nos últimos meses analizamos dende Stop Desahucios nas nosas asembleas a política de vivenda, de servizos sociais e de rescate cidadán do Concello da Coruña, observando numerosas e inadmisibles deficiencias: -Non se está concedendo os 8 meses de fianza para que as familias con escasos recursos consigan optar a unha vivenda en réxime de aluguer. […]

Por que Estrella Galicia si e os veciños de Elviña non?

Cada venres, desde hai máis de douscentos venres, tamén cando hai chaparrada coma este primeiro de febreiro, uns poucos veciños de Elviña sacan pancartas e bandeiras e soben á pasarela de Alfonso. Molina na saída da Coruña para berrar que a batalla continúa. Algúns viron como lles tiraron as casas, outros perderon a propiedade das súas. Todo […]

A columna galega das machas da dignidade volve a tomar as rúas

Onte, na asemblea de Compostela, decidiuse facer a manifestación do 25 de febreiro na Coruña. Como ben sabedes que, ademáis das reivindicacións habituais como a de pan, traballo e teito, o tema protagonista desta manifestación galega é a defensa das pensións e dos servizos públicos. Desde a columna galega das marchas da dignidade ven que […]

Peóns e ciclistas danse a man na Coruña para gañar  espazo aos coches

Por Erik Dobaño Gañar espazo aos coches no asfalto e deixar todo o espazo das beirarrúas para os peóns. Unha proposición simple e suficiente para Roberto Rilo (Bos Aires, 1962), presidente da Asociación Ciclista Crunia e funcionario de profesión, e Luis García Gómez (A Coruña, 1946), representante da Asociación Galega para a Prevención do Glaucoma […]

Solicitude de condoación da débeda para unha familia con dous fillos

Maña venres 13 ás 11 da mañá, Stop Desfiuzamentos A Coruña presentará un escrito a ABANCA solicitando a condoación da débeda dunha familia con dous menores a cargo. A súa vivenda xa foi subastada e quedalles unha débeda de máis de 100.000 €, xa que non tiveron a sorte de que a dación en pago […]