🢂 ESTÁ NAVEGANDO EN LA SECCIÓN :

CCOO-Sanidade informa de que o acordo de carreira profesional no SERGAS non paraliza as restantes reivindicacións

A Federación de Sanidade de CCOO de Galicia informa de que o acordo de carreira profesional asinado hai pouco máis dunha semana non paraliza as restantes reivindicacións, como «de xeito malicioso e falaz» transmitiu algunha organización sindical. Neste punto, o secretario xeral de CCOO-Sanidade, Ángel Cameselle, é contundente á hora de afirmar que Comisións Obreiras […]

A maioría sindical desconvoca a folga na sanidade pública

Os sindicatos CCOO, CSI-F, SAE, SATSE e UGT, que representan a maioría do persoal sanitario, confirmaron esta mañá nunha comparecencia de prensa conxunta que desconvocan a folga na sanidade pública prevista para os días 2 e 3 de novembro. O detonante desta decisión foi o acordo asinado do SERGAS para desbloquear a carreira profesional, que […]

CCOO critica o SERGAS por rexeitar negociar a recuperación de dereitos «roubados» ao persoal sanitario durante a crise

A Federación de Sanidade de Comisións Obreiras de Galicia (CCOO-Sanidade) critica o Servizo Galego de Saúde (SERGAS) por rexeitar na última mesa sectorial, que tivo lugar o pasado día 2, negociar a recuperación dos dereitos «roubados» ao persoal do ámbito durante a crise. Ángel Cameselle, secretario xeral de CCOO-Sanidade, reprochoulle á Administración sanitaria a súa […]

Vaticinan o «posible incumprimento» do plan de estabilidade do emprego no Sergas

A Federación de Sanidade de CCOO de Galicia vaticina o «posible incumprimento» do plan de estabilidade do emprego e provisión do persoal estatutario do Sergas 2017-2018, asinado pola Administración sanitaria e os sindicatos corporativos CESM-O’Mega, CSI-F e SATSE. CCOO xa rexeitara meses atrás ese plan por ser inferior ao pacto asinado no Estado para reducir […]

CCOO tilda a Consellaría de Sanidade de «incapaz» de solucionar os problemas e propón alternativas

A Federación de Sanidade de CCOO tilda a Consellaría do ramo de «incapaz» de solucionar os problemas, especialmente no caso das listaxes de espera tanto para cirurxías como en atención primaria. O sindicato defende que cómpren solucións e «se a Xunta non sabe o que facer, nós si tempos propostas», explica Ángel Cameselle, secretario xeral […]

CCOO-Sanidade desmente as «maliciosas» afirmacións da CIG sobre o acordo para reducir a precariedade no sector público

A Federación de Sanidade de CCOO de Galicia desmente as afirmacións da CIG sobre o acordo para reducir a precariedade no sector público. O seu secretario xeral, Ángel Cameselle, asegura que «é falso e malicioso» ligar este «importantísimo acordo» coa suba salarial de só o 1 % que impuxo o Goberno central. «Nós rexeitamos esa pírrica […]

Instan a dirección do 061 a recoñecer unha débeda de case medio millón de euros co seu persoal

A Federación de Sanidade de CCOO de Galicia insta a dirección do servizo de urxencias sanitarias 061 a recoñecer a débeda que mantén co seu persoal por non lle pagar durante as vacacións o complemento de atención continuada no referente a noites e festivos. Os cálculos do sindicato sitúan a débeda nuns 400.000 euros. Ángel […]

CCOO esixe unha «OPE excepcional» de case 7000 prazas, quince veces o anunciado pola Xunta

A Federación de Sanidade de Comisións Obreiras de Galicia insiste na necesidade de convocar unha oferta pública de emprego (OPE) «excepcional» de case 7000 prazas, o que significaría multiplicar por quince a oferta de 438 anunciada pola Xunta de Galicia. O secretario xeral de CCOO-Sanidade, Ángel Cameselle, ampárase en datos fornecidos polo Ministerio para cuantificar […]