🢂 ESTÁ NAVEGANDO EN LA SECCIÓN :

A.V. de Teis, esixe a Abel Caballero que impida que Guixar sexa unha base loxística de contenedores

A Asociación Veciñal de Teis, tomou a decisión de convocar a manifestación do pasado martes, nunha asemblea veciñal, pois a pesar das denuncias e concentracións as empresas continúan funcionando, no caso concreto da empresa de almacenamento, incumprindo un cese de actividade cautelar. Este é un problema que padece a veciñanza desde hai anos, sen que […]

Demandan a construción dun novo parque infantil en Teis

Desde a Asociación Veciñal de Teis, consideran necesario que o Concello de Vigo, mellore os parques infantís existentes e a construción dun novo parque infantil, como por exemplo na parcela municipal fronte ao auditorio municipal de Teis, na rúa dos Irmáns Misioneiros dos Enfermos Pobres. Esta propiedade municipal carece de uso e está abandonada e podería […]

Charla do reitor da Universidade en Teis, para explicar o proxecto do “CAMPUS DO MAR” na ETEA

A Asociación Veciñal de Teis, organiza unha charla- coloquio con Salustiano Mato, reitor da Universidade de Vigo, estemércores 5 de abril ás 19:30 horas, no local da asociación, para explicar o proxecto do Campus do Mar na ETEA. A Asociación sempre apoiou a realización deste proxecto, promovido pola Universidade de Vigo, porque permitirá: a presenza […]

A.V. de Teis, trasládalle o consorcio, o apoio ao proxecto do “CAMPUS DO MAR”

Está mañá unha representación da xunta directiva da Asociación Veciñal de Teis, mantivo unha xuntanza con Teresa Pedrosa, delegada do Consorcio da Zona Franca de Vigo, para tratar sobre o “Campus do mar” nos terreos da ETEA. Nesta xuntanza, trasladámoslle o Consorcio da Zona Franca de Vigo, o noso apoio a que se realice o […]

A asociación veciñal de Teis organizará unha comparsa no entroido, sobre a reivindicación do autobús ao Hospital

Onte a veciñanza de Teis, saíu en manifestación unha vez máis, para demandar unha conexión en autobús desde Teis ao hospital Alvaro Cunqueiro. Na asemblea celebrada ao final da manifestación, acordouse cara o entroido deste ano, organizar unha comparsa coa temática da reivindicación do autobús. Polo que imos realizar unha xuntanza aberta a veciañnza para […]

Acto simbólico sobre a mellora do autobús ao Hospital Álvaro Cunqueiro

A Asociación Veciñal de Teis, este mércores 4 de xaneiro ás 11:15 horas, acto simbólico, a xunta directiva da asociación, levara até a lonxa do Concello a replica dun autobús. Tamén presentaremos no rexistro unha solicitude dunha xuntanza co Alcalde e a Concelleira de Transporte, diante da falta dunha solución a reivindicación veciñal da mellora […]

Case 4.000 sinaturas, Teis merece unha resposta e un Vitrasa urxente para o Hospital Álvaro Cunqueiro

A Asociación Veciñal de Teis, logo do éxito das mobilizacións dos meses de setembro, outubro e novembro a asociación convoca unha nova manifestación este martes 22 de novembro ás 19:00 horas, desde o mercado de Teis.  A pasada semana presentamos no Concello 3.654 sinaturas, para reivindicar do Concello de Vigo, un autobús directo desde Teis ao Hospital Alvaro Cunqueiro. Diante […]

A A.V. de Teis organiza un magosto este sábado 12 de novembro a partir das 17:30h

A Asociación Veciñal de Teis, organiza este vindeiro sábado 12 de novembro a partir das 17:30 horas, no noso local social. Haberá castañas de balde para veciñanza e bebidas a prezos populares. Temos previsto asar máis de 200 quilos de castañas O magosto, contará coas actuacións ás 17:30 horas dun pallaso Circo Chosco Forzudos, para […]