🢂 ESTÁ NAVEGANDO EN LA SECCIÓN :

A Xunta comeza a renovación dos equipos nos centros educativos que empregan o libro dixital coa distribución de 1.200 ultraportátiles

A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) en colaboración coa Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, iniciaron a pasada semana a renovación do equipamento nos centros adheridos a iniciativa E-Dixgal do Proxecto Abalar. En total, completouse a entrega de 1.200 ultraportátiles nunha vintena de centros que empregan o libro dixital. A distribución […]

A rede CeMIT conectará a preto de 1.600 nenos e nenas de toda Galicia con Papá Noel a través de videoconferencia

Entre os días 11 e 21 de decembro preto de 1.600 alumnos de educación infantil de 32 concellos de Galicia poderán realizar as súas peticións de Nadal a Papá Noel grazas á rede de videoconferencia das aulas CeMIT, presentes en todas as comarcas galegas. Os escolares de Educación Infantil de Betanzos, Celanova e Barreiros serán […]

A Memoria dixital de Galicia preséntase no foro estatal sobre cultura intelixente

A directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, (Amtega), Mar Pereira, e o secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, presentaron esta mañá en Madrid a iniciativa Memoria Dixital de Galicia no Foro “Cultura Intelixente”, organizado pola entidade estatal Red.es. No encontro, no que participaron preto de 30 representantes de entidades estatais para debater […]