O alcalde deu conta hoxe xoves do inicio da tramitación administrativa que permitirá outorgar os cheques sociais. Articulados en tres bloques, o programa de axudas de emerxencia está dotado con 842.000 euros, aos que se suman outros 50.000 euros, para axudas destinadas á adaptación dos fogares de persoas, que por idade ou por algunha discapacidade, […]
O problema xorde co prazo para xustificar estas axudas, que remata o 11 de decembro. Iso quere dicir que, se tiveches a sorte de recibir a resolución o 30 de novembro, quedarache menos dunha semana para poder atopar, mercar, pagar, identificar e certificar o gasto subvencionado, xa que teremos polo medio dúas fins de semana […]
O delegado da Xunta en Vigo, Ignacio López-Chaves, cifrou hoxe nun 80 por cento as subvencións autonómicas ás que o Concello vigués non se presenta. Tralas declaracións públicas do alcalde, Abel Caballero, afirmando que a cidade é a urbe galega que menos axudas recibe do Goberno galego, o representante territorial ironizou hoxe co feito de […]
Onde máis eucalipto hai en Galicia, na Mariña lucense e en Ferrolterra e Ortegal, a penas hai lumes, pero se os houbese, o monte, unha masa continua de eucaliptais, convertiríase nun polvorín. Os propietarios forestais do norte galego están a tomar conciencia do perigo, tralas vagas de lumes de Galicia e Portugal, e queren impulsar […]
Compareceron diante dos medios de comunicación a secretaria xeral do SLG, Isabel Vilalba Seivane; Bernardo Estévez, viticultor que ten unha pequena adega no Ribeiro e responsábel do Sector do Viño na organización agraria; e Samuel Formoso, gandeiro da parroquia de Gomareite (Vilar de Barrio) que cría vacas de carne co selo de Tenreira Galega Suprema. […]
O deputado provincial de Mobilidade, Uxío Benítez, anunciou hoxe que a Deputación de Pontevedra subvencionará a redacción de Plans de Mobilidade Sustentable (PMS) a todos os concellos da provincia. O nacionalista destacou que o obxectivo desta liña de axudas provincial é que os municipios conten con ferramentas e documentos estratéxicos que fagan unha diagnose da […]
O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a Orde conxunta que establece as bases reguladoras das axudas previstas polo Decreto 102/2017, do 19 de outubro, de medidas urxentes de axuda para a reparación de danos causados polos incendios que se produciron en Galicia durante o mes de outubro do ano 2017. Mediante esta Orde, que prevé un […]
A CIG-Ensino denuncia que mentres a Consellaría de Educación practica “un recorte sistemático, inxustificado e inaceptábel no ensino público”, suprimindo centros, unidades e profesorado, mantén inalterada desde 2012 a partida económica destinada aos centros privados concertados para a atención do alumnado con necesidades específicas de apoio educativo. Estas axudas, apuntan, supoñen unha discriminación inaceptábel, xa […]
O alcalde demandou esta mañá recursos para políticas de xuventude na cidade, logo de criticar a rebaixa de máis de 5 millóns de euros que a Xunta ven aplicando desde 2009. En declaracións aos medios, demandou ao goberno autonómico regresar aos estándares de investimento de hai 8 anos cando a partida era de 19,7 millóns […]
Según informes do propio goberno municipal a través da súa concellería competente en educación nos confirman que reiteradamente a inversión social efectiva para subvencións de comedores escolares apenas alcanza o 30% do comprometido na partida do orzamento municipal anual. Aprioristicamente podría parecer anómalo que esta partida xa exigua de inicio, aproximadamente 6.000€ para 1.200 alumnos […]
Abel Caballero explicou que se dedican programas como o servizo de transporte do programas de maiores, o de respiro familiar ou obras de reparación no Albergue. O Concello financia con 7.000 euros a organización da Festa do Mexilón e presta cinco pezas do Quiñones de León ao Museo Nacional de Arqueoloxía. A Xunta de Goberno […]
A directora xeral de Comercio e Consumo, Sol Vázquez Abeal, destacou hoxe a aposta que o Goberno da Xunta está a realizar polo asociacionismo comercial na súa vista, xunto co delegado territorial da Xunta en Vigo, Ignacio López-Chaves, á praza de abastos do Porriño. A directora xeral informou de que a Xunta apoiará con máis […]
O Diario Oficial de Galicia publica hoxe (http://bit.ly/2vFDSlJ) a orde de axudas para fomentar actuacións encamiñadas á protección dos animais de compañía abandonados en Galicia. A Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio convoca hoxe estas subvencións que disporán dun orzamento total de 300.000 euros dirixidas principalmente ás corporacións locais que ostenten a competencia […]
A Xunta vén de abrir o prazo de solicitude (remata o 2 de outubro) para acceder ás axudas de fomento do emprego estable e de calidade nas empresas innovadoras de base tecnolóxica, incluídos os autónomos. O programa de apoio para as Iniciativas de Emprego de Base Tecnolóxica (IEBT), que vén de publicarse no DOG, está encamiñado […]
A Xunta de Goberno Local, segundo informou Caballero este xoves, aprobou o convenio cos Hermanos Misioneiros dos Enfermos Pobres, destinando 114.000 euros ao funcionamento do seu albergue e ao reparto de alimentos a familias que o precisan. O alcalde vigués indicou que o albergue dos Hermanos Misioneiros dos Enfermos Pobres acolle a persoas que o […]
Segundo informou este martes o alcalde, o goberno vigués aprobou o plan de emprego en apoio a entidades sen ánimo de lucro, un millón de euros en total para empregar a 200 profesionais en ata 63 organizacións beneficiarias. O goberno vigués acordou este martes adicar un millón de euros a 63 entidades sen ánimo de […]
A secretaria xeral de Igualdade, Susana López Abella participou hoxe na conferencia sectorial de Igualdade, onde foron acordadas a distribución das axudas para as comunidades autónomas polas que Galicia percibirá do Estado, un total de 326.776 euros para o desenvolvemento de programas e servizos de asistencia social integral a vítimas da violencia de xénero. A […]
O alcalde deu conta hoxe xoves da resolución do Programa municipal de axudas a familias, dotado con 1.640.000 euros. Os beneficiarios das 1.947 achegas aprobadas este 2017 poderán pedir cita para recoller o seu cheque a partir do mércores 5 de xullo O goberno local aprobou hoxe xoves a resolución do Programa municipal de axudas […]
A directora xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, Belén do Campo, anunciou esta mañá na Comisión 7ª que a Consellería do Medio Rural iniciará en xullo o pago de indemnizacións aos afectados pola couza da pataca. En concreto, sinalou que na Coruña xa se recibiron 112 solicitudes de indemnización e 717 en Lugo. En […]
O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe a orde da Consellería do Medio Rural pola que se establecen as bases reguladoras das axudas aos plans de reestruturación e reconversión da viña en Galicia co ano 2017, que se poderán solicitar dende mañá. Tal e como anunciou este departamento, nesta convocatoria terán prioridade aquelas zonas danadas por […]
A Consellería de Infraestruturas e Vivenda publica hoxe no Diario Oficial de Galicia (DOG) a orde pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas para a adquisición de vehículos taxi adaptados a persoas con mobilidade reducida e se convocan para o exercicio 2017, cunha contía total de 200.000 euros, que pode […]
O Concello de Pontevedra celebrou esta mañá a Comisión avaliadora de subvencións do Servizo de Deportes que reparte máis de 340.000 euros entre os clubs da cidade. A Comisión, integrada por todos os grupos municipais, respaldou por maioría estas axudas, agás Marea Pontevedra que se abstivo. Na Comisión, aprobouse o reparto das subvencións para o […]
O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a convocatoria para a adxudicación de equipamentos de emerxencias, en réxime de concorrencia competitiva, a concellos de menos de 50.000 habitantes, mancomunidades ou agrupacións de concellos galegos, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020. A liña de axudas que hoxe […]
Volvemos a enredar da man da Guía de Axudas Sociais. Grazas ao convite da xente da asociación de veciños “O Torreiro de Coia” o xoves 18 de maio falaremos sobre dereitos sociais coa escusa da presentación da Guía de Axudas Sociais. Información ao servizo das persoas! Será a partires das 20:30 no local que a […]
O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe a Orde pola que se establecen as bases para a concesión de subvencións ás entidades locais de Galicia para a promoción do uso da lingua galega e se procede á súa convocatoria. A nova liña de subvencións da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria apoia, por […]
A Xunta de Galicia publicou hoxe no Diario Oficial de Galicia a orde para as axudas individuais destinadas á adquisición de servizos de promoción da autonomía persoal, así como a adquisición de servizos complementarios de asistencia persoal, a persoas con discapacidade. A administración autonómica dotou a esta orde, financiada nun 80% polo Fondo Social Europeo, […]
O martes 4 de abril, ábrese o prazo para solicitar a prestación económica de pagamento único por fillas e fillos menores de tres anos, correspondente a 2017. Novamente, quedan excluídas destas axudas as persoas que o pasado ano presentaran a declaración da renda, aínda sen ter a obriga de facelo. Poderán ser beneficiarias desta prestación […]
O Concello de Mos apoia á comunidade escolar mosense, tanto aos nenos e nenas coma ás súas familias. A administración local mosense ven de conceder unha serie de axudas relativas ao curso 2016/2017. Trátase das subvencións para o uso do servizo de comedor escolar, para a realización de actividades extraescolares e para a adquisición de […]
A Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria publica hoxe a relación dos catro certames adxudicatarios en 2017 da convocatoria de subvencións a festivais do sector audiovisual: Play-Doc Festival Internacional de Documentais de Tui, (S8) Mostra Internacional de Cinema Periférico da Coruña, Festival Internacional de Curtametraxes (FIC) de […]
A Xunta achegou no 2016 un total de 355.745 euros para apoiar accións formativas realizadas por entidades colaboradoras da Consellería do Medio Rural en materia de aplicación e manipulación de produtos fitosanitarios. Destas subvencións beneficiáronse 32 empresas, que organizaron e desenvolveron os devanditos cursos na nosa comunidade autónoma. O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica […]
A Consellería do Medio Rural, Ánxeles Vázquez, reuniuse hoxe co alcalde de Friol, José Ángel Santos, para valorar varias cuestións relativas ao municipio. Entre os datos destaca a alta porcentaxe de subvencións que recibiu o concello no que se refire ás axudas para a incorporación de mozos e de plans de mellora. De feito, Friol […]
A Xunta de Goberno Local deu luz verde ás bases do “Programa municipal de axudas extraordinarias a familias para gastos de aloxamento, subministros e alimentación para o ano 2017 que conta cun presuposto total de 1.640.000 euros para atender as solicitudes seleccionadas e 40.000 euros máis para atender eventuais recursos dos solicitantes. Abel Caballero explicou […]
No marco da rolda de encontros sectoriais que está mantendo En Marea con colectivos e sindicatos, esta mañá unha representación do grupo parlamentario mantivo unha xuntanza no Parlamento de Galicia co Sindicato Labrego Galego. Trala xuntanza, o deputado de En Marea na Comisión de Agricultura, Davide Rodríguez, anunciou que dende En Marea solicitarán o adianto […]
Compostela, 3 de outubro de 2016. Con data 15 de setembro de 2016 vén de publicarse no DOG a “ORDE do 1 de setembro de 2016 pola que se aproban as bases e se procede á convocatoria de axudas para a matrícula nun máster universitario oficial, destinadas a titulados/as universitarios/as en situación de desemprego, para […]