O BNG rexistrou esta maña ante a Comisión Europea unha denuncia contra o Estado español, -en concreto contra o Goberno, Ministerio de Fomento, Dirección Xeral de Ferrocarriles, ADIF e Renfe Operadora-, por infracción do Dereito Comunitario e incumprimento das obrigas aplicables á avaliación do control de riscos da líña 082 do tren de alta velocidade […]
A portavoz do BNG en Europa, Ana Miranda considera moi positivo que o xuíz instrutor do accidente ferroviario de Angrois, Andrés Lago Louro requira da Axencia Ferroviaria Europea un informe para determinar a avaliación integral de riscos na liña Ourense-Santiago, onde se produciu o accidente de Angrois. Miranda salienta que o BNG xa solicitou […]
O grupo de En Marea no Congreso rexistrou unha proposta de creación de Comisión Parlamentar de Investigación para esclarecer as causas do accidente ferroviario do Alvia ocontecido en Angrois o 24 de xullo de 2013, no que faleceron 81 persoas e houbo numerosos feridos. “Ante o bloqueo do Goberno En Marea presenta no Congreso a […]
O vicevoceiro de En Marea Antón Sánchez rexistrou esta mañá unha iniciativa na Cámara galega co obxectivo de que a Xunta inste ó Congreso dos Deputados a “solicitude de que se constitúa unha Comisión de Investigación parlamentaria sobre as causas do accidente ferroviario acontecido en Angrois-Santiago o pasado 24 de xullo, así como sobre as condicións de […]
A portavoz do BNG en Europa, Ana Miranda, amosa a súa satisfacción trala xuntanza coa comisaria europea de Transportes, Violeta Bulc na sede da Eurocámara en Estrasburgo, na que a responsable comunitaria confirmou que, a efectos do Executivo europeo, o caso da traxedia do Alvia permanece aberto. Neste encontro, Miranda trasladou á comisaria a petición […]
En Marea considera que a Axencia Ferroviaria Europea volveu a lembrarlle ao goberno español e a ADIF que incumpriron as medidas de seguridade na curva de Angrois, unha vez que retiraron o sistema ERTMS sen establecer outro sistema de seguridade alternativo. Deste xeito, traspasaron toda a responsabilidade aos maquinistas. Europa recorda que non se respectou a […]
A portavoz do BNG en Europa, Ana Miranda reúnese mañá en Estrasburgo coa coa Comisaria europea de Transportes, Violeta Bulc á que trasladará a necesidade de abrir un novo procedemento de infracción contra o Estado español “por incumprir a normativa comunitaria na investigación do accidente ferroviario de Angrois”. Miranda pedirá á comisaria que se sume […]
A deputada de En Marea, Alexandra Fernández, e solicitante da comparecencia do candidato proposto por Fomento a presidir a CIAF (Comisión de Investigación de Accidentes Ferroviarios) deixou claro na súa intervención a oposición de En Marea a esta candidatura debido á súa falla de independencia. O resultado da votación foi: 19 votos a favor, 8 […]
A portavoz nacional, Ana Pontón, anunciou que o BNG vai iniciar contactos co grupo parlamentario do PSdeG de cara crear unha comisión de investigación sobre o accidente do Alvia, -tendo en conta que é posible se a solicitude se asina por tres grupos da Cámara-, despois do xiro xudicial que imputa ao ex xefe de […]
A portavoz do BNG en Europa, Ana Miranda, cursou unha solicitude da entrevista coa Comisaria europea de Transportes, Violeta Bulc, ante a negativa do Goberno central a realizar unha nova investigación independente do accidente de Angrois como demandan ás vítimas e os seus representantes, e pese ao demoledor informe da propia Comisión Europea poñendo en […]
Citando un poema de Rosalía sobre o dereito á xustiza a portavoz nacional, Ana Pontón, defendeu por cuarta vez no Parlamento galego a creación dunha comisión de investigación do accidente de Angrois esgrimindo tres argumentos: O dereito das vítimas a coñecer a verdade, esixencia de responsabilidades políticas e adoptar as medidas para evitar outra traxedia […]
O grupo parlamentario de En Marea solicitou no pleno do Parlamento de Galicia a creación dunha comisión de investigación para coñecer en profundidade o acontecido no accidente de Angrois, o máis grave da historia ferroviaria do noso país. Un debate que deixou en evidencia, unha vez máis, a hipocrisia do PP que por unha banda di […]
A eurodeputada galega denuncia que o Estado español lles segue a negar ás vítimas do Alvia e á sociedade o seu dereito á verdade. En presenza das vítimas, a Eurocámara pide unha investigación supervisada pola Comisión sobre as raíces profundas do sinistro. Lídia Senra, eurodeputada galega integrada no Grupo Confederal da Esquerda Unitaria Europea/Esquerda Verde […]
Tras ser rexeitada na primeira ocasión, esta mañá En Marea volveu trasladar á Xunta de Portavoces do Congreso o debate e votación sobre a necesidade de constituir no Parlamento unha comisión de investigación que depure responsabilidades políticas sobre o accidente de Angrois e restitúa ás vítimas e á sociedade en xeral no seu lexítimo dereito […]
O PP bloqueou esta mañá en solitario na Xunta de Portavoces do Congreso dos Deputados a proposta de En Marea de abrir unha comisión de investigación que aclare as causas do accidente de tren de Angrois, rexistrada na Cámara baixa xunto ao Grupo Parlamentario Mixto o pasado 10 de febreiro. Logo das quince mil sinaturas […]