A deputacion “ficha” á asociación ecoloxista amigos da terra para asesorar sobre compostaxe e controlar 1.600 composteiros indviduais en Vilaboa

A Deputación de Pontevedra vén de ‘fichar’ á asociación ecoloxista Amigos da Terra para o seu ‘Plan Revitaliza’ de compostaxe. O vicepresidente Mosquera anunciou hoxe que a institución provincial vai asinar un convenio co colectivo e co Concello de Vilaboa co fin de dar charlas informativas á veciñanza , solucionar dúbidas , dar soporte técnico, […]

Xornada de experiencias de voluntariado europeo

Tes menos de 30 anos? Queres traballar en máis de 20 países de Europa? O 10 de outubro achégate ao Campus de Ourense á xornada sobre Voluntariado Europeo. Amigos da Terra en colaboración ca Vicerreitoría do Campus de Ourense realiza unha xornada sobre o servizo de voluntariado europeo, para informar das súas vantaxes á mocidade […]

Cinco organizacións abandonan o Consello Forestal pola imposibilidade de participar no plan de loita contra os lumes

Amigos da Terra, Asociación Frouma, Federación Ecoloxista Galega (FEG), Organización Galega de Comunidades de Montes (ORGACCMM) e Sindicato Labrego Galego (SLG) abandonaron o Consello Forestal Galego, deste 26 de xuño, para denunciar as prácticas de entorpecemento á participación dos colectivos neste órgano no que se debaten as políticas forestais da Xunta e que hoxe debía […]

Amigos da Terra denuncia novos vertidos ao maltratado río Miño

Amigos da Terra ven de denunciar os verquidos de augas residuais no rio Miño na cidade de Ourense ao carón da Ponte do Milenio  que se estiveron a producir durante toda esta tarde na que corrían as augas do río Miño contaminadas por un regueiro de augas residuais. Os vertidos eran apreciables e entendéndose augas […]

No Día da Terra, 22 de abril, Amigos da Terra desmitifica a agricultura industrial

Con motivo do Día da Terra, Amigos da Terra denuncia o dano ambiental e social que provoca a agricultura industrial, e desmente os mitos sobre a produción de alimentos e a loita contra a fame. Para este fin, a organización ecoloxista publica un informe no que demostra que a agroecoloxía é a solución para alimentar […]

Amigos da Terra acolle a unha nova voluntaria europea

Amigos da Terra acolle a unha nova voluntaria europea Réka Patócs chegada dende Hungría, e que acaba de iniciar o seu voluntariado esta semana e permanecerá en Ourense durante os próximos dez meses. A voluntaria súmase aos distintos proxectos e campañas de información e educación ambiental que se desenvolven nos nosos centros e colaborando no […]

Un país para porcos? Un novo informe desvela os impactos da industria española do porcino

Un novo informe publicado hoxe 22 de marzo polas organizacións Food & Water Europe, Amigos da Terra, CECU e VSF Justica Alimentaria Globalrevela a descontrolada expansión da industria española do porcino, os seus graves impactos ambientais e sociais, principalmente en Cataluña e Aragón, que acollen case a metade dos porcos do país e os seus […]

No día do consumidor: Alargascencia

Hoxe 15 de marzo, no Día Mundial dos dereitos do Consumidor, Amigos da Terra lanza unha campaña en redes sociais para involucrar á cidadanía na súa iniciativa Alargascencia. O obxectivo é facer partícipe á xente da ferramenta, non só para buscar alternativas, senón tamén para suxerir establecementos e ampliar o directorio de comercios responsables. Alargascencia […]

“A Coruña composta” da comezo

A cantidade de residuos xerados pola cidadanía está en crecente aumento, e a xestión actual non consigue aproveitar os recursos pechando o ciclo da materia orgánica sen un impacto na calidade ambiental da cidade. É por isto que o Concello decide poñer en marcha este programa de compostaxe doméstica destinado á parte menos urbana da […]

Aniversario de Berta Cáceres: Berta vive, a loita segue

Hoxe 2 de marzo cúmprese un ano do asasinato de Berta Cáceres, un crime que pasará á historia como símbolo da violenta represión en Honduras, pero tamén como símbolo dunha mobilización social masiva e inmensamente solidaria. A líder indíxena serviu de alento e impulso para as mobilizacións a escala mundial, unhas mobilizacións que a día […]

Nós non nos vedemos ENCE fóra de Lourizán!!

Logo da infame prórroga de 60 anos ditada polo goberno en funcións do PP, a empresa e a Xunta anunciaron un mal chamado “pacto ambiental” co que ENCE só pretende seguir comprando vontades e o silencio de estómagos agradecidos a cambio de esmolas aos colectivos sociais. Pero, desta volta, ENCE vai máis alá e, coa […]

É preciso mudar o actual modelo enerxético?

Os incrementos do prezo da luz e dos carburantes, as mortes vinculadas á pobreza enerxética, o debate sobre a nuclear a propósito da posible continuidade da Central de Garoña provocan que a enerxía sexa un tema de debate. Aproveitando que o pasado 14 de febreiro foi o día da Enerxía e que ata o 23 […]

A campaña Non ao TTIP convoca mobilizacións en máis de 20 cidades para frear ao CETA

O próximo 21 de xaneiro a campaña Non ao TTIP, da que forma parte Amigos da Terra, convocou mobilizacións contra o CETA xunto a outras organizacións sociais e políticas europeas no Día de Acción Global para demandar ao Parlamento Europeo que vote “non” ao acordo comercial e de investimentos entre a UE e Canadá, o […]

Vitoria das comunidades: a empresa galega, Ecoener-Hidralia, abandona definitivamente Guatemala

Unha campaña internacional pon fin á ocupación dun río indíxena por parte dunha empresa galega en Guatemala Amigos da Terra e Alianza pola Solidariedade recollemos máis de 20.000 firmas para esixir a retirada dun proxecto rexeitado polas comunidades indíxenas Satisfacción tras case unha década de conflito en Huhuetenango, onde líderes indíxenas foron encarcerados por oporse […]

A plataforma #NoMásCortesDeLuz convoca mobilizacións contra a pobreza enerxética

Co obxectivo de visibilizar a realidade da pobreza enerxética que golpea a millóns de persoas en España, froito dunha crise inxusta e dunha xestión irresponsable centrada en recortes sociais e de dereitos, a Plataforma #NoMásCortesDeLuz, formada por máis de 25 organizacións sociais, cidadás, ecoloxistas, veciñais, de consumidores, sindicatos e partidos políticos, convocaron mobilizacións en todo […]

Os fogares galegos poderían aforrar un 60% de enerxía con medidas de eficiencia enerxética

Amigos da Terra publica hoxe, 22 de novembro, o informe, “Como queremos aforrar enerxía? Actitudes sociolóxicas ante a eficiencia enerxética”, que recolle os resultados do proxecto apoiado pola Fundación Biodiversidad durante os anos 2015 e 2016. Neste proxecto realizouse unha investigación que recompila as actitudes dos fogares españois ante as propostas de aforro enerxético. Como […]

Non hai marcha atrás, agora é imprescindible accionar o Acordo de París

Hoxe martes 15 de novembro marca a apertura formal do Acordo de París, e por primeira vez sentaránse todas as Partes que xa ratificaron o Acordo. Rajoy foi recibido á súa chegada ao país marroquí polo Rei Mohamed VI e o secretario xeral da ONU, Ban Ki-moon. Amigos da Terra lembra á delegación española en […]

Alianza polo Clima chama á activación de políticas climáticas efectivas para o Cume de Marrocos

A COP21 alumou un novo tratado sobre cambio climático, o Acordo de París, que entrou en vigor o día 4 de novembro xusto ás portas do Cume de Marrocos e debe traducirse nunha maior vontade política para poñer ao Planeta nunha ruta de seguridade climática. Para cumprir o seu obxectivo final, manter o aumento das […]

23.000 firmas contra un investimento español que vulnerou os dereitos indíxenas

Amigos da Terra xunto a Alianza por la Solidariedad, entregou onte ao embaixador de Guatemala 23.000 firmas para esixir a retirada definitiva da empresa española Ecoener-Hidralia do país, tras atentar contra os dereitos das comunidades indíxenas e locais. Levamos a cabo esta acción simbólica conxunta para levar ante os representantes do Goberno de Guatemala en España […]

Gaña apoios o novo Tratado sobre multinacionais e dereitos humanos

Amigos da Terra celebra o rápido aumento do apoio, o interese e a mobilización en Xenebra durante a semana do 24 ao 28 de outubro,  nas conversacións para establecer un novo tratado sen precedentes sobre multinacionais e dereitos humanos. A creación dun conxunto deregras internacionais e vinculantes terá profundas implicacións para as empresas máis grandes do […]

Dereitos para as persoas, regras para as empresas

Desde Amigos da Terra instamos a adopción dun tratado vinculante da ONU sobre multinacionais e dereitos humanos. Desde o 24 de outubro e até o 28, renovaranse as negociacións da ONU en Xenebra, o que supón unha oportunidade histórica para que se poña fin á impunidade das empresas fronte ás violacións de dereitos humanos alí onde operan. As […]

Amigos da Terra inicia en Ourense a campaña “DoyLaLata”

A organización busca visibilizar o problema dos residuos abandonados no Estado e reivindicar solucións. O pasado luns, Amigos da Terra puxo en marcha a súa campaña a nivel estatal, #DoyLaLata cunha primeira limpeza nas Salinas de Vilaboa, en Pontevedra. Seguindo con esta acción mañá, 22 de outubro, a organización realizará a segunda e última recollida […]

Novo informe: Impactos do TTIP no sector agroalimentario español

As condicións de trazabilidade, seguridade alimentaria e manexo en matadoiro en EE.UU. distan moito das esixidas na UE polo que necesitan a utilización de fortes desinfectantes cárnicos, prohibidos en Europa, para evitar máis casos de intoxicacións por bacterias. O informe afirma que, nun escenario de eliminación de barreiras arancelarias e non arancelarias, as importacións de […]

Amigos da Terra lanza a campaña #Doylalata

O vindeiro luns 10 de outubro, O Concello de Vilaboa e Amigos da Terra realizarán unha limpeza nas Salinas de Vilaboa, como primeira acción da recén estreada campaña #DoyLaLata. Amigos da Terra lanza esta campaña co fin de mostrar un dos problemas máis habituais na xestión de residuos. Ao longo destas semanas, os grupos locais […]