🢂 ESTÁ NAVEGANDO EN LA SECCIÓN :

Turismo de Galicia organizou 39 viaxes de familiarización para que axentes de viaxes e xornalistas coñeceran a comunidade

Organizadas por Turismo de Galicia, este ano tiveron lugar na Comunidade galega un total de 39 viaxes de familiarización turística, un xeito de promover o destino que se basea no coñecemento ‘in situ’ da oferta e os servizos por parte de operadores turísticos e xornalistas. Estas viaxes teñen, por un lado, unha grande importancia para […]

Mercadillo artesán e Belén solidario, os protagonistas do Nadal no Pazo de Mos

O grupo de veciños/as ‘Armouse o Belén’ da parroquia de Mos organiza con motivo do Nadal un mercadillo de artesáns na contorna do Pazo de Mos os días 23 e 24 de decembro a partires das 11.00 horas da mañá. Os organizadores desta iniciativa considérana “un xeito ideal de mercar agasallos de calidade para familiares […]

A Xunta expresa o seu pesar pola morte do profesor Simon Barton, membro do Comité Internacional de Expertos do Camiño de Santiago

A Xunta de Galicia ten recibido con gran pesar a noticia do falecemento, en días pasados, do profesor Simon Barton que desde 2014 formaba parte do Comité Internacional de Expertos do Camiño de Santiago, onde tiña desenvolvido neste período unha importante achega pola súa valía intelectual e persoal. Destaca a súa tarefa na difusión do […]

Última Mesa do Camiño e visita ao Belén do Pazo como preludio do Nadal en Mos

Esta tarde celebrouse a última Mesa do Camiño do Concello de Mos do ano 2017, presidida pola directora da Axencia de Turismo de Galicia, Nava Castro, quen aproveitou para visitar o Belén do Pazo de Mos que, xunto co de Herville, son os dous nacementos mosenses que figuran na Guía de Turismo de Galicia de […]

Turismo de Galicia participou en 41 feiras sectoriais ao longo do ano 2017, das que 25 foron no estranxeiro

O destino Galicia foi promovido este ano en 41 feiras sectoriais e encontros profesionais, de acordo coa actividade de Turismo de Galicia que levou a oferta, os servizos e os produtos turísticos galegos a 25 certames internacionais e 16 nacionais, o que permitiu unha promoción global nos distintos mercados mundiais. Ao longo dos últimos 12 […]

A Xunta felicita a Baiona pola súa contribución para conseguir facer das Rías Baixas un dos destinos máis sustentables do mundo

A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, acompañada do delegado territorial da Xunta en Vigo, Ignacio López-Chaves, entregaron xoves ao alcalde de Baiona, Ángel Rodal, o distintivo de Sustainable Destination Top 100, un recoñecemento outorgado polo organismo internacional Green Destinations que posiciona a este municipio galego entre os mellores destinos sustentables mundo. A súa […]

Londres acolle unha exposición do Camiño de Santiago, que cada ano recibe case 6.000 peregrinos británicos

A hospitalidade e acollida do Camiño de Santiago divulgaranse a partir da próxima semana en Londres, coa chegada dunha mostra itinerante organizada por Turismo de Galicia, que está a percorrer con éxito diferentes localidades para afondar na esencia dos valores xacobeos a través da arte. A exposición poderá visitarse a partir deste luns no Royal […]

Galicia celebra que a Unesco recoñeza o gran valor do ‘Códice Calixtino’ coa súa inscrición no Rexistro da Memoria do Mundo

A Xunta de Galicia quere expresar a súa satisfacción e celebra que a Unesco recoñeza o alto valor e significado do Códice Calixtino coa súa inscrición no Rexistro da Memoria do Mundo. Logo da recomendación do Comité Consultivo Internacional, o manuscrito medieval que se conserva no arquivo da Catedral de Santiago pasa a formar parte […]

Galicia recibiu en setembro un 2% máis de turistas e xa suma preto de 4,2 millóns de visitantes no que vai de ano

O sector turístico galego continúa a crecer a bo ritmo, avanzando de xeito sostido no seu modelo de turismo responsable, e acada novos récords en setembro. No noveno mes do ano, Galicia recibiu un 2% máis de visitantes, o que lle permite sumar preto de 4,2 millóns no conxunto de 2017, cifra que supón un […]

Galicia acollerá ata o domingo un congreso europeo para promover a Comunidade galega como destino de turismo náutico

Representantes de máis de 20 clubs e asociacións náuticas de preto de 10 países de Europa reuniranse desde este venres e ata o domingo en Baiona no congreso europeo de turismo náutico Galicia, Atlantic Destination que promoverá a nosa Comunidade como destino. A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, e o presidente de Portos de Galicia, […]

O papel da Ribeira Sacra como exemplo do turismo tranquilo e sustentable que caracteriza a Galicia

No modelo de turismo tranquilo e sustentable que caracteriza a Galicia, e no que a Xunta está a afondar coa Estratexia de turismo de Galicia 2020, a Ribeira Sacra ten un destacado protagonismo. Así o puxo de manifesto hoxe a directora de Turismo do Goberno autonómico, Nava Castro, durante a presentación da Guía práctica da […]

O turismo internacional gaña cota de mercado en Galicia ao supoñer xa case catro de cada dez viaxeiros no mes de setembro

O turismo internacional está a gañar nos últimos meses cota de mercado en Galicia, ata chegar a supoñer xa case catro de cada dez viaxeiros aloxados durante o mes de setembro, unha cifra nunca antes alcanzada neste mes. Así se desprende da Enquisa de Ocupación Hoteleira feita pública hoxe polo Instituto Nacional de Estatística (INE), […]

O Consello Xacobeo inicia os trámites para que o Xacobeo 2021 sexa declarado acontecemento de excepcional interese público

A Comisión Executiva do Consello Xacobeo reuniuse hoxe en Santiago de Compostela para avanzar en diversos acordos e iniciativas entre a Administración Xeral do Estado e as comunidades autonómas. A xuntanza estivo presidida por Óscar Sáenz de Santamaría, director xeral de Industrias Culturais e do Libro do Ministerio de Educación, Cultura e Deporte. Entre as […]

O turismo de Galicia preséntase en Canadá a través da feira International Tourism & Travel Show

A cidade de Montreal, en Canadá, acolle estes días a feira International Tourism & Travel Show, na que Turismo de Galicia presenta a oferta turística da Comunidade galega. Esta é a vixésimo novena edición deste certame profesional aberto tamén ao público xeral e que está considerado como un dos máis importantes do norte de América. […]

O número de solicitudes presentadas no rexistro de vivendas de uso turístico supera xa as 4.200 en toda a comunidade galega

O número de vivendas de uso turístico cuxos propietarios presentaron xa a súa solicitude para operar en Galicia avanza a bo ritmo. Desde que o novo decreto que regula este tipo de aloxamentos entrara en vigor, no mes de maio, a cifra non deixou de medrar e a día de hoxe se contabilizan máis de […]