🢂 ESTÁ NAVEGANDO EN LA SECCIÓN :

A FGAMT-CIG pídelle axilidade á Xunta no proceso de rescate da concesión da liña Viveiro-Ribadeo

Diante do anuncio de que a Xunta vai iniciar o proceso para a retirada  da concesión da liña de autobús A Mariña-Viveiro-Ribadeo á UTE Autos Morán-Autocares Rodríguez Domínguez, a FGAMT-CIG urxe á administración galega que formalice o rescate do servizo para non seguir prexudicando os traballadores/as afectados/as. O secretario comarcal da FGAMT-CIG de Lugo-A Mariña, […]

A falta de decisións da Consellaría mantén nunha total incerteza ao persoal do transporte non subrogado

Este martes tiveron lugar as conciliacións previas polo proceso frustrado de subrogación entre as empresas Arriva Noroeste e a UTE Autos Morán-Autocares Rodríguez Domínguez -compañía que actualmente se encarga de liña “A Mariña-Viveiro-Ribadeo, con anexos” e que se negou a asumir a totalidade do persoal subrogábel para este servizo-. As demandas presentadas -relativas ao persoal […]

Critican a “tolerancia” da Xunta coas empresas de transporte que incumpren os pregos

O pasado venres, os traballadores de Arriva Noroeste non subrogados pola UTE Autos Moran-Autocares Rodríguez Domínguez (nova adxudicataria da liña regular ‘A Mariña-Viveiro-Ribadeo, con anexos’) mantiveron un encontro con José Manuel Balseiro Orol, Delegado territorial da Xunta de Galiza en Lugo, para expor a situación laboral na que se atopan e demandar da administración unha […]

A UTE adxudicataria da liña A Mariña-Viveiro-Ribadeo négase a subrogar a 15 traballadores/as

As negativas consecuencias do plan de transportes de viaxeiros/as por estrada da Xunta estanse a notar dende o primeiro día: a UTE Autos Morán-Autocares Rodríguez Domínguez (que ten adxudicada a liña regular “A Mariña-Viveiro-Ribadeo, con anexos”) négase a asumir á totalidade dos traballadores e traballadoras de Arriva Noroeste que son sobrogábeis para este servizo. O […]

As asembleas de persoal do transporte ratifican por ampla maioría os acordos e desconvocan a folga

As asembleas de traballadores e traballadoras realizadas a última hora da tarde do mércores aprobaron por ampla maioría os acordos acadados nas mesas provinciais e na mesa galega do transporte para os novos convenios colectivos. Deste xeito queda desconvocada de maneira definitiva a folga nos autobuses de viaxeiros/as -que permanecía suspendida dende o pasado día […]

Ethel Vázquez destaca que o acordo cos sindicatos blinda a estabilidade do emprego no Plan de transporte

A conselleira de Infraestruturas e Vivenda, Ethel Vázquez, destacou hoxe que o acordo acadado cos sindicatos blinda a continuidade e a estabilidade do emprego no Plan de transporte público ata os máximos parámetros legais posibles, con medidas de gran calado social e laboral. A titular de Infraestruturas compareceu hoxe a petición propia no Pleno da […]

Avanzan as negociacións coa Consellaría, pero mantéñense as xornadas de paro no transporte

A xuntanza deste venres entre as centrais sindicais e a Consellaría de Infraestruturas deixa avances nas cuestións referidas ao persoal, mais dende a representación social xa se advertiu que o plan de transportes da Xunta segue estando en cuestión, polo que se manteñen as dúas xornadas de folga convocadas no sector para o martes e […]

“A Xunta debe aclarar que pasará coas rutas de autobús se, como todo indica, quedan contratos desertos”

Ante as informacións que a Consellaría de Infraestruturas está difundindo interesadamente a través dos medios de comunicación a respecto do anteproxecto do plan de transportes e os motivos que levan á convocatoria de folga, a FGAMT-CIG quere facer as seguintes aclaracións: 1. Non é certo que haxa máis de 80 empresas presentadas aos contratos do […]

CCOO repróchalle a Ethel Vázquez que «engane a cidadanía» sobre o modelo de transporte que propón a Xunta

Comisións Obreiras (CCOO) repróchalle á conselleira de Infraestruturas, Ethel Vázquez, que «engane a cidadanía» sobre o modelo de transporte de viaxeiras e viaxeiras en autobús que propón a Xunta. No sindicato coidan «vergoñento» que a dirixente autonómica se «escude» na experiencia de Castela e León, cando o sistema que fuciona nesa comunidade é diferente ao […]

O terceiro día de folga volve parar o transporte de viaxeiros/as

Como era de agardar, a terceira xornada de folga no transporte de viaxeiros/as por estrada está a rexistrar un seguimento que practicamente acada o 100% do servizo, sen apenas actividade nas estacións de autobuses de todo o país e con escaso tránsito nas zonas rurais. Diante deste novo éxito, as centrais sindicais urxen a Consellaría […]

A Xunta chama á responsabilidade no cumprimento dos servizos mínimos na folga de transporte e o respecto aos dereitos dos traballadores e ás necesidades dos escolares

A Xunta de Galicia chama á responsabilidade para facer posible o dereito á folga co cumprimento dos servizos mínimos establecidos e o respecto ás necesidades dos escolares e das súas familias, así como aos dereitos dos traballadores que decidiron acudir hoxe aos seus postos de traballo. Ante a convocatoria sindical de dúas xornadas de folga […]