🢂 ESTÁ NAVEGANDO EN LA SECCIÓN :

O BNG denuncia o uso partidista que fai Caballero das actuacións municipais, ao servizo do partido de goberno

– A fronte nacionalista critica que o anuncio das axudas de emerxencia se realice en período electoral mentres o ano pasado se tramitaron no último trimestre O responsable local do BNG e coordinador da campaña destas eleccións municipais, Henrique Viéitez, expresa a máis firme condena da instrumentalización que fai o candidato socialista da actividade municipal ao servizo do partido gobernante. […]

Concentración: Fronte á esmola das axudas do Concello, esiximos dereitos sociais!

O vindeiro mércores 18 de febreiro, ás 10h00 celebrarase un novo xuízo contra o Departamento de Benestar Social do Concello de Vigo, iniciado por unha compañeira da ODS-Coia, en reclamación contra a resolución pola que se lle denega unha Axuda de Emerxencia Municipal (AEM) para débedas de subministración (luz e gas). En apoio desta compañeira, […]

O Concello de Vigo endurece as bases da Axudas de Emerxencia Municipais 2015

– Xa son públicas as bases das Axudas de Emerxencia Municipais (AEM) para o ano 2015 Malia seren aprobadas na xunta de goberno do 30/12/14, non foron subidas á web até a terceira semana do mes de xaneiro de 2015. Días antes, o 10/01/15, fixeramos unha petición no rexistro para que se fixeran públicas as […]

As Axudas de Emerxencia Municipais: crónica dun fracaso interminable

Como lembramos noutras ocasións nas mans do departamento de Benestar Social do concello de Vigo está que accedamos (ou non) ás escasas axudas sociais existentes, tanto da Xunta como do propio concello. Os meses de agarda por unha RISGA, polo “cheque social”, por unha Axuda de Emerxencia Municipal (AEM)… súmanse ás distintas violencias que sofren […]

As escusas do Concello para non solucionar o colpaso na tramitación das Axudas de Emerxencia Social

Unha vez máis desexamos denunciar a insoportable demora que nos últimos meses se está a dar na xestión das Axudas de Emerxencia Municipal (AEM), que teñen como obxectivo “satisfacer necesidades básicas en relación coa alimentación, o aloxamento ou calquera outra situación que poida supoñer un factor de marxinalidade ou risco de exclusión social”. Debido ao […]

A concelleira de Benestar Social non é quen de dar solucións ao colapso das Axudas de Emerxencia Municipais

Centos de nenos e nenas estaban na praza do rei para celebrar o Correlingua. Non o sabiamos, pero Isaura Abelairas alí estaba para abrir o acto desta festividade da lingua galega. Coma tantas outras veces, a anterior o venres 2 de maio, ducias de persoas acudiamos ás portas do concello para denunciar o atasco na […]

Crónica da concentración perante o colapso das Axudas de Emerxencia Municipais

Hoxe o concello celebraba un pleno extraordinario no que se aprobaron os orzamentos para 2014. Ao mesmo tempo a praza do rei acollía dúas concentracións: unha reclamando dereitos sociais e outra da veciñanza de Teis a propósito do conflito polo centro cívico do barrio. Convocadas pola ODS-Coia, a Parroquia Cristo da Victoria e o Grupo […]

2/05 – Concentración perante o colapso das Axudas de Emerxencia Municipais

 Xa anunciáramos na convocatoria do 25 de abril que Se Mahoma non vai á montaña… iriamos nós onda eles. Por iso o VENRES 2 de maio, a partires das 10h00, a ODS-Coia, o Grupo de Axitación Social e parroquia do Cristo da Victoria convocamos unha CONCENTRACIÓN ás portas do CONCELLO. E de novo convidamos ao alcalde e á concelleira a que ofrezan […]