Pediran un plan para a restauración das areas forestais queimadas

A Asociación Forestal de Galicia manterá este mércores un encontro na súa sede de Ponteareas coa conselleira do Medio Rural, Ángeles Vázquez, para trasladarlle unha proposta de restauración forestal dos montes queimados este ano. O acto incluirá unha visita por montes veciñais afectados polos lumes na comarca de Condado-Paradanta, no sur da provincia de Pontevedra. […]

Ángeles Vázquez: “a xestión da vaga de lumes fíxose seguindo os criterios técnicos e realizando o maior esforzo posible”

A Xunta traballou antes, durante e despois da vaga de lumes con medidas serias e rigorosas para facerlle fronte. Houbo previsión, tendo en conta as condicións meteorolóxicas de cada momento e as predicións a curto e medio prazo. Actuouse mentres durou a vaga, cun dispositivo nunca mobilizado ata o momento nun mes de outubro e […]

Os bombeiros forestais piden a dimisión da conselleira do Medio Rural por «faltar á verdade» no Parlamento

Comisións Obreiras (CCOO), CIG, CSI-F e UGT, principais sindicatos do colectivo de bombeiros forestais da Xunta de Galicia, reclaman a dimisión da conselleira do Medio Rural, Ángeles Vázquez, por «faltar á verdade» durante a súa intervención no Parlamento, na que informou do número de efectivos que loitaron contra o lume este mes de outubro. Tamén […]

Medio Rural tratará este ano máis de 30.000 castiñeiros fronte ás doenzas da avespiña e o chancro que afectan estas árbores

A Xunta rematará este mes os traballos de loita biolóxica contra a avespiña do castiñeiro correspondentes a este ano. En total, lévanse tratados uns 4200 pés desta especie a través da solta dun parasito (torymus sinensis) que impide aos insectos chegar á fase de multiplicación. Cómpre destacar que cada unha das vias con parasitos instálase […]

Ángeles Vázquez enxalza o labor dos viticultores e adegueiros galegos como “artífices do éxito dos nosos viños”

A conselleira do Medio Rural, Ángeles Vázquez, agradeceu hoxe o traballo dos adegueiros e viticultores galegos, que definiu como “os grandes artífices dos grandes éxitos que están acadando os nosos viños no panorama nacional e tamén no eido internacional”. Vázquez fixo este recoñecemento na inauguración do VII Salón do viño e licores galegos de calidade […]

Ángeles Vázquez: “Para Galicia é de vital importancia manter os dous piares da PAC como elemento esencial da política agraria”

A Consellería do Medio Rural, Ángeles Vázquez, defendeu esta mañá os intereses de Galicia na conferencia de alto nivel organizada polo Ministerio de Agricultura e Pesca, Alimentación e Medio Ambiente para debater sobre o futuro da PAC. A portavoz da Xunta explicou que para a nosa comunidade “é de vital importancia manter os dous piares […]

Galicia participará na conferencia de alto nivel sobre o futuro da PAC que terá lugar a próxima semana en Madrid

Galicia estará presente na conferencia de alto nivel sobre o futuro da Política Agraria Común (PAC) en Europa que organiza o Ministerio de Agricultura e Pesca, Alimentación e Medio Ambiente coa que se abrirá o debate sobre a PAC a partir do 2020. Será a conselleira do Medio Rural, Ángeles Vázquez, acompañada pola directora xeral […]

A Xunta investiu máis de 3,4 millóns de euros na reestruturación parcelaria da zona de Cures, no concello coruñés de Boiro

A conselleira do Medio Rural, Ángeles Vázquez, desprazouse esta mañá ata o concello coruñés de Boiro para coñecer a situación actual da parcelaria da zona de Cures-Boiro, onde se levan investidos máis de 3,4 millóns de euros. Acompañada polo director xeral de Desenvolvemento Rural, Miguel Pérez Dubois, e o alcalde do municipio, Juan José Dieste, […]

Ángeles Vázquez recibe á asociación Down Compostela para valorar posibles liñas de colaboración

A conselleira do Medio Rural, Ángeles Vázquez, reuniuse co presidente da asociación Down Compostela, Juan Jesús Martínez, coa intención de escoitar as súas demandas e necesidades. Neste encontro, Vázquez explicoulle as posibles fórmulas de apoio ás que podería acceder a entidade e comprometeuse a valorar estas liñas de colaboración. “O obxectivo en definitiva é o […]

A conselleira do Medio Rural clausurou esta tarde en Santiago a I xornada técnico-económica que organiza a sociedade cooperativa gandeira CLUN

A conselleira do Medio Rural, Ángeles Vázquez, clausurou a tarde de onte en Santiago a I xornada técnico-económica que organiza a sociedade cooperativa gandeira CLUN. Alí sinalou que grazas ao esforzo de todos os gandeiros galegos, a produción láctea na nosa comunidade medrou no último ano un 0,77%, por riba da media da UE, ao […]

Ángeles Vázquez destaca a fixación da poboación no rural como un dos grandes obxectivos da Xunta para esta lexislatura

A conselleira do Medio Rural, Ángeles Vázquez, explicou esta mañá no Parlamento as liñas estratéxicas de actuación do seu departamento para esta lexislatura, que conflúen no obxectivo global de fixar poboación no agro. Segundo dixo, trátase de promover iniciativas que xeren crecemento económico e melloren a calidade de vida, tendo sempre en conta criterios de […]

Medio Rural subvencionou o arranxo de máis de 800 camiños municipais por 16,2 millóns de euros no 2016 a través do Plan marco

A conselleira do Medio Rural, Ángeles Vázquez, trasladouse esta mañá ata o concello coruñés de Cabanas para supervisar os traballos de acondicionamento de varios camiños municipais e aproveitou para destacar que a Xunta subvencionou en 2016 o arranxo de máis de 800 infraestruturas viarias a través do Plan Marco, por un orzamento de 16,2 millóns […]

Ángeles Vázquez lembra que ata o día 31 deste mes permanece aberto o prazo para solicitar axudas do Leader xestionadas polos GDR

A conselleira do Medio Rural, Ángeles Vázquez, sinalou hoxe que ata final de mes está aberto o prazo para que os promotores interesados en levar a cabo proxectos no rural presenten os mesmos aos seus correspondentes Grupos de Desenvolvemento Rural. Aínda que os GDR están abertos de forma permanente á recepción de ideas, o día […]

A Xunta e a Delegación do Goberno en Galicia reforzan a coordinación para o control e seguimento da couza da pataca

A conselleira do Medio Rural, Ángeles Vázquez, reuniuse esta mañá co delegado do Goberno en Galicia, Santiago Villanueva, para reforzar a coordinación nas tarefas de seguimento e control da couza guatemalteca da pataca. Na xuntanza tamén participaron a directora xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, Belén do Campo, e responsables da Policía Autonómica e […]

Galicia promove os seus produtos do agro e do mar no Fórum Gastronómico da Coruña

A Xunta, a través das consellerías do Medio Rural e do Mar, fai promoción dos produtos agroalimentarios e marítimos de Galicia no marco do Fórum Gastronómico que se celebra na Coruña dende onte domingo e ata mañá martes. As titulares de ambos departamentos, Ángeles Vázquez e Rosa Quintana, visitaron hoxe este evento para apoiar coa […]

Medio Rural renova os equipos de protección individual do persoal do servizo de incendios forestais

A Consellería do Medio Rural comezou a renovación dos equipos de protección individual que empregan os traballadores do Servizo de Prevención e Defensa contra Incendios Forestais de Galicia (SPDCIF). O orzamento destinado para a subministración destes compoñentes -para os anos 2017 e 2018- ascendeu a máis de 1,7 millóns de euros. O departamento que dirixe […]

Galicia é unha das primeiras comunidades de España no sector vacún de carne por volume de produción e número de cabezas

Ángeles Vázquez salientou tamén o esforzo da Xunta e o sector en innovación, transformación e comercialización destes produtos e lembrou que 25 empresas galegas solicitaron no 2017 axudas para investir 19 millóns de euros neste eido. A conselleira do Medio Rural, Ángeles Vázquez, acompañada pola delegada territorial da Xunta en Ourense, Marisol Díaz, participou este […]

As industrias cárnicas prevén realizar un investimento de preto de 19 millóns de euros no agro galego co apoio de medio rural

A conselleira do Medio Rural, Ángeles Vázquez, visitou esta mañá a empresa Casa Castelao, no concello lugués da Fonsagrada, onde destacou que a industria cárnica ten previsto un investimento de preto de 19 millóns de euros no agro galego, apoiada polas axudas para transformación e comercialización de produtos agrarios da consellería. Ángeles Vázquez lembrou que […]

Ángeles Vázquez: “O futuro do sector lácteo pasa pola transformación e o queixo de Arzúa é un exemplo deste aposta”

A conselleira destacou o peso desta denominación de orixe protexida, que o ano pasado produciu máis de 3,4 millóns de quilos de queixo e superou os 21 millóns de euros facturados. A conselleira do Medio Rural, Ángeles Vázquez, participou esta mañá nos actos de inauguración da 42ª edición da Festa do Queixo de Arzúa, onde […]

A Xunta impulsa a Lei de agricultura no marco do Consello Agrario co fin de rematala nesta lexislatura

A conselleira do Medio Rural, Ángeles Vázquez, presidiu esta mañá a reunión do Consello Agrario Galego, que tiña como punto destacado da orde do día impulsar a lei de agricultura, que estará lista nesta lexislatura. Así o avanzou a propia conselleira e explicou que será este “o órgano de asesoramento e diálogo no que se […]