A Xunta recoñece a discriminación lingüística de Lugo e a Mesa exixe sancións

A secretaria xeral da Mesa Mónica Pazos e a cidadá galega vítima dunha agresión lingüística por parte de dúas funcionarias da Xunta en Lugo, Adela Figueroa, compareceron hoxe en Lugo para dar conta das novidades en relación ao caso de agresión lingüística acontecido en febreiro deste ano por parte de dúas traballadoras públicas. Tras as […]

Agresión lingüística en Lugo: “Yo solo hablo castellano, no me da la gana de hablar en gallego”

O 26 de febreiro unha cidadá dirixiuse a unha funcionaria do Servizo de Deportes da Xunta en Lugo para procurar información sobre clubes deportivos. Como a funcionaria lle respondeu en castelán, a administrada solicitou poder ser atendida en galego e foi neste intre cando comezaron os problemas. A funcionaria botando man de pseudoargumentos, respondeulle: “No […]

O Sergas pretende que na inscrición das oposicións se escolla a lingua do exame

A Mesa pola Normalización Lingüística denuncia que o Sergas no borrador da convocatoria das oposicións aos Servizo Galego de Saúde pretende eliminar a entrega de exames nas dúas linguas oficiais como viña sendo habitual. No punto 5.1.1 do borrador recóllese que: “O/a aspirante deberá seleccionar no formulario electrónico de inscrición o idioma, galego ou castelán, […]

A Mesa apoia a proposta de Fala Ceibe para fomentar o galego no Bierzo

CONTIDO DO CONVENIO PARA A PROMOCIÓN DO GALEGO NOS ENTES LOCAIS DO BIERZO: Os entes locais do Bierzo, Consello Comarcal do Bierzo, concellos e pedanías, carecen de medios persoais, económicos e materiais. De aí a necesidade de unir esforzos administrativos entre a Xunta de Castela e León, Xunta de Galiza e Consello Comarcal Berciano nun […]

Aena exclúe o galego no teléfono de información do aeroporto de Santiago de Compostela

A Mesa rexistra queixas na Liña do Galego, servizo gratuíto de queixas e parabéns polo uso do galego, debido á exclusión da lingua galega nos servizos de atención e información aeroportuaria de AENA. Un cidadán galego chamou ao servizo de atención telefónica de AENA para solicitar información sobre as tarifas do aparcadoiro do aeroporto de […]

Abanca impón o uso do castelán nos contratos, información e comunicación coa clientela

A Mesa Pola Normalización Lingüística envía hoxe unha solicitude de encontro a Francisco Botas debido á imposición do castelán na documentación e información no seu modelo de contrato de crédito. Así enviou hoxe unha solicitude de encontro dirixido tanto ao presidente de Abanca e Banesco, Juan Carlos Escotet, como ao Conselleiro delegado, Francisco Botas, que […]

El Corte inglés négase a entender e atender en galego

Hábleme español!: esta é a resposta que recibe un cliente de El Corte Inglés en Santiago de Compostela tras chamar para facer unha consulta. Atención ao público de El Corte inglés négase a entender e atender en galego. Marcos Maceira: “esta é actitude de El Corte Inglés en todos os territorios con lingua propia ou […]

Empezan unha campaña para solicitarlle a Ikea atención en galego

Actualmente teñen na páxina web opción en castelán, catalán e euskera pero non en galego. O mesmo sucede na atención telefónica e na tenda onde todo está en castelán. Desde a A MESA pola Normalización Lingüística, estiveron meses recollendo sinaturas até chegar a 28.000 apoios e a adhesión de diversas asociacións comerciais e empresariais para […]

A Mesa denuncia que as aseguradoras Liberty e Caser Seguros néganse a realizar contratos en galego

Tan só unha semana despois de que Génesis anunciase que disporá de documentación en galego, tal e como lle obriga a lei, a Mesa volta rexistrar unha denuncia contra dúas aseguradoras. Neste caso  Liberty e Caser Seguros negáronlle a posibilidade de facer un contrato en lingua galega a un cliente, contrariando o que a lexislación […]

O banco Santander e Ministerio de Xustiza negan a posibilidade de pagar de multas en galego según denuncia A Mesa

O último caso coñecido a través do servizo Liña do Galego aconteceu nunha sucursal de Ferrol o pasado  1 de decembro cando un cidadán quixo aboar o pagamento dunha sanción na conta do xulgado e solicitou expresamente poder asinar o resgardo da operación en lingua galega. A entidade bancaria negoulle esta posibilidade dicíndolle que só […]

A Mesa pola Normalización Lingüística denuncia que FADEMGA obriga a facer os seus exames só en castelán

A Mesa pola Normalización Lingüística tramita unha queixa ante a Federación Galega de Asociacións en favor das Persoas con Discapacidade Intelectual ou do Desenvolvemento (FADEMGA) pola grave vulneración de dereitos lingüísticos básicos co seu alumnado. A Federación imparte diversos cursos nos que se lle facilita ao alumnado unha copia dos exames en galego e outra […]

Nova discriminación do galego, desta volta nas oposicións do Sergas

A pasada fin de semana tiveron lugar, no recinto feiral de Silleda, os exames da Oferta Pública de Emprego do Servizo Galego de Saúde, que contaron cun total de 3647 aspirantes para 401 prazas. Na folla de instrucións ficaba claro como para o Sergas e a Xunta de Galiza o galego non é máis que […]

Ambuibérica impídelle a comunicación en galego ao seu persoal

O día 19 deste mes A Mesa pola Normalización Lingüística recibiu varias queixas sobre a empresa de ambulancias Ambuibérica porque lles impide facer aos traballadores e traballadoras a comunicación coa propia empresa en lingua galega. A empresa aduce, baixo a desculpa de “evitar erros” de interpretación, que os comunicados deben facerse en castelán. Cando Ambuibérica […]

A Mesa reclama investigar e sancionar as actitudes reiteradas contra o galego da Garda Civil de Gondomar

A Mesa pola Normalización Lingüística solicitou ao Ministerio de Interior a apertura dunha investigación para determinar e depurar as responsabilidades nos casos de ataques sistemáticos e persecucións ao uso do galego producidos na cuartel da Garda Civil de Gondomar. “A actitude contra a lingua propia e cooficial en Galiza neste cuartel é reiterada”, sinala Marcos […]

Menos puntuación por usar Galiza nun exame

A nai da rapaza afectada contactou coa Mesa, a través da Liña do Galego, para consultar se podían quitarlle puntuación nun exame de Ciencias Sociais á súa filla polo uso da forma Galiza.  Os pais presentaron unha reclamación na que explicaban e xustificaban que non se lle podía contabilizar como falta de ortografía o termo […]

O Concello da Coruña adapta as súas rúas á toponimia oficial

O Concello da Coruña puxo en marcha o cambio dos nomes das súas rúas que deturpan a toponimia galega  para cumprir a Lei de normalización lingüística que, desde o ano 1983, establece “Os topónimos de Galiza terán como única forma oficial a galega”. Hai xa dous anos, a Mesa pola Normalización Lingüística reuniuse co alcalde […]

O Ministerio de Xustiza utiliza topónimos deturpados

A deturpación constante da toponimia non se pode consentir en ningún caso e menos por parte dun organismo público que, precisamente por ser o de xustiza, debe ser o primeiro en cumprir escrupulosamente a legalidade. Xa pasaron máis de trinta anos despois de que a Lei de normalización lingüística recoñecese que a única forma oficial […]

O concello de Ourense denega permiso para recoller apoios á ILP a favor do galego nas relacións de consumo

A Mesa pola Normalización Lingüística recibiu do Concello de Ourense a denegación da solicitude de colocación dun posto de recollida de sinaturas para apoiar a campaña da ILP polos dereitos lingüísticos no ámbito socioeconómico. A resposta remitida polo Concello pon de manifesto o odio ao galego por parte do alcalde, Jesús Vázquez Abade, público e […]

Medio centenar de persoas acudiron o luns á mobilización para defender o dereito a restituír o apelido

Despois de que unha estudante solicitara no Rexistro Civil de Corcubión a restitución á forma correcta en galego do seu segundo apelido “Rey” co fin de que constase coa forma “Rei”, a resposta foi negativa. O principal argumento deste rexeitamento foi que non se trataba dunha adecuación ortográfica para adecualo á lingua gramática galega senón […]

A Mesa pola Normalización Lingüística presentou en Lugo a campaña “Cárgate de sentido común”

A Mesa presentou onte, día 31 de marzo, na Galería Sargadelos en Lugo,  a nova campaña que se está a desenvolver para impulsar a Iniciativa Lexislativa Popular para garantir os dereitos lingüísticos no ámbito socioeconómico. A ILP naceu con motivo das múltiples queixas que chegan á aplicación A Liña do Galego, queixas que poñen de […]

Convocan unha mobilización diante do xulgado polo dereito a galeguizar os nomes e apelidos

O 23 de agosto de 2016 unha estudante solicitou no Rexistro Civil de Corcubión a galeguización do seu segundo apelido “Rey” co fin de que constase coa forma “Rei”. Achegou ademais un informe onomástico da Real Academia Galega no que se afirma que “a única forma adecuada á gramática e fonética do galego para este […]

CIG-Ensino e a Mesa conseguen reunirse co Secretario Xeral de Política Lingüística

Arredor de 50 persoas, convocadas pola CIG-Ensino e a Mesa pola Normalización Lingüística, pecháronse esta mañá en Política Lingüística, co obxectivo de conseguir unha xuntanza co Secretario Xeral, Valentín García, e acadar o compromiso de ser recibidos polo conselleiro de Educación para demandarlle que se abra un debate para a elaboración dun novo marco xurídico […]

En galego sen límites. Non aos recortes ao galego.

Este medio vén facerse eco da campaña “En galego sen límites” “Non aos recortes ao galego“, campaña que vén lanzar a A MESA pola Normalización Lingüística, campaña que apoia o redactor Rubens Rocha. As modificacións introducidas coa LOMCE na carga lectiva de diferentes materias da ESO incrementan a discriminación da lingua galega por riba da que […]

Un cidadán viuse obrigado a devolver un ingreso de Facenda en protesta polo trato aos galegofalantes

Un cidadán viuse obrigado a devolver un ingreso de Facenda en protesta polo trato aos galegofalantes. A coacción de facenda contra o galego provoca molestias e trámites innecesarias só a quen utiliza o galego así o ven a denunciar A MESA pola Normalización Lingüística. A Axencia Tributaria alega excluír o galego e incumprir a lei por falta de […]