🢂 ESTÁ NAVEGANDO EN LA SECCIÓN :

Cadea humana contra a continuidade de ELNOSA

Diante da posición do PP a favor da continuidade de ELNOSA na Ría máis alá do 29 de xullo do 2018 (data na que finaliza a sua concesión administrativa), a APDR convoca unha CADEA HUMANA para este SÁBADO 9 DE DECEMBRO ÁS 12:30 HORAS PARTINDO DA PRAZA DA LIBERDADE (detras do edificio de Afundación -antiga […]

Comunicado dos grupos ecoloxistas sobre a detención do compañeiro Miguel Martínez

As circunstancias que rodean a detención de Miguel Ángel Martínez Novoa causan preocupación en todo o ecoloxismo galego. Miguel é unha persoa coñecida, valorada e querida de todas as persoas que ao longo dos anos noventa do pasado século activaron a loita social contra o a deterioración da natureza no noso país. O Movimento Ecoloxista […]

Marcha contra Celulosas: Hoxe Elnosa, mañá Celulosas!

O Partido Popular, que concedeu de forma fraudulenta e vergoñenta o pasado ano unha prórroga de 60 anos á fábrica de pasta de papel de ENCE en Lourizán, semella estar disposto a saltarse de novo a lexislación e prorrogar tamén o uso do mercurio na electroquímica ELNOSA. De se levar adiante esta operación, trataríase dun novo […]

O plan de saneamento da ría de Pontevedra

Veñen de saír á luz algúns aspectos considerados no novo Plan de Saneamento da Ría impulsado pola Xunta de Galicia, e hai algúns deles que non por agardados deixan de ser preocupantes. Tal como recollen os medios, o goberno galego ten decidido xa facer un novo emisario que vertería máis afora do punto no que […]

A Asociación Pola Defensa da Ría convoca unha concentración en defensa dos montes contra as políticas forestais do Partido Popular

Como hai dez anos, Galiza sofre unha vaga de incendios forestais que está a destruír o noso patrimonio forestal, un patrimonio que –de non mudar esta dinámica incendiaria- está ameazado de morte. Porque os nosos montes arden ano tras ano en canto as condicións de temperatura, humidade e vento son propicias. Porque o monte galego […]

O Concello de Pontevedra acorda presentar un recurso na Audiencia Nacional contra a prórroga a ENCE

A batalla contra a prórroga outorgada a Ence por 60 anos cambia de escenario. A Xunta de Goberno do Concello de Pontevedra acordou interpoñer un recurso contencioso-administrativo ante a Audiencia Nacional contra a decisión do Ministerio de Medio Ambiente de ampliar a concesión da empresa pasteira para operar desde Lourizán ata o ano 2073. Esta […]