🢂 ESTÁ NAVEGANDO EN LA SECCIÓN :

Cumio do Cambio Climático. Que hai detrás do acordo de París?

Amigos da Terra e Equo A Coruña organizan unha charla debate para valorar os acordos no Cumio Mundial do Cambio Climático (COP 21) O pasado mes de decembro tivo lugar  a maior cume mundial contra o cambio climático da década, coñecida como COP 21 ou París 2015.Activistas de Amigos da Terra estiveron alí presentes xunto […]

Día Mundial dos Humedais: Un día para a celebración e a denuncia ambiental

O 2 de febreiro de cada ano é o Día Mundial dos Húmidas e nel conmemorase a data na que se adoptou a Convención sobre os Humidais de Ramsar 1971. O Convenio Mundial RAMSAR de Conservación dos Humidais, (do cal España é parte), baixo o lema “Humidais para o noso futuro: Medios de vida sustentables”. […]

Amigos da Terra fai un análise do acordo do clima: a firma dun acordo sen compromisos

Desde Amigos da Terra consideramos o Acordo de París unha farsa. Seguramente coincidirás coa nosa apreciación si pensas que un acordo contra o cambio climático, para considerarse un éxito, ten que conter as ferramentas necesarias para frear o quecemento, e si non, non serve, por moito que o asinaron todos os países. Esta visión coincide […]

Varios activistas de Amigos da Terra estarán tamén presentes no Cumio Mundial do Cambio Climático (COP 21)

Durante estes días estase a celebrar a maior cume mundial contra o cambio climático da década, a Conferencia das Partes da Convención Marco de Nacións Unidas sobre o Cambio Climático de 2015, coñecida como COP 21 ou París 2015. Trátase dunha data crucial, xa que debe desembocar nun novo acordo internacional sobre o clima aplicable […]

Amigos da Terra, a Plataforma Rios Limpos e o Comité de Defensa do Monte Galego denuncian vertedoiros ilegais na Serra do Larouco

Os vertedoiros saíron a luz despois do incendio forestal producido o pasado mes de agosto que afectou a Serra do Larouco. A asociación ecoloxista Amigos da Terra, a Plataforma Rios Limpos e o Comité de Defensa do Monte Galego, acaban de presentar ante a delegación Provincial da Consellería de medio ambiente unha denuncia por vertedoiros […]

Reunido o Consello Dinamizador de ESPAZO para avaliar o proceso de artellamento dunha candidatura de Unidade Popular para ás próximas eleccións xerais do 20 de decembro fai público o seguinte posicionamento: Na súa III Asemblea Nacional  (celebrada o pasado 3 de outubro) ESPAZO aprobou apostar como colectivo por unha candidatura de Unidade Popular para as […]

Amigos da Terra presenta 10 Pasos para Liberar ao Sol

Tras o secuestro do Sol das grandes eléctricas e o Goberno, Amigos da Terra presenta 10 Pasos para Liberar ao Sol Amigos da Terra lanzou hoxe a súa campaña de sensibilización, 10 Pasos para Liberar ao Sol, na Porta do Sol en Madrid. No acto, dous monologuistas profesionais representaron o “secuestro do Sol” por parte do […]

Obradoiro: Entendes a túa factura eléctrica?

Coa realización de Entendes a túa factura eléctrica? tentarase, ademais de esclarecer dúbidas sobre o mercado eléctrico en España (mostrar as liñas básicas de funcionamento, os actores principais e a súa responsabilidade na incompresión xeralizada da poboación respeto a este mercado), que as persoas asistentes identifiquen que é o que lles están cobrando e porque […]

Voluntarias de Grecia e Hungría colaboran con Amigos da Terra

Amigos da Terra ven de recibir a dúas novas persoas voluntarias europeas Konstantinos Sbonias procedente de Grecia e Agnes Csirmaz de Hungría e, que acaban de iniciar o seu voluntariado esta semana e permanecerán en Ourense durante os próximos dez meses. Os voluntarios sumaranse aos distintos proxectos e campañas de información e educación ambiental que […]

Amigos da Terra presenta a exposición “Non queimes o futuro”

– O local da asociación de veciños e veciñas de Palmés acolle, dende hoxe ata o vindeiro 31 de agosto, a mostra organizada por Amigos da Terra “Non queimes o futuro”. Esta exposición busca concienciar e divulgar ao público en xeral sobre a importancia dos nosos ecosistemas forestais e como protexelos contra os lumes e […]

O Centro de Transfusión de Galicia e Amigos da Terra impulsan unha nova campaña solidaria

– “Axuda a vivir. Doa sangue e planta unha árbore” é o lema baixo o que se desenvolve a campaña de “Amigos da Terra” e o Centro de Transfusión de Galicia. A iniciativa terá lugar entre os días 20 e 24 de xullo e tenta acadar un dobre obxectivo: aumentar as doazóns de sangue no […]

A Reciclaxe non é suficiente para alcanzar unha economía circular

Xa se volveu habitual escoitar conversacións na rúa ou en calquera sitio, nas que reciclar converteuse en sinónimo de protexer o medio ambiente, unha dicotomía moi matizable, en realidade. Si pómonos puristas, nin sequera poderiamos dicir que reciclamos, senón que separamos para reciclar, e son outros os que se encargan de reciclar. Este erro non […]

Día Internacional Sen Bolsas de Plástico dun só uso: é o momento das bolsas reutilizables

Hoxe 3 de xullo celébrase a oitava edición do Día Internacional Sen Bolsas de Plástico dun só uso. Amigos da Terra, a Fundació Prevenció de Residus i Consum e a Fundación Surfrider e Residuo Cero únense para denunciar os impactos das bolsas plásticas rexeitables, icono dos produtos de usar e tirar, e instan ao Estado […]

Amigos da Terra Galicia solidarizase coa familia, compañeiros e compañeiras do axente medio ambiental Xosé Enrique Casanova falecido o sábado 27 de xuño estando de traballo e participando nas labouras de prevención e extinción de incendios forestais no Distrito Forestal IX, Lugo-Sarria. Xosé Enrique ao igual cos máis de 500 axentes medioambientais de Galicia adicou […]

Amigos de la Tierra e Ecooo abren unha segunda horta solar á participación cidadá

– Continúa a aposta pola enerxía comunitaria tras completar con éxito a primeira Horta Solar Amigos de la Tierra e Ecooo lanzan unha segunda Horta Solar aberta á participación da cidadanía. Trátase dunha instalación de enerxía solar en Leganés (Madrid) que será colectivizada grazas á participación das persoas que desexen ser copropietarias da horta solar. […]

No Día do Medio Ambiente Amigos da Terra anima á cidadanía a movilizarsepolo clima

No Día Mundial do Medio Ambiente dende Amigos da Terra animamos á cidadanía a mobilizarse polo clima camiño ao supercumio do Cambio Climático de París. A cinco meses do inicio do cumio de Cambio Climático de alto nivel de París, Amigos da Terra lanzou a nivel internacional a súa campaña “De camiño a París” para […]

ADEGA, Amigos da Terra, APDR (Asociación pola Defensa da Ría de Pontevedra), CEMMA, Federación Ecoloxista Galega (FEG) e Verdegaia envían as súas “propostas para o desenvolvemento de actuacións políticas sustentables a nivel local” ás formacións candidatas ás eleccións municipais do vindeiro 20 de maio. “Un Programa pola Terra” engloba unha serie de propostas para que as […]

Día do Consumidor: o TTIP pode permitir a importación de carne tratada con substancias desinfectantes polémicas

– Amigos da Terra denuncia que o TTIP pode permitir a importación de carne tratada con sustancias desinfectantes polémicas En Amigos da Terra queremos aproveitar este Día do Consumidor/a para advertir sobre a ameaza que supón o TTIP para os consumidores europeos, como por exemplo coa venda de carne tratada con desinfectantes procedente de Estados Unidos. Os funcionarios de saúde pública […]

Que é o que quere comer a xente? Temos a resposta!

– A cidadanía reclama unha maior calidade nos alimentos e unha produción local e sostible – O 91% pensa que o goberno debe apoiar máis a alimentación local Amigos da Terra lanza os resultados dunha enquisa, “De agricultor a consumidor“, na que dá a coñecer que pensa a cidadanía sobre a alimentación local e cales son […]

O Concello de San Cibrao das Viñas será sancionado con 10.000 euros por vertidos ao Barbaña

A Confederación Hidrográfica do Miño-Sil ven de remitir a Amigos da Terra a proposta de resolución do expediente sancionador contra o Concello de San Cibrao das Viñas polos vertidos realizados no pasado mes de agosto e que foran denunciados por Amigos da Terra e outros colectivos, ademais de varios particulares. A comunicación que o Organismo […]

Día da Enerxía: É preciso avanzar cara unha Enerxía Comunitaria

– Amigos da Terra insta a avanzar cara a un modelo baseado na Enerxía Comunitaria No Día Mundial da Enerxía, 14 de febreiro, Amigos da Terra aproveita a ocasión para recordar a urxencia de establecer unhas bases legais para transformar o modelo enerxético actual nun baseado en enerxías comunitarias e renovables. A ciencia e todos […]

Voluntarias de Hungría e Francia incorpóranse a Amigos da Terra

Amigos da Terra ven de recibir a dúas novas voluntarias europeas Eszter Jákli procedente dende Hungría e Aurélie Lombard de Francia, que acaban de iniciar o seu voluntariado esta semana e permanecerán en Ourense durante os próximos once meses. As voluntarias sumaranse aos distintos proxectos e campañas de información e educación ambiental que se desenvolven […]

Amigos da Terra denuncia a corta polo pé de decenas de árbores (preto de 100) no Hospital de Piñor, Barbadás (Ourense): Árbores duns 60 anos de idade, diversas especies afectadas (cipreses, cedros, choupos, pradairos, freixos, acacias) árbores plantados nos anos corenta e que compuñan un conxunto de alto valor medioambiental e patrimonial. Amigos da Terra […]

Día Mundial dos Humedais

– O 2 de febreiro de cada ano é o Día Mundial dos Húmidas e nel conmemorase a data na que se adoptou a Convención sobre os Humedais de Ramsar 1971. O Convenio Mundial RAMSAR de Conservación dos Humedais, (do cal España é parte), baixo o lema “Humedais para o noso futuro” está dedicado este […]

Dende Amigos da Terra, celebramos a aposta decidida do Concello e Deputación de Pontevedra por un modelo de xestión de residuos, alternativo ao fracasado modelo Sogama e vemos con preocupación como a estratexia de batallas políticas, lonxe de convencer aos veciños das bondades desta proposta, non fai máis que confundilos. Por qué unha oportunidade se […]

Denunciamos a barbarie da tortura dos galos na Mezquita

Nestes días soubemos de que no ourensá Concello da Mezquita, dentro da programación da Festa de Reis, estaba a celebrarse un cruento espectáculo no que mozos da vila arrincaban coas súas propias mans as cabezas duns galos que penduraban dunha corda colgados das patas. Estes feitos xa foron denunciados ante a Garda Civil por varios […]

Día Internacional das Montañas

– 11 de decembro “Día Internacional das Montañas”, a comunidade internacional celebra este día dende 2002 para recapacitar sobre a importancia que teñen estes ecosistemas para a vida no planeta. – Se a situación a nivel mundial e grave, no caso de Galicia podemos afirmar que é crítico.     Hoxe 11 de decembro é o DÍA […]

Hoxe cumprimos 35 anos de traballo a prol da xusticia social e ambiental en España

Amigos de la Tierra celebra 35 anos de traballo no estado español pola xustiza social e ambiental. Nesta data, a organización quere destacar algúns dos seus logros e á súa vez tomar impulso para fomentar unha sociedade baseada en alternativas respectuosas co medio, xustas e solidarias. Hoxe 9 de decembro, a asociación ecoloxista Amigos de […]

Amigos da Terra publica un Informe sobre os impactos do cambio climático na agricultura

– Amigos da Terra sempre defendeu a agricultura local e de proximidade, que proporcione unha boa calidade de vida aos pequenos e medianos agricultores por preservar e manter o medio rural e tradicional e que sexa unha alternativa ambiental, social e economicamente viable. Neste sentido, e coa intención de formular e ofrecer solucións aos retos […]

Amigos da Terra trae a Galicia por vez primeira o “Premio CONAMA a la Sostenibilidad”

O pasado luns, dentro dos actos de inaguración do Congreso Nacional de Medio Ambiente (CONAMA), a directora das Corcerizas, Paula Vidal, recolleu de máns da Ministra de Agricultura, Alimentación e Medio, Isabel García Tejerina recolleu este galardón que distigue este proxecto como a mellor iniciativa ambiental realizada en toda a xeografía do Estado Español en […]

Amigos da Terra Galicia denuncia publicamente os danos producidos ao arborado existente ao longo da estrada OU-1114

– Amigos da Terra Galicia denuncia publicamente os danos producidos ao arborado existente ao longo da estrada OU 1114, estrada da Deputación Provincial de Ourense que comunica Vilar de Santos e Rairiz da Veiga con Bande. A OU 1114 é a única estrada que queda na chaira Limia exemplo do que foi a Biodiversidade de […]