A Xunta de Persoal da Área Sanitaria da Mariña chama á participación masiva na manifestación deste xoves

A Xunta de Persoal da Área Sanitaria da Mariña vén de facer un chamamento a todas as veciñas e veciños da comarca para que participen na manifestación convocada para este xoves, 1 de marzo, en rexeitamento á Lei de Saúde do PP. A marcha sairá ás 20h dende o Hospital da Costa e rematará diante […]

O Tribunal Supremo rexeita o recurso de Sargadelos: sete anos despois, a nulidade do ERE é firme

O Tribunal Supremo vén de comunicar  a non aceptación do recurso interposto por Cerámicas Sargadelos (Cervo) contra a sentenza que declaraba a nulidade do ERE formulado e parcialmente aplicado pola empresa no ano 2010. Esta resolución, que dá a razón ao defendido pola CIG, pon fin ao longo camiño administrativo e xudicial que as traballadoras […]

Ana Pontón traslada o total apoio do BNG en defensa do Hospital da Mariña contra os recortes do PP

Na ronda de encontros en relación a contrarreforma sanitaria do Goberno de Feijóo, a portavoz nacional, Ana Pontón, mantivo unha reunión coa xunta de persoal do Hospital da Costa, en Burela, que atende unha poboación de 80.000 habitantes pero que soporta un desmantelamento de servizos e un proceso de privatización ao que ven sumarse agora […]

O Sindicato Labrego da Mariña reclama a recuperación da formación agroecolóxica na Escola Pedro Murias de Ribadeo

Na xuntanza conviñemos que a Escola é un recurso de enorme valor para a comarca, que se ben ten orixe nunha doazón desinteresada de hai un século, foi obxecto de importantes investimentos públicos, tanto económicos como de xestión polos seus responsables, para transformala nas últimas décadas no único centro público que conta cunha granxa certificada […]

O BNG urxe a implicación de Deputación e Xunta para controlar a expansión da Velutina

O Parlamentario do BNG Xosé Luis Rivas “Mini” pediu, en Sarria, que o plan anunciado para A Mariña se extenda a todas as comarcas e se dote de medios aos concellos e fixo fincapé en que “plans como o anunciado recentemente para a comarca de A Mariña, deberían poñerse en marcha en todas as comarcas […]

Estupor na CIG-Saúde da Mariña pola “desaparición” da denuncia por riscos en Anatomía Patolóxica

A CIG-Saúde da Mariña vén de manifestar a súa sorpresa pola “desaparición” da denuncia presentada na Inspección de Traballo pola ausencia de medidas preventivas no almacenamento e condicións de uso de formaldehido no Servizo de Anatomía Patolóxica do Hospital da Costa. A denuncia, explican, foi rexistrada o pasado 11 de abril no portelo único, “está […]

Nova xornada de mobilizacións en defensa da área sanitaria da Mariña

Este mércores, traballadoras/es da sanidade e usuarios/as volveron mobilizarse no Hospital da Costa e nos centros sanitarios da comarca da Mariña para esixir a retirada do anteproxecto de lei “que pretende borrarnos do mapa como área sanitaria”. Durante as protestas, a xunta de persoal volveu reclamar a capacidade de xestionar dende a comarca tanto os […]

O persoal de Alcoa irá a folga polo despedimento dun traballador e para demandar máis seguridade

Os traballadores e as traballadoras de Alcoa irán á folga os días 1 e 2 de outubro para amosar o seu rotundo rexeitamento ao despedimento disciplinario dun compañeiro tras o grave accidente ocorrido na fábrica de San Cibrao o pasado 20 de xuño e demandar melloras reais nas medidas de prevención e seguridade. Así o […]

O BNG logra o apoio da Cámara para reclamar a modernización do FEVE en Ferrolterra e A Mariña

A deputada por Lugo Olalla Rodil conseguiu sacar adiante a iniciativa do BNG en demanda de orzamentos necesarios para modernizar a liña ferroviaria que conectan as principais vilas e cidades do norte de Galiza a través da antiga FEVE entre as comarcas de Ferrol, Ortegal e A Mariña, que afecta a unha poboación de máis […]

Aprobada a iniciativa do BNG para abrir o dique norte do porto de San Cibrao para uso comercial

A parlamentaria do BNG, Olalla Rodil lembrou que na última comisión de Fomento do ano 2014, o BNG presentaba de novo a mesma  iniciativa destinada a iniciar as negociacións  ante ALCOA para o uso comercial do dique norte e naquel momento, o deputado popular mariñán, Jaime Olano rexeitou a proposta argumentando que a iniciativa carecía […]

Ana Pontón reclama na Mariña unha Tarifa Eléctrica Galega en beneficio de Alcoa e das empresas da comarca

A portavoz nacional, Ana Pontón, defendeu unha tarifa eléctrica galega para que as empresas e familias do país se beneficien do feito de ser Galiza produtora excedentaria de enerxía eléctrica, un aspecto que no caso da Mariña lucense é especialmente importante dada a presenza de empresas de alto consumo enerxético como Alcoa. “Non ten sentido […]

Hospital da Costa: seguimos sen noticias da consulta especializada en enfermaría oncolóxica

A CIG-Saúde vén de dirixirse á Xerencia do Hospital da Costa para demandar a inmediata posta en marcha da consulta especializada de enfermaría oncolóxica, cuxa creación foi aprobada hai dous meses no Parlamento de Galiza. Non obstante,  a dirección do centro hospitalario afirma ter un descoñecemento absoluto sobre a creación da consulta e a dotación […]