🢂 ESTÁ NAVEGANDO EN LA SECCIÓN :

Unha aplicación móbil permitirá mellorar a xestión da explotación da navalla na ría de Vigo

A navalla é un marisco bivalvo que, aínda que no pasado apenas tiña valor, na actualidade tense convertido nun recurso de alto valor comercial. Os cambios no modelo extractivo fan preciso avanzar no coñecemento sobre o seu ciclo reprodutivo e a súa variabilidade espacial para mellorar a xestión e facer deste sector un modelo sustentable. […]

A app do Sergas para guiar os pacientes polos centros sanitarios leva máis de 9000 descargas desde o seu lanzamento en xaneiro

O Servizo Galego de Saúde puxo en marcha en xaneiro a aplicación SIGUE (Sistema Intelixente de Xeolocalización de Usuarios en Edificios), un sistema pioneiro para a localización e guiado de pacientes no interior de varios dos seus centros. Desde entón leva 9.117 descargas, 5.386 a través Google Play y 3.731 da App Store de Apple. […]

O Concello lanza unha aplicación móbil para ver a vila romana de Toralla en realidade aumentada

Abel Caballero e Carmela Silva presentaron este xoves a aplicación gratuíta “Time Trip Experiencia: Toralla”, que amosa unha recreación veraz da vida na vila romana nos seus momentos de maior esplendor, momentos da vida cotiá, ademais de ofrecer toda a información sobre o xacemento.  O alcalde de Vigo, Abel Caballero, felicitou á tenente de alcalde […]

A plataforma É-Saúde xa permite o acceso de terceiras persoas autorizadas á carteira de servizos telemáticos dos pacientes

​A Plataforma É-Saúde permite xa que os pais, nais e titores, no caso dos menores de idade, ou os representantes legais ou persoas expresamente autorizadas polo paciente no caso dos maiores, accedan no nome dos titulares aos servizos telemáticos personalizados que se ofrecen neste dispositivo a Plataforma É-Saúde. Isto posibilita xestionar de modo máis directo […]

Mos crea unha App gratuíta para que as comunidades de augas lle comuniquen ó Concello obras e averías

A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, o concelleiro de Servizos, Camilo Augusto, e o edil de Vías e Obras mosense, Luis Alonso, informaron hoxe de que o Concello ven de reunirse con representantes de máis de 40 comunidades de augas de Mos (no municipio existen un total de 45 comunidades de augas). O motivo da […]