🢂 ESTÁ NAVEGANDO EN LA SECCIÓN :

Charla: Saúl, 2 anos de prisión por facer cancións

A Asemblea Aberta de Coia retoma a súa actividade este sábado 22 de abril. O motivo do regreso, de novo, a represión que volve a golpear en forma de procedemento xudicial a un rapaz do barrio. Saúl, veciño do barrio, compañeiro e membro da Asemblea enfróntase a un procedemento penal no que a Fiscalía solicita […]

Peche solidario en Coia para reclamar a absolución do activista Diego Lores

Asemblea Aberta de Coia inicia este domingo un peche solidario para reclamar a absolución do activista Diego Lores, que será xulgado o día 17 pola denuncia falsa por agresión dun axente municipal. O colectivo fai un chamamento a sumarse a esta nova acción en apoio da súa inocencia, coa que queren desmontar o que consideran […]

Semana solidaria coa loita na rotonda de Coia

A Asemblea Aberta de Coia e Baladre (Coordinación de loitas contra o paro, o empobrecemento e a exclusión social) organizamos unha semana de palestras e proxeccións en solidariedade coa loita na rotonda de Coia que leva por título: “Quérennos en soidade, téñennos en común”. A xira, que comeza o domingo 8 e remata o sábado […]

A Asemblea Aberta de Coia vai estar no Festival Audiovisual Curtopía que se vai celebrar en Vigo este sábado 22 de outubro.

Aproveitamos este evento para ESTREAR o VIDEO da loita na rotonda de Coia, dentro do ciclo “Loitas en comunidade” que dende as 19:00 fará un repaso por diferentes barrios do estado nos que veciñxs organizáronse para buscar respostas a problemas sociais. Máis info aquí: http://curtopia.es/loitas-en-comunidade En Curtopía presentaremos un video de 8 minutos que repasa […]

Asemblea Aberta de Coia convoca concentración con ocasión da citación de Diego

Dende a Asemblea Aberta de Coia convocamos unha concentración ás 11.00h. na porta dos Xulgados de Vigo (Edificio da Audiencia) o mércores 5 de outubro, con ocasión da citación do compañeiro Diego para notificarlle o escrito de acusación e o escrito do Ministerio Fiscal. Trala instrucción do procedemento, o Xulgado de Instrución nº 4 de […]

Teaser do video sobre a loita na rotonda de Coia

Partillamos un avance do video, en inglés “teaser”, que nuns días moveremos coincidindo coas novas no procedemento xudicial de Diego. O video repasa os meses de resistencia veciñal na rotonda de Coia, así como a represión empregada polo goberno municipal para intentar acalar as razóns da oposición da instalación do barco na rotonda de Coia. […]

CONCENTRACIÓN en SOLIDARIEDADE cos TITERITEIROS

Venres 12 febreiro ás 20:00 diante do MARCO Diversos colectivos da cidade queremos amosar a nosa condena á detención e encarceramento o pasado 5 de febreiro de Raúl e Alfonso, integrantes da compañía “Títeres desde Abajo” pola representación da obra satírica “La bruja y Don Cristóbal”. Parécenos intolerable a actuación do Xuíz da Audiencia Nacional […]

“Historias de árbores e fadas, de barcos e rotondas”, por Servando Barreiro e Manolo Pipas

“Historias de árbores e fadas, de barcos e rotondas”, por Servando Barreiro e Manolo Pipas Actuación chea de música e poesía na que presentarase o libro-disco a música das árbores de Anxo Moure, Servando Barreiro e Chus Láuzara e do caderno poético “o barco a rotonda e nós” do rotondiano cronista de Coia. historias de […]

Teatro solidario coa represión na rotonda de Coia

Na Asemblea Aberta de Coia temos o pracer de organizar unha peza de teatro: A AGULHA DE MAREAR. O domingo 18 de outubro a partires das 18:00 no salón de actos da parroquia Cristo da Vitoria (r/Baiona 9 b, Vigo) Unha actividade coa que buscamos recadar cartos e solidariedade fronte á represión sufrida nos meses […]

Video ‘A loita na rotonda de Coia’

A Asemblea Aberta de Coia organiza unha proxección solidaria coas multadas na loita da rotonda de Coia. Será o venres 8 de maio ás 20:00 no salón de actos da parroquia do “Cristo da Vitoria” e proxectaremos o vídeo “A loita na rotonda de Coia”. O video fai un repaso polas respostas dunha veciñanza que […]

Xoves 29 – Concentración na rotonda de Coia: “Globos contra o barco na rotonda”

– A Asemblea Aberta de Coia convoca mañá xoves 29 de xaneiro unha concentración na rotonda de Coia baixo o lema: “Globos contra o barco na rotonda”. Será a partires das 18:00 Centenas de globos servirán para dicirlle, moi clariño, ao alcalde algo que a veciñanza non quere o barco na rotonda de Coia. Queremos […]

CONCENTRACIÓN apoio da denuncia en contra do Concello de Vigo e Civis Global

– A Asemblea Aberta de Coia convoca o MARTES 27 de xaneiro ás 10:30 unha CONCENTRACIÓN diante dos XULGADOS de VIGO (r/Lalín, Vigo) en apoio dos representantes citados para ratificar e ampliar a denuncia admitida por Fiscalía en contra do Concello de Vigo e a empresa Civis Global ante a instalación do barco na rotonda […]

Concentración: “Nin esmola asistencial, nin barco na rotonda”

– A Asemblea Aberta de Coia convoca o XOVES 22 de xaneiro ás 18:00 unha CONCENTRACIÓNna ROTONDA de COIA baixo o lema: “NIN ESMOLA ASISTENCIAL, NIN BARCO NA ROTONDA. ESIXIMOS DEREITOS SOCIAIS” A veciñanza volvemos á rotonda para esixir dereitos sociais! O faremos por medio dun acto de rúa no que representaremos o “Vigo real” […]

Comunicado lido na manifestación en protesta pola rotonda de Coia

Estamos a construír soños colectivos! Nunha asemblea, convocada de urxencia o 3 de decembro, decidimos parar as obras da rotonda; e conseguímolo. Foi a primeira vitoria, pero non a máis importante. Sen decatármonos, no rexeitamento da veciñanza á instalación do Bernardo Alfageme na rotonda, estabamos a expresar cos nosos corpos en desobediencia que SI, SI […]

Asemblea Aberta de Coia convoca unha manifestación

– A manifestación será baico o lema : XUSTIZA SOCIAL. ¡NIN CARTOS NA ROTONDA, NIN ESTADO POLICIAL! Como na anterior manifestación, celebrada o pasado 12 de decembro, sairemos desde a Praza de América ás 20:00 para chegar, logo de percorrer a avenida de Castelao, á rotonda de Coia onde remataremos cunha concentración e coa lectura dun […]

Rolda de Prensa sobre o conflito da rotonda da Asamblea Aberta de Coia

A Asemblea Aberta de Coia e a Parroquia do Cristo da Victoria convocamos de urxencia unha Rolda de prensa nos locais da parroquia do Cristo da Vitoria(r/Baiona 9 baixo – Coia) ás 17h30 para valorar as detencións de tres persoas vinculadas ao noso colectivo, dar conta do sucedido e denunciar o crecemento das dinámicas de […]