🢂 ESTÁ NAVEGANDO EN LA SECCIÓN :

Sanidade incide na necesidade de manter precaucións á hora de recoller e consumir cogomelos para evitar posibles intoxicacións

Na época do outono cada ano máis persoas buscan, recollen, cociñan e comen cogomelos silvestres. Esta afección crecente está a aumentar o risco de que algunha persoa apañe, cociñe e coma cogomelos tóxicos, ben por descoñecer as graves consecuencias dunha intoxicación, ben pola falla de experiencia para distinguir con total seguridade os exemplares comestibles daqueles […]

A vendima deste ano creceu un 3% situándose como a terceira máis abundante da última década

Os resultados globais da vendima deste ano foron positivos en Galicia xa que, a pesares dos episodios de xeadas e pedrazo que padeceu o sector nesta primavera, a súa produción creceu un 2,8% ao superar os 61 millóns de quilos de uva recollidos. Este incremento débese aos bos resultados da denominación de orixe (DO) Rías […]

A conselleira do Medio Rural destaca o “papel protagonista” das asociacións forestais e dos montes veciñais na xestión e posta en valor dos bosques

A conselleira do Medio Rural, Ángeles Vázquez, destacou hoxe o “papel protagonista” das asociacións forestais e dos montes veciñais en man común na xestión da riqueza que representan os bosques galegos tanto desde o punto de vista económico como social e ambiental. A conselleira fixo estas declaracións tras reunirse con responsables da Asociación Forestal de […]

Os 8,5 millóns de euros mobilizados por Medio Rural servirán para axudar ao sector agrogandeiro e forestal afectado pola vaga de lumes

A conselleira do Medio Rural, Ángeles Vázquez, mantivo esta mañá un encontro con representantes dos sectores forestais e agrogandeiros para explicarlles as distintas liñas que compoñen a orde de axudas do seu departamento para paliar os danos en infraestruturas e equipamentos privados en explotacións forestais, agrícolas e gandeiras, que previsiblemente sairá este luns no Diario […]

Medio Rural iniciará en xullo o pago das indemnizacións aos afectados pola couza guatemalteca da pataca

A directora xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, Belén do Campo, anunciou esta mañá na Comisión 7ª que a Consellería do Medio Rural iniciará en xullo o pago de indemnizacións aos afectados pola couza da pataca. En concreto, sinalou que na Coruña xa se recibiron 112 solicitudes de indemnización e 717 en Lugo. En […]

A Xunta apoia ao sector vitivinícola na presentación do salón profesional do viño de Ferrol

O conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, participou onte na presentación do Salón Profesional do Viño de Ferrol (Fevino), un evento que se celebrará os días 3 e 4 de abril no Museo da construción naval da cidade departamental e que conta co respaldo da Xunta de Galicia. O titular autonómico destacou que […]