Novas análises apuntan a valores por riba dos límites da potabilidade da auga en varios concellos da área de Vigo

Novas análises realizadas polo Servizo de Control de Riscos Ambientais da Consellería de Sanidade apuntan a que se superaron os límites establecidos na normativa vixente da auga de consumo humano en varios concellos da área metropolitana de Vigo. Os controis preventivos realizados en varios puntos da rede de abastecemento de Vigo, Moaña e Redondela e […]

Neurocirurxiáns do Chuvi utilizan unha nova variante tras a intervención con endoscopia dun tumor cerebral

​Neurocirurxiáns do Chuvi foron recoñecidos a nivel nacional polo emprego dunha variante nova tras unha intervención mediante endoscopia para extirpar un tumor cerebral. De feito, a gravación da operación foi galardoada como o mellor vídeo presentado no recente congreso da Sociedade Española de Patoloxía de Base de Cranio, celebrado en Valencia. A novidade do caso […]

A Xunta inicia un novo curso nas súas escolas infantís de 0 a 3 anos con máis de 1300 nenos e nenas da área de Vigo admitidos

As escolas infantís de 0 a 3 anos da ‘Galiña Azul’ da Consellería de Política Social inician na xornada de hoxe un novo curso escolar cun total de 1318 nenos e nenas admitidos na área metropolitana de Vigo. No seu conxunto, Galicia pon a disposición das familias 22.439 prazas sostidas con fondos públicos entre as […]

A Xunta informa a área de Vigo das axudas e subvencións ás entidades locais para a promoción da igualdade neste 2017

A Xunta de Galicia, a través da Secretaría Xeral da Igualdade, vén de convocar as axudas e subvencións a entidades locais para a promoción da igualdade correspondentes ao 2017. As subvencións obxecto de esta convocatoria achegan 4.247.778,04 euros en toda a Comunidade, o que supón un aumento do 0,29% respecto ao importe do pasado exercicio, […]

Denuncian a gravidade das listas de espera cirúrxicas nos hospitais de Vigo

A Executiva Comarcal de Vigo da Federación de Sanidade de CCOO, denuncia as listas de espera nos hospitais de Vigo, as máis grandes de Galicia e unhas das maiores do estado. A chegada dun novo peche de camas nos meses do verán, non fará máis que incrementar as mencionadas listas de espera. Como exemplo, unha […]

O CHUVI avisa aos móbiles dos acompañantes dos pacientes cirúrxicos da evolución da intervención

O Hospital Álvaro Cunqueiro está a implantar un novo sistema de avisos aos familiares dos pacientes que están a ser intervidos nos quirófanos. Trátase dunha  plataforma de comunicación baseada no envío de SMS que chegan ao teléfono da persoa que o paciente ou os seus achegados designaron como contacto. O obxectivo desta iniciativa,  non é […]

O PAC de Vigo avalía a súa grande capacidade de resolución no seu primeiro ano de funcionamento

O Punto de Atención Continuada de Vigo cumpre mañá o seu primeiro ano de funcionamento -trala súa unificación no edificio anexo ao Hospital Xeral- cuns índices de actividade que constatan a súa eficacia e alta capacidade de resolución. Así, este dispositivo de atención ás Urxencias Extrahospitalarias atendeu o pasado ano a 58.359 pacientes. Destes, tan […]