En Marea presenta varias iniciativas no Congreso para mellorar a seguirdade vial en Mos

A deputada de En Marea no Congreso, Alexandra Fernández, mantivo este xoves unha xunta con representantes de GañaMos para abordar toda a problemática que padece o municipio de Mos que está atravesado por varias infraestruturas viarias estatais que causan un enorme impacto tanto acústico como na seguridade vial dos habitantes da zona. A A-55 entre Vigo […]

Lídia Senra denuncia que a Xunta está abrindo pistas nos montes queimados sen que se saiba para que son

A eurodeputada galega Lídia Senra, acompañada pola deputada de En Marea no Parlamento Galego Alexandra Fernández, e o deputado de En Marea no Parlamento galego Davide Rodríguez, ofreceron este venres pola mañá unha rolda de prensa en Santiago para facer balance das respostas dadas pola Administración galega e estatal ante os incendios forestais acontecidos na última semana. Os tres […]

En Marea esixe a Fomento unha investigación sobre o accidente laboral mortal nas obras da AP-9

A deputada de En Marea, Alexandra Fernández, presentou esta mañá unha batería de preguntas dirixidas ao Goberno debido ao grave e mortal accidente producido no día de onte nas obras de ampliación da AP-9 en Rande, que se cobrou a vida dun traballador ao precipitarse desde unha altura de 5 metros sen as debidas condicións de […]

En Marea propón un plan de infraestruturas ferroviarias para Galicia que a conecte directamente a Europa e potencie as cercanías

A deputada de En Marea, Alexandra Fernández, explicou hoxe no Parlamento de Galicia, xunto co vicevoceiro parlamentario Antón Sánchez, o modelo que En Marea propón para as infraestruturas de transporte en Galicia, “un modelo que debe responder a un modelo de país e non a decisións soltas ou que buscan titulares”. A parlamentaria de En Marea […]

En Marea demanda a Fomento que esixa a Audasa medidas perante os atascos na AP-9

A deputada de En Marea, Alexandra Fernández, presentou unha iniciativa parlamentar no Congreso na que demanda ao Ministerio de Fomento que esixa á concesionaria AUDASA a adopción de medidas que eviten os atascos que se producen na AP-9, especialmente en periodos festivos ou no verán. Alexandra Fernández lembra unha vez máis a lamentábel xestión da concesionaria que […]

En Marea vota en contra do Real Decreto da estiba

En Marea, ao igual que o resto de compañeiras e compañeiros do Grupo Confederal, votou en contra do segundo Real Decreto Lei da Estiba que o Goberno de Rajoy leva a un pleno, após do fracaso do anterior texto normativo, que foi rexeitado pola Cámara o pasado 16 de marzo. O Real Decreto foi convalidado por […]

En Marea pide ao Ministerio medidas urxentes para frear a praga da “avispilla” nos castiñeiros, afectados tamén polas xeadas

A deputada de En Marea, Alexandra Fernández, presentou unha proposición non de lei na Cámara Baixa na que insta ao Ministerio de Agricultura e Pesca (MAPAMA) a adoptar medidas de carácter urxente destinadas a frear a extensión da praga da avispilla nos castiñeiros que está a producir grande perdas no sector da castaña. Asemade, demanda […]

En Marea pregunta en Parlamento de Galicia e Congreso por qué Renfe reduce o número de prazas do tren nocturno a Madrid

A congresista Alexandra Fernández e o parlamentario galego Marcos Cal preguntaron en cada unha das institucións parlamentarias polo motivo polo que RENFE suprimiu cerca de 90 prazas no tren nocturno que une Galicia con Madrid. Segundo ambos parlamentarios de En Marea, despois  da decisión de Renfe, este “servizo recortao fica cun vagón de clase turista con […]

En Marea pide explicacións a Renfe por suprimir dous vagóns dormitorio do tren nocturno que sae de Ferrol e de Vigo

A deputada de En Marea, Alexandra Fernández, presentou unha iniciativa parlamentar no Congreso na que pide explicacións a Renfe pola supresión de dous vagóns dormitorio do tren nocturno que sae de Ferrol vía A Coruña-Monforte, e do tren que sae desde Pontevedra-Vigo e Ourense. Así, após da decisión de Renfe, este “servizo recortao fica cun […]

En Marea rexistra a petición para crear unha comisión de investigación do accidente de Angrois

O grupo de En Marea no Congreso rexistrou unha proposta de creación de Comisión Parlamentar de Investigación para esclarecer as causas do accidente ferroviario do Alvia ocontecido en Angrois o 24 de xullo de 2013, no que faleceron 81 persoas e houbo numerosos feridos. “Ante o bloqueo do Goberno En Marea presenta no Congreso a […]

Alexandra Fernández: “O Goberno obsesiónase co AVE mentras territorios como Galiza non teñen tren de cercanías”

A deputada de En Marea, Alexandra Fernández, interviu este martes na comparecencia do Secretario Xeral de Infraestruturas e Presidente de SEITTSA, Manuel Niño González, no Congreso dos Deputados no marco das comparecencias de Orzamentos do Estado para preguntarlle por infraestruturas viarias e ferroviarias galegas. “No que afecta ás infraestruturas ferroviarias, quixera comezar cunha crítica xenérica […]

En Marea pide coordenación e medidas para evitar propagación da gripe aviaria

A deputada de En Marea, Alexandra Fernández, presentou no Congreso unha batería de preguntas dirixidas á Ministra de Agricultura, Isabel García Tejerina, para demandarlle medidas efectivas destinadas a evitar a propagación da gripe aviaria ou subtipo H5N8, e pedirlle coordenación coas CC.AA e municipios. Alexandra Fernández alude á Orde do Ministerio publicada no BOE onde fai […]

En Marea critica a “parálise dos orzamentos para Vigo, sen proxectos novos nin partidas que dinamicen a nosa economía”

A deputada de En Marea, Alexandra Fernández, fixo hoxe unha primeira avaliación das partidas orzamentarias destinadas a Vigo que se caracterizan pola “parálise e a falla de proxectos novos destinados a dinamizar a economía de Vigo”. A deputada de En Marea criticou as cativas partidas que recibe a prolongación do Eixo até a frontera portuguesa, […]

O Congreso aproba a iniciativa de En Marea para as melloras da N-120 en Ponteareas

O Congreso dos Deputados aprobou este mércores a iniciativa de En Marea para mellorar a seguridade vial na N-120 ao seu paso polo municipio de Ponteareas cun acordo mediante transaccional co PSOE. A iniciativa tivo 21 votos a favor e 14 en contra, dado que todos os partidos apoiaron a a proposta, a excepción do […]

En Marea presenta en Vigo as respostas do Goberno sobre a Biblioteca do Estado, sobre a Edar, a conversión da AP-9 na entrada da cidade e sobre o CIS

A deputada, Alexandra Fernández, presentou este luns as respostas do Goberno ás preguntas que rexistrara En Marea sobre a Biblioteca do Estado, sobre a Edar de Lagares, a conversión da AP-9 na entrada de Vigo en travesía urbana e sobre o centro de inserción social (CIS) xunto co concelleiro da Marea de Vigo Xosé Lois […]

En Marea presenta iniciativas para abrir a uso civil as instalacións da Escola Naval de Marín

En Marea rexistrou esta semana varias iniciativas sobre a localidade de Marín após as xuntanzas que mantivo a deputada Alexandra Fernández, onde recolleu varias demandas da veciñanza, Fernández, xunto co deputado Miguel Anxo Fernán-Vello, presentaron unha Proposición non de Lei (PNL) para o seu debate na Comisión de Defensa na que pide abrir ao uso […]

En Marea vota en contra do candidato a presidir a CIAF, quen defendeu hoxe que “non debe reabrirse a investigación sobre o accidente do Alvia en Angrois”

A deputada de En Marea, Alexandra Fernández, e solicitante da comparecencia do candidato proposto por Fomento a presidir a CIAF (Comisión de Investigación de Accidentes Ferroviarios) deixou claro na súa intervención a oposición de En Marea a esta candidatura debido á súa falla de independencia. O resultado da votación foi: 19 votos a favor, 8 […]

Alexandra Fernández anuncia en Cangas as iniciativas para a cesión dos terreos de Massó

A deputada de En Marea, Alexandra Fernández, mantivo este venres varias xuntanzas no Morrazo coas concelleiras da Marea de Marín e co alcalde de Cangas, X.M Pazos e o concelleiro de urbanismo, Mariano Abalo, para tratar varias cuestións, entre elas a cesión dos terreos de Massó. A parlamentar trasladoulles as iniciativas xa rexitradas por En […]

En Marea pediu á Comisaria Europea de Transporte que garanta os dereitos das vítimas do Alvia

En Marea, a través do portavoz na Comisión de Fomento do grupo confederal, trasladou á Comisaria Europea de Transportes, Violeta Bulc, a principal inquedanza dos afectados e afectadas polo sinistro do Alvia: como se vai garantir os dereitos de cidadáns europeos, os dereitos de vítimas do Alvia, para que se leve a cabo unha Comisión […]

En Marea: “O PP está só, ninguén quere un Real Decreto que non está consensuado cos estibadores”

A deputada de En Marea, Alexandra Fernández, mantivo unha xuntanza este venres no porto de Marín con estibadores para falar da situación de negociación co Goberno e da folga que desconvocaron entre o 6 e o 8 de marzo. “O sector desconvocou a folga, outra demostración máis de que queren acordo, queren pacto, e o […]

Lídia Senra reclama na UE que Cuntis sexa incluída xa no mapa galego de áreas con risco de inundación

Rexistra unha pregunta por escrito dirixida á CE instando a adoptar as medidas necesarias para evitar o perigo de enchentes do río Gallo. A europarlamentaria galega critica que a Xunta se desentendese desta situación e que non vaia facer nada até polo menos o ano 2022.  A eurodeputada galega Lídia Senra, integrada Grupo Confederal da Esquerda […]

En Marea pide explicacións a Fomento sobre o presunto caso de corrupción no tramo de AVE

A deputada de En Marea, Alexandra Fernández, dirixe unha batería de preguntas ao Ministro de Fomento relacionadas coa presunta rede de sobornos a cargos de ADIF na última década, e na que aparece tamén o tramo de tren Ourense-Amoeiro. Sinala a deputada de En Marea que “nun informe da Garda Civil trascendeu que os sobornos […]

Fomento indica a En Marea que as actuación de mellora do ruido do tramo de AP-9 de entrada a Vigo correspóndelle a Audasa

O Ministerio de Fomento ven de respostar á deputada de En Marea no Congreso, Alexandra Fernández, que as actuacións de mellor da calidade acústica no tramo de entrada da AP-9 a Vigo correspóndelle á AUDASA. Fomento afirma na súa resposta a En Marea que o tramo entre o Pk 1+000 e o Pk 4+800 da […]

O Congreso aproba a PNL de En Marea para a transferencia da AP-9 a Galiza

O Congreso dos Deputados aprobou este mércores, na súa Comisión de Fomento, a Proposición Non de Lei (PNL) de En Marea que insta ó Goberno a realizar a transferencia da autoestrada AP-9 a Galicia. A iniciativa tivo 20 votos a favor e 17 en contra,  co voto a favor do PSOE, ERC, PNV, Compromís e EH Bildu. […]