🢂 ESTÁ NAVEGANDO EN LA SECCIÓN :

Nova xornada de mobilizacións en defensa da área sanitaria da Mariña

Este mércores, traballadoras/es da sanidade e usuarios/as volveron mobilizarse no Hospital da Costa e nos centros sanitarios da comarca da Mariña para esixir a retirada do anteproxecto de lei “que pretende borrarnos do mapa como área sanitaria”. Durante as protestas, a xunta de persoal volveu reclamar a capacidade de xestionar dende a comarca tanto os […]

Traballadores/as e usuarios/as inician as mobilizacións en defensa da área sanitaria da Mariña

Traballadoras e traballadores da sanidade xunto con veciñas e veciños da comarca, participaron este mediodía nas concentracións convocadas pola Xunta de Persoal en rexeitamento á reforma da Lei de Saúde formulada pola Consellaría que suporá, entre outras cuestións, a supresión da Área Sanitaria da Mariña. As protestas desenvolvéronse ao mediodía na entrada ao Hospital da […]

Supresión das áreas sanitarias: Dille non aos plans do PP!

A Xunta vén de presentar un anteproxecto de modificación da Lei de Saúde que suprime as áreas do Barco, A Mariña, Monforte e O Salnés, afastando así os servizos sanitarios das persoas. Até o 17 de agosto, o documento está aberto a suxestións no Portal da Transparencia. Dende a CIG convidámoste a que lle fagas […]

Presentan alegacións ao decreto “que deixa na periferia e na indefensión o/a doente”

A CIG-Saúde vén de presentar alegacións ao anteproxecto de modificación da Lei de Saúde de Galiza que, entre outras cuestións, contempla a supresión das áreas sanitarias do Salnés, A Mariña, Monforte e O Barco. A Federación da CIG solicita a paralización inmediata deste decreto e que o documento regrese á Mesa Sectorial como punto da […]

CIG-Saúde pide a retirada do anteproxecto que suprime as áreas sanitarias do Barco, A Mariña, Monforte e o Salnés

A CIG-Saúde solicita a retirada inmediata do anteproxecto de Lei presentado onte na mesa sectorial do SERGAS, polo que se suprimen as actuais áreas sanitarias do Barco, A Mariña, Monforte e O Salnés. A central sindical entende que o obxectivo do PP con esta reforma é avanzar nas políticas de desmantelamento da sanidade pública -dando […]