Arredor de cen traballadores e traballadoras de Alcoa realizaron este venres unha marcha a pé dende San Cibrao até os xulgados de Viveiro, en solidariedade co compañeiro despedido tras do accidente laboral ocorrido en xuño e a quen “a dirección pretende cargar en exclusiva a responsabilidade do sinistro e facer así un lavado de cara”. […]
Os traballadores e as traballadoras de Alcoa irán á folga os días 1 e 2 de outubro para amosar o seu rotundo rexeitamento ao despedimento disciplinario dun compañeiro tras o grave accidente ocorrido na fábrica de San Cibrao o pasado 20 de xuño e demandar melloras reais nas medidas de prevención e seguridade. Así o […]
A Federación galega de Industrias, Construción e Agro (FICA-UGT) amosa o seu apoio á convocatoria de folga na fábrica de aluminios de Alcoa en A Coruña para os días 1, 2 e 3 de xuño para denunciar a situación de bloqueo, por parte da patronal, da negociación do novo convenio colectivo. Foi o pasado luns […]
A parlamentaria do BNG, Olalla Rodil lembrou que na última comisión de Fomento do ano 2014, o BNG presentaba de novo a mesma iniciativa destinada a iniciar as negociacións ante ALCOA para o uso comercial do dique norte e naquel momento, o deputado popular mariñán, Jaime Olano rexeitou a proposta argumentando que a iniciativa carecía […]
A portavoz nacional, Ana Pontón, defendeu unha tarifa eléctrica galega para que as empresas e familias do país se beneficien do feito de ser Galiza produtora excedentaria de enerxía eléctrica, un aspecto que no caso da Mariña lucense é especialmente importante dada a presenza de empresas de alto consumo enerxético como Alcoa. “Non ten sentido […]
O Comité da fábrica de Alcoa en San Cibrao acaba de remitir un escrito ao Presidente da Xunta de Galiza solicitándolle unha xuntanza para tratar as incertezas e amezas que pesan sobre o sector do aluminio e trasladar a preocupación dos traballadores/as ante as intencións da multinacional de pór á venda as plantas galegas. O […]
O candidato á presidencia da Xunta de Galicia, Luís Villares, e a candidatura da Coruña mantiveron esta mañá un encontro cos representantes dos traballadores de Alcoa na Coruña tras o que En Marea reclamou ao Goberno que saque adiante de xeito inmediato a poxa enerxética que precisa a empresa e que se vinculen as subvencións […]
En Marea apoia os traballadores da industria, que se manifestarán o vindeiro martes en defensa do dereito á folga A deputada de En Marea pola provincia de A Coruña, Yolanda Díaz, mostrou hoxe a súa solidaridade cos traballadores de Alcoa, e o apoio á concentración que a plantilla da Coruña levará a cabo o vindeiro martes, diante da […]
En Marea dedicou a mañá de hoxe ao sector industrial, que está sufrindo as políticas de desmantelamento promovidas por Feijóo e tuteladas por Mariano Rajoy. Nos últimos oito anos perdemos en Galicia o 11,7% de emprego industrial. Mantemento dos postos de traballo en Alcoa O cabeza de lista ao Congreso por Lugo, MIGUEL ANXO FERNÁN VELLO, desprazouse esta […]
Tras varios meses de incertezas sobre o futuro de Alcoa, con movementos opacos por parte da empresa sobre unha posible venda das plantas da Península sen ningún tipo de información aos traballadores, En Marea insta ao Goberno en funcións a dar cumprimento aos seus compromisos e garantir a viabilidade do grupo siderúrxico mantendo os postos […]
A Comisión de Industria, Enerxía e Turismo aprobou hoxe por unanimidade a Proposición Non de Lei presentada por En Marea con Podemos e En Comú Podem, acerca dos incumprimentos dos gobernos do PP relativos a garantir as condicións das subastas para o servizo de interrumpibilidade do suministro eléctrico e a definición dun modelo enerxético galego […]
A deputada de En Marea Yolanda Díaz mantivo hoxe unha xuntanza de traballo co comité de empresa de Alcoa para preparar conxuntamente con eles a defensa da iniciativa para garantir o futuro industrial da factoría que mañá se debaterá na Comisión de Industria do Congreso dos Deputados. A iniciativa de En Marea esixe un novo […]
Entre as proposicións non de lei que En Marea levou hoxe á Mesa do Congreso figura a solicitude dun plan industrial para Navantia que garanta o futuro dos estaleiros, con actuacións de emerxencia para aumentar a carga de traballo. Dende En Marea enténdese que a empresa pública “está sufrindo unha pésima xestión política” que está […]