Ana Miranda denuncia na Eurocámara que Noruega segue sen recoñecer as prestacións dos mariñeiros  galegos

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, expresou na sesión plenaria do Parlamento Europeo, no debate celebrado hoxe sobre coordinación europea dos sistemas de Seguridade Social, a preocupación do Bloque polos dereitos laborais das traballadoras e traballadores emigrados e reclamou que sexan recoñecidas as súas prestacións sociais. Ao respecto puxo como exemplo os mariñeiros que desenvolveron […]

O BNG rexistra ante a UE unha denuncia contra o Estado español en relación ao accidente do Alvia

O BNG rexistrou esta maña ante a Comisión Europea unha denuncia contra o Estado español, -en concreto contra o Goberno, Ministerio de Fomento, Dirección Xeral de Ferrocarriles, ADIF e Renfe Operadora-, por infracción do Dereito Comunitario e incumprimento das obrigas aplicables á avaliación do control de riscos da líña 082 do tren de alta velocidade […]

Ana Miranda ve positivo que o xuíz pida á UE un informe integral de riscos no accidente de Angrois

A portavoz do BNG en Europa, Ana Miranda considera moi positivo que o  xuíz instrutor do accidente ferroviario de Angrois,  Andrés Lago  Louro requira  da  Axencia Ferroviaria Europea un informe para determinar a  avaliación integral de riscos  na liña   Ourense-Santiago, onde se produciu o accidente de Angrois. Miranda salienta que o BNG xa solicitou […]

O Comité do 112 denunciará á Xunta ante o Comité de Peticións do Parlamento Europeo

Representantes do comité do 112 compareceron este mércores en rolda de prensa xunto coa representante do BNG no Parlamento Europeo, Ana Miranda, para anunciar a presentación dunha denuncia perante a Comisión de Peticións do Parlamento Europeo, pola situación do servizo universal de emerxencia europeo 112 e a aplicación deficiente, por parte do Goberno da Xunta […]

Ana Miranda asiste como observadora internacional ao xuízo contra 24 presos saharauis

A portavoz do BNG en Europa Ana Miranda, desprázase este domingo a Rabat para asistir como observadora internacional na reapertura do xuízo aos 24 presos políticos saharauís do campamento da Dignidade Gdeim Izik, campamento creado no 2010 perto de El Aaiún, como denuncia á discriminación política, económica, social e cultural que sofre o Pobo Saharauí […]

Ana Miranda parabeniza ao sector do xeito ante a retirada da prohibición das redes de deriva e o acordo europeo para protexer as artes de pesca artesanal

A portavoz  BNG en Europa quere trasladar ao sector do xeito a súa satisfacción polo acordo dos 28 estados europeos para protexer as artes de Pesca artesanal e retirar “definitivamente a prohibición” das redes de deriva como a do xeito. Miranda lembra  que dende o inicio das demandas do sector, “O BNG alertou dos problemas […]

BNG denuncia fraude no referendo constitucional de Turquía

Con máis de 2 millóns de papeletas contabilizadas sen reuniren os requisitos legais, o resultado axustado do referendo constitucional é máis que cuestionábel do punto de vista democrático. Aliás, o BNG considera que a realización do referendo constitucional é ilexítima por se facer sob o estado de emerxencia. Desde o (auto)golpe de estado de xullo […]

A comisaria de transportes traslada ao BNG que o caso Alvia segue aberto para o executivo da UE

A portavoz do BNG en Europa, Ana Miranda, amosa a súa satisfacción trala xuntanza coa comisaria europea de  Transportes, Violeta Bulc na sede da Eurocámara en Estrasburgo, na que a responsable comunitaria confirmou que, a efectos do Executivo europeo, o caso da traxedia do  Alvia permanece aberto. Neste encontro, Miranda trasladou á comisaria a petición […]

Ana Miranda pide á CE de Transportes que abra a Comisión de Investigación do accidente de Angrois

A portavoz do BNG en Europa, Ana Miranda  reúnese mañá en Estrasburgo coa  coa Comisaria europea de Transportes, Violeta Bulc á que trasladará a necesidade de abrir un novo procedemento de infracción contra o Estado español “por incumprir a normativa comunitaria na investigación do accidente ferroviario de Angrois”. Miranda pedirá á comisaria que se sume […]

Ana Pontón encabeza a representación do BNG que participa na asemblea xeral do partido europeo ALE

A portavoz nacional, Ana Pontón, encabeza a delegación do BNG que participa entre os días 31 de marzo e 1 de abril na asemblea xeral anual do partido europeo Alianza Libre Europea (ALE), prevista na cidade polaca de Katowice, a onde acudirán máis de 200 representantes das 46 organizacións e pobos europeos que integran a […]

Ana Miranda valora que a Eurocámara saia en defensa das persoas emigrantes retornadas acosadas por Facenda

A portavoz do BNG en Europa, Ana Miranda valora que a Eurocámara saia na defensa dos emigrantes galegos retornados acosados por Facenda. No debate da denuncia de “acoso de Facenda ás persoas emigrantes galegas retornadas”,celebrado onte no Parlamento europeo,  a portavoz do BNG en Bruxelas, Ana Miranda e a Plataforma de afectad@s demandaron da Comisión […]

O BNG leva á Eurocámara a persecución de Facenda aos emigrantes galegos e galegas retornados

Á instancias do BNG, a Eurocámara debaterá na Comisión de Peticións do Parlamento Europeo, o vindeiro mércores 22 de marzo ás 11:15hs, a denuncia de persecución  a persoas emigrantes galegos retornados por parte de Facenda. A denuncia será examinada na Eurocámara a petición da portavoz do BNG, en Europa, Ana Miranda, a través do Grupo […]

Ana Miranda pide unha entrevista coa comisiaria de transportes da UE en relación co sinistro do Alvia

A portavoz do BNG en Europa, Ana Miranda, cursou unha solicitude da entrevista coa  Comisaria europea de Transportes,  Violeta Bulc, ante a negativa do Goberno central a realizar unha nova investigación independente do accidente de Angrois como demandan ás vítimas e os seus representantes, e pese ao demoledor informe da propia Comisión Europea poñendo en […]

Ana Miranda: “A aprobación do CETA é unha traizón para os pobos europeos”

A portavoz do BNG, en Europa, Ana Miranda afirma que o Acordo Económico e Comercial Global (CETA) entre a Unión europea e Canadá, aprobado hoxe en Estrasburgo, representa “unha traizón” aos pobos europeos, o emprego, a saúde, os sectores produtivos e a protección do Medio ambiente”. Para a portavoz do BNG en Europa, a aprobación […]

Lánzase unha campaña de alerta diante da inminente abordaxe da flotilla de Mulleres Rumbo a Gaza

Convocaranse concentracións, xa confirmadas, en Ourense, A Coruña, Compostela, Vigo e Ferrol, no día en que interveña o exército israelí. Mulleres representantes de diversas organizacións que participan na campaña “Rompamos o bloqueo. Mulleres Rumbo a Gaza” compareceron este luns en rolda de prensa para manifestar a súa solidariedade e pedir protección ao estado español e […]

Luís Bará: “Galiza precisa un Servizo Galego de Benestar que garanta a protección social”

A parlamentaria Ana Miranda anunciou que o BNG vén de conseguir un encontro coa comisaria de Asuntos Sociais e Emprego da UE. O candidato do BNG pola provincia de Pontevedra, Luís Bará, asegurou hoxe que é preciso que Galiza conte un Servizo Galego de Benestar que garanta a protección social e o benestar dos galegos e as galegas […]

O BNG evita en Bruxelas que a Comisión de Peticións da Eurocámara peche a denuncia das plataformas de emigrantes retornad@s

A portavoz do BNG en Europa, Ana Miranda solicitou á  Eurocámara manter aberto o  proceso co fin de posibilitar a comparecencia dos denunciantes da Plataforma de Emigrantes Retornados da Comarca de Vigo, a través do peticionario Alexandre Lago Portela, despois da presentación da   denuncia na Eurocámara hai dous anos. A portavoz do BNG en Europa, […]

O BNG continuará a empurrar desde Vigo o cambio que Galiza precisa

Ana Miranda, candidata número 2, agradece o apoio das máis de 3.200 persoas que en Vigo apostaron en que Galiza recuperase unha voz propia en Madrid.  O Bloque Nacionalista Galego reiterou o seu compromiso de seguir a empurrar desde Vigo o cambio que Galiza precisa. Con esa idea, a fronte nacionalista valorou os resultados obtidos […]

Luís Bará:”Temos que darlle valor engadido á economía galega apostando por experiencias punteiras en I+D+I

Ana Pontón apelou “aos que lle queren ao país” para pedir o voto do vindeiro Luís Bará, candidato de BNG-Nós pola provincia de Pontevedra ao Congreso fixo hoxe unha aposta pola innovación, polo talento, pola creatividade e pola tecnoloxía e investigación de Galiza para impulsar a riqueza e o emprego no país. “Temos que darlle valor engadido á economía […]

Ana Miranda comprométese co Colexio Profesional de Avogados de Vigo a defender a xustiza gratuíta como servizo público

O BNG mantivo onte á tarde un encontro coa Xunta directiva do Colexio Profesional de Avogados de Vigo. Nel participaron a candidata número 2, Ana Miranda, a ex deputada nacionalista Olaia Fdez. Davila e máis o responsábel local do Bloque, Serafín Otero. Na xuntanza abordáronse cuestións como o acceso á xustiza gratuíta, a reforma exprés […]

Ana Miranda asegura que o aplazamento para facer público o informe sobre o Alvia “débese ás presións do goberno español”

“A decisión da Unión Europea tomada onte de aplazar a transmisión do informe sobre o Alvia ata o 7 de xullo débese ás presións do Goberno español, en concreto do Ministerio de Fomento”. Así de clara foi hoxe a representante do BNG en Bruxelas e candidata ao Congreso o vindeiro 26X, Ana Miranda, quen sinalou que o Executivo […]

Ana Miranda: “Non podemos permitir nin máis paro en Vigo,  nin máis xente pobre por ter un traballo ultraprecario”

 No encontro celebrado na tarde-noite de onte con delegados e delegadas da Confederación Intersindical Galega (CIG), e no que participaron Ana Miranda, candidata nº 2 do BNG-Nós e Segundo González, candidato do nº 3, presentáronse en Vigo as propostas da candidatura nacionalista en materia de emprego. Miranda reclamou unha viraxe radical nas políticas sociais e laborais de carácter antisocial […]

Ana Miranda: “O primeiro que faremos no Congreso será demandar apoio e financiamento público ao naval”

Ana Miranda mantivo esta mañá un encontro co Comité de Emrpesa do estaleiro vigués Vulcano. Na xuntanza, a candidata nº2 do BNG-Nós pola provincia de Pontevedra, estivo acompañada por Segundo González, candidato nº3, a exdeputada nacionalista no Congreso, Olaia Fdez. Davila, e máis os responsábeis local e comarcal do Bloque en Vigo, Serafín Otero e […]

O BNG desprega unha grande faixa no Castro en solidariedade coas persoas refuxiadas

O BNG de Vigo despregou ás 12h desta mañá na ladeira do monte do Castro unha faixa de grandes dimensións co lema “Galiza c@s refuxiad@s, non á guerra”. O acto encádrase nunha acción nacional impulsada polo Bloque para rexeitar a política “vergoñenta” da UE en relación á crise das refuxiadas. Ademais de en Vigo o […]