🢂 ESTÁ NAVEGANDO EN LA SECCIÓN :

O departamento provincial da Amtega en Ourense incumpre a normativa en materia de prevención de riscos laborais

A CIG denunciou na Inspección de Traballo e Seguridade Social de Ourense que a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galiza (Amtega) se nega a aplicar as medidas contempladas no plan de acción en materia de prevención de riscos laborais. Na central reclaman que o departamento autonómico cumpra a normativa e corrixa con absoluta inmediatez […]

A Xunta comeza a renovación dos equipos nos centros educativos que empregan o libro dixital coa distribución de 1.200 ultraportátiles

A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) en colaboración coa Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, iniciaron a pasada semana a renovación do equipamento nos centros adheridos a iniciativa E-Dixgal do Proxecto Abalar. En total, completouse a entrega de 1.200 ultraportátiles nunha vintena de centros que empregan o libro dixital. A distribución […]

Analízase o papel do arquivo electrónico como vertebrador da Administración electrónica

O II Encontro de Cooperación para o Desenvolvemento da Administración Electrónica iniciou esta mañá a segunda e última xornada cunha mesa sobre o papel do arquivo electrónico como vertebrador da Administración electrónica, que foi presentada e moderada polo secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo. A mesa contou coas intervencións da subdirectora xeral de Arquivos e […]

A Memoria dixital de Galicia preséntase no foro estatal sobre cultura intelixente

A directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, (Amtega), Mar Pereira, e o secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, presentaron esta mañá en Madrid a iniciativa Memoria Dixital de Galicia no Foro “Cultura Intelixente”, organizado pola entidade estatal Red.es. No encontro, no que participaron preto de 30 representantes de entidades estatais para debater […]