🢂 ESTÁ NAVEGANDO EN LA SECCIÓN :

Palestra: “REDES de APOIO FRONTE á REPRESIÓN”

Dentro das actividades en apoio ao compañeiro Diego, traballador social e membro da Asemblea Aberta de Coia, o colectivo organiza unha nova actividade. O venres 4 de novembro a Asemblea organiza unha palestra co título “Redes de apoio fronte á represión” na que farán a presentación pública do vídeo no que se resume o que […]

Charla/Presentación da campaña de Obxección Fiscal aos Gastos Militares 2015

O Espazo Aberto Antimilitar continúa coas charlas de presentación da campaña de Obxección Fiscal aos Gastos Militares 2015. Nesta ocasión o novo local de Árbore (López Mora 30 – Vigo) acollerá este acto o venres 29 de maio ás 20:30. A obxección fiscal aos gastos militares é un acto de desobediencia civil que consiste en […]

A Asemblea Aberta de Coia leva a Carmela Silva perante o Xulgado por acusar de nazis e violentos

– 36 PERSOAS DA ASEMBLEA ABERTA DE COIA LEVAMOS A CARMELA SILVA PERANTE AO XULGADO POR ACUSARNOS DE NAZIS E VIOLENTOS En resposta ás descualificacións de Carmela Silva, tenente de alcalde do Concello de Vigo, a Asemblea Aberta de Coia acudimos ao xulgado para presentar unha denuncia colectiva. Aproveitando dita presentación convocamos unha CONCENTRACIÓN o […]

Concentración nos xulgados en apoio ao compañeira imputado

A Asemblea Aberta de Coia convoca unha concentración en apoio ao compañeiro imputado baixo o lema: Xustiza Social. Nin represión, nin mentiras policiais! A Asemblea Aberta de Coia convoca unha concentración para mañá, mércores 22 de abril, ás 10h30 perante aos Xulgados de Vigo, con motivo da citación para prestar declaración xudicial de Emilio Suárez, […]

A Asamblea Aberta de Coia denunciará á tenente de alcalde, Carmela Silva, por chamarlles “nazis” e “violentos” nunha rede social

Nunha asemblea celebrada onte a Asemblea Aberta de Coia tomou a decisión de denunciar a Carmela Silva pola comisión dun delito de inxurias e calumnias contra as integrantes do noso movemento, pola publicación na súa conta de twitter o pasado 29 de marzo, dunha afirmación na que se acusaba aos “antialfageme” de ser “nazis” e de impoñer a nosa […]

Concentración: Solidariedade coa loita polos dereitos sociais, solidariedade con Diego!

Tras as mentiras dos axentes da policía local, que están a empregar a presunción de veracidade que se lles supón en contra da veciñanza, este mércores o noso compañeiro Diego acode aos xulgados para explicar o acontecido o 15/12 na rotonda de Coia. Non estará só xa que a Asemblea Aberta de Coia convoca unha […]

Concentración: contra a criminalización da protesta. Basta de montaxes policiais!

A Asemblea Aberta de Coia convoca unha concentración: contra a criminalización da protesta. Basta de montaxes policiais! Será este xoves 12 de marzo ás 9:30, diante dos xulgados de Vigo. O goberno de Caballero e a súa policía local seguen na procura de castigos “exemplarizantes” para acalar as protestas de Coia en contra do barco […]

Valoración da Asamblea Abierta de Coia sobre a sentenza notificada a Xurxo

Con data 02/03/2015 foinos notificada a sentenza dictada polo Xulgado do Penal no 2 de Vigo que resolve o procedemento penal aberto a Xurxo, compañeiro da Asemblea Aberta de Coia, pola suposta agresión a un axente da Policía Local de Vigo. Dende a Asemblea queremos facer pública a nosa decepción e rexeitamento perante unha sentenza que finalmente condena a […]

Concentración: A pobreza que Caballero quere tapar con mentiras

– A Asemblea Aberta de Coia convoca á cidadanía a participar nunha concentración baixo o lema: “A pobreza que Caballero quere tapar con mentiras”. O luns 23 de febreiro ás 10:30 diante do Concello de Vigo volvemos á praza do Rei, nun día de pleno municipal, para representar aquelas situacións de pobreza que o goberno […]

INAUGURACIÓN VECIÑAL da COLOCACIÓN do BARCO e ROLDA de PRENSA

– A ASEMBLEA ABERTA de COIA convoca o SÁBADO 21 de febreiro un ACTO de INAUGURACIÓN VECIÑAL da COLOCACIÓN do BARCO na ROTONDA ás 11:30 na propia ROTONDA. Ao rematarmos faremos unha ROLDA DE PRENSA ofrecendo a nosa versión sobre o acontecido nestas últimas semanas de resistencia veciñal. Será ás 12:00 tamén na ROTONDA. Finalmente, […]

Concentración: PAREMOS O BARCO!

– Segundo aparece hoxe na prensa, o MÉRCORES 18 será o día no que se realice o traslado do Bernardo Alfageme dende o Berbés até a rotonda de Coia. Dende a Asamblea Aberta de Coia convocan o MÉRCORES 18, a toda a cidadanía a unha concentración ás 20:30 horas no peirao nº 4 de Beiramar (fronte […]

CONCENTRACIÓN: “Todas somos Xurxo. Caballero ordena, a policía mente” ás portas dos xulgados de Vigo

– O mércores 11 de febreiro , ás 10:30, celébrase o xuízo contra Xurxo nos xulgados de Vigo. Este compañeiro é unha das tres persoas imputadas debido á resistencia veciñal na rotonda de Coia. Desde Asemblea Aberta de Coia acompañaremos a Xurxo nesa data tan importante. Desde as 9:30 temos convocada unha concentración nas portas […]

EQUO apoia a manifestación en contra da dilapidación de diñeiro público no Concello de Vigo

A manifestación está prevista o venres, 16 de xaneiro, ás 20:00h, con comezo na Praza de América e remate na polémica rotonda de Coia. Desde EQUO convidamos a toda a cidadanía viguesa, que ve con preocupación como se están a gastar os cartos públicos en obras publicas non necesarias neste momento, a acudir á manifestación organizada pola […]