Con este coloquio queremos poñerlle voz e corpo ás mobilizacións veciñais na defensa do ben común. Coñecer as resistencias que se tecen para frear os intereses especulativos e electoralistas, colocando a vida e os dereitos sociais no centro. Reflexionar sobre a solidariedade e o apoio mutuo como ferramentas fronte a represión das que traballan pola […]
A Asemblea Aberta de Coia conseguiu reunir o apoio de centos de persoas de todo o Estado en prol da absolución do activista e referente social Diego Lores. Nun manifesto publicado no segundo aniversario da loita veciñal na rotonda, o colectivo reiterou na súa inocencia e insistiu na falta de probas aportadas pola acusación de […]
Dentro das actividades en apoio ao compañeiro Diego, traballador social e membro da Asemblea Aberta de Coia, o colectivo organiza unha nova actividade. O venres 4 de novembro a Asemblea organiza unha palestra co título “Redes de apoio fronte á represión” na que farán a presentación pública do vídeo no que se resume o que […]
“Historias de árbores e fadas, de barcos e rotondas”, por Servando Barreiro e Manolo Pipas Actuación chea de música e poesía na que presentarase o libro-disco a música das árbores de Anxo Moure, Servando Barreiro e Chus Láuzara e do caderno poético “o barco a rotonda e nós” do rotondiano cronista de Coia. historias de […]
Na Asemblea Aberta de Coia temos o pracer de organizar unha peza de teatro: A AGULHA DE MAREAR. O domingo 18 de outubro a partires das 18:00 no salón de actos da parroquia Cristo da Vitoria (r/Baiona 9 b, Vigo) Unha actividade coa que buscamos recadar cartos e solidariedade fronte á represión sufrida nos meses […]
A Asemblea Aberta de Coia, co apoio de Distrito 9, organizamos un CONCERTO SOLIDARIO coas PERSOAS DETIDAS e MULTADAS na LOITA da ROTONDA de COIA Será o SÁBADO 25 de abril a partires das 20:00 no local que Distrito 9 ten no camiño Figueirido 89 en Coia (Vigo). A música a porán os grupos: Zangief, […]
A Asemblea Aberta de Coia convoca de urxencia unha contrentración esta tarde na rotonda de Coia baixo o lema: Esiximos derereitos sociais non obras faraónicas. Será ás 19:00 na rotonda. As obras na rotonda van a toda velocidade, semella que Abel Caballero quere telas finalizadas antes do 31 de marzo, data a partir da cal […]
Ao redor de 50 persoas concentráronse esta maña unha vez máis nas inmediacións da rotonda de Coia. Pero hoxe contamos cunha compañeira novidosa, á da mediática monxa de clausura Sor Lucia Caram que acompañounos nesta reivindicación. A veciñanza xunto con Sor Lucía demos unha simbólica volta á rotonda que rematou dentro da mesma, deixando claro […]
Tras as mentiras dos axentes da policía local, que están a empregar a presunción de veracidade que se lles supón en contra da veciñanza, este mércores o noso compañeiro Diego acode aos xulgados para explicar o acontecido o 15/12 na rotonda de Coia. Non estará só xa que a Asemblea Aberta de Coia convoca unha […]
Con data 02/03/2015 foinos notificada a sentenza dictada polo Xulgado do Penal no 2 de Vigo que resolve o procedemento penal aberto a Xurxo, compañeiro da Asemblea Aberta de Coia, pola suposta agresión a un axente da Policía Local de Vigo. Dende a Asemblea queremos facer pública a nosa decepción e rexeitamento perante unha sentenza que finalmente condena a […]
– A Asemblea Aberta de Coia convoca á cidadanía a participar nunha concentración baixo o lema: “A pobreza que Caballero quere tapar con mentiras”. O luns 23 de febreiro ás 10:30 diante do Concello de Vigo volvemos á praza do Rei, nun día de pleno municipal, para representar aquelas situacións de pobreza que o goberno […]
– Segundo aparece hoxe na prensa, o MÉRCORES 18 será o día no que se realice o traslado do Bernardo Alfageme dende o Berbés até a rotonda de Coia. Dende a Asamblea Aberta de Coia convocan o MÉRCORES 18, a toda a cidadanía a unha concentración ás 20:30 horas no peirao nº 4 de Beiramar (fronte […]
Os colectivos que asinamos este comunicado condenamos o aumento da represión nas protestas sociais e amosamos, de xeito público, o noso apoio a unha loita fortemente reprimida por parte de Abel Caballero e do seu goberno que non dubidou en empregar á policía local en contra da veciñanza. Por todo isto, queremos amosar o noso total apoio ás […]
– A Asemblea Aberta de Coia convoca mañá luns 9 de febreiro unha concentración diante do Concello de Vigo (Praza do Rei) baixo o lema: “Globos contra o barco na rotonda”. Será a partires das 11:00 Centenas de globos servirán para dicirlle, moi clariño, ao alcalde algo que a veciñanza non quere o barco na […]
Desde a Asemblea Aberta de Coia convocamos unha serie de actividades que teñen como obxectivo unha data, o mércores 11. Ese día, ás 10:30 nos xulgados de Vigo, celébrase o xuízo contra Xurxo, unhas das tres persoas imputadas por mor da montaxe ordenada por Abel Caballero, alcalde de Vigo. O alcalde quere acalar a loita […]
– Esquerda Unida de Vigo considera propia da “dereita rancia” a política de persecución e criminalización do Alcalde dos Colectivos Sociais que se opoñen a rotonda de Coia. O coordinador local de EU considera pide a Policía Local que denuncie ante o comité de empresa e inspección de traballo o uso “paramilitar” que o alcalde pretende facer […]
A Asemblea Aberta de Coia convocou unha concentración no xulgado de Vigo en apoio de Xurxo, compañeiro detido na rotonda de Coia. Foi o xoves 8 de xaneiro a partires das 11h15. Ademais desde as 10h30 estiveron diante da delegación de facenda en Vigo recollendo sinaturas de apoio en contra da vontade do goberno municipal de chantar […]
Dende a Asemblea Aberta de Coia pensamos que a xestión do patrimonio cultural é demasiado importante para deixalo só ao abeiro de decisións políticas, cuxas miras non van máis alá duns poucos meses ou, ao sumo, esténdese a catro anos vista. Paralizamos as obras da rotonda polo gasto insultante e inmoral dunha obra nun barrio […]
– A Asemblea Aberta de Coia convoca aos medios de comunicación a unha nova rolda de prensa na rotonda de Coia.– Será o martes 23 ás 11:30 na rotonda de Coia. Nesta convocatoria farase unha valoración destas semanas de mobilizacións que conseguiron parar as obras que tiñan como fin acoller ao barco Bernardo Alfageme. Ademais […]
O luns 22 hai pleno extraordinario no Concello de Vigo. Unha das mocións tratará o tema das obras na rotonda de Coia. Acude ao pleno para visualizar o rexeitamento á intención do goberno de chantar o barco na rotonda. NON ao BARCO na ROTONDA de COIA! Os cartos para as persoas! PRENSA ASAMBLEA COIA
– A Asemblea Aberta de Coia estará maña desde as 20.00 nos arredores do estadio de Balaídos ofrecendo información e recollendo sinaturas en contra da instalación do barco Bernardo Alfageme na rotonda de Coia. Montaremos unha mesa no cruce de Fragoso con Eugenio Kraff e repartiremos volantas entre a xente que vaia a ver o […]
A veciñanza do barrio e da cidade paramos as máquinas! E non marcharemos até que os centos de miles de euros que pensaban tirar nesta obra vaian destinados a cubrir as necesidades das persoas! Levamos máis dunha semana na rotonda e, malia os intentos do alcalde e do seu goberno, aquí permaneceremos até que manifesten […]
Segundo decidimos en Asemblea veciñal na rotonda de Coia (día 9 de decembro), esta mañá fixemos entrega no rexistro xeral da Xunta de Galicia (remitindo copia tamén ao Concello de Vigo, a título informativo) dun escrito solicitando ante a Consellería de Cultura o inicio do expediente para declarar o barco “Bernardo Alfageme” como Ben de […]