🢂 ESTÁ NAVEGANDO EN LA SECCIÓN :

Caballero afirma que o Memorial Quino Salvo conxuga “recuperar a un notable vigués e o apoio ao baloncesto de base”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, afirmou durante a súa visita á exposición fotográfica sobre o baloncesto vigués, na rúa Príncipe, que “este é o Vigo real do deporte, o que nos gusta; esta é unha mostra do que é Vigo e o baloncesto”. O rexedor, acompañado polos concelleiros Carlos López Font e Manel Fernández […]

Manel Fernández di que a Liga Linco de baloncesto “é un complemento ao programa municipal de escolas deportivas”

Desde mañá e cada venres (de 16,00 a 18,00 horas) ata o derradeiro venres de maio o pavillón polideportivo de Navia recibirá a 150 nenos e nenas de tres escolas deportivas do programa municipal (as de Navia, Balaídos e O Berbés) e seis colexios (os CEP Celso Emilio Ferreiro e Doctor Fleming, e dos CEIP […]

O C.B Seis do Nadal – Coia presumiu de canteira na presentación oficial da entidade

O club Club Baloncesto Seis do Nadal – Coia presentou a tódolos seus equipos federados e as súas escolas deportivas o pasado sábado día 10 de decembro no pavillón municipal de Navia ante unhas gradas cheas de familiares, amigos, amigas e colaboradores, e xusto despois do partido de Liga EBA que disputou o noso equipo […]

VGO Basket vs C.B. Ciudad de Pontevedra

El próximo domingo 4 de Diciembre a partir de las 12:00h en el pabellón de As Travesas podremos disfrutar de un gran jornada de baloncesto entre el VGO Basket contra el Club de Baloncesto Ciudad de Ponferrada. La entrada es totalmente gratis hasta llenar aforo.

O equipo de liga EBA do C.B. Seis do Nadal-Coia regresa a Navia para recibir ao Santo Domingo Betanzos

O Club Baloncesto Seis do Nadal – Coia xogará esta fin de semana no pavillón de Navia a terceira xornada da Liga EBA da presente tempada 16/17, segunda xornada da competición que xogará como conxunto local. O encontro será o domingo día 23 de outubro do 2016 ás 18:30 horas no pavillón de Navia ante […]

O alcalde felicita á familia do baloncesto vigués pola celebración da XXX Copa Galicia Feminina este sábado en Navia

Vigo acollerá os actos de conmemoración do trinta aniversario da Copa Galicia de Baloncesto Feminino no Pavillón de Navia, no que será unha homenaxe á traxectoria da competición e ás persoas que a fixeron posible. Abel Caballero participou esta mañá xunto á presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, na presentación da XXX Copa Galicia […]

Sergio González dirixirá ao equipo de liga EBA, C.B. Seis do Nadal – Coia

Sergio González, Director Deportivo do Club Baloncesto Seis do Nadal – Coia desde a tempada 2007/2008 e adestrador no club desde a campaña 2003/2004, compartirá nesta nova tempada 2016/2017 a súa labor de xestión deportiva, da entidade con maior número de licenzas da comunidade galega, coa dirección do equipo de Liga EBA. Como adestrador de […]

Cristian García, nova renovación do C.B. Seis do Nadal – Coia

Cristian García convértese na nova renovación do Club Baloncesto Seis do Nadal – Coia para o equipo que competirá na Liga EBA por primeira vez na historia da entidade e despois do Ascenso conseguido a pasada tempada 2015/2016. Cristian García, nado no ano 1993 e alero de 1,85 m., formouse como xogador de baloncesto no […]

Zeljko Obradovic impartirá un Clínic de baloncesto en Tui

O sábado 2 de xullo celebrarase en Tui un Clínic de baloncesto enmarcado dentro da programación do Campus Joe Arlauckas-Tui, o Clínic será impartido por cinco ponentes de auténtico luxo e de recoñecido prestixio, tanto a nivel nacional como internacional, que o longo de toda a xornada disertarán sobre diversos temas. Carlos Vaqueiro, técnico de planificación e responsable […]

Gran xornada de convivencia e baloncesto este C.B Aluche de Madrid e C.B. Seis do Nadal-Coia

O domingo día 20 de marzo do 2016 o Club Baloncesto Aluche (Madrid) visitou ao Club Baloncesto Seis do Nadal Coia no que foi unha gran xornada de convivencia e moito baloncesto na pista do Colexio Celso Emilio Ferreiro. O Club Baloncesto Aluche visitou a nosa cidade e ao noso club cos equipos Infantil Masculino, […]

O Club Baloncesto Seis do Nadal – Coia organiza por 3ª tempada o Día do Benxamín

– 17 equipos participarán no III Día do Benxamín, xuntando preto de 200 nenos e nenas – Os equipos participantes proceden das delegacións de Vigo, Arousa e Ourense – Ademáis de baloncesto os nenos e nenas disfrutarán doutras acitvidades e sorpresas O Club Baloncesto Seis do Nadal – Coia organiza o próximo domingo día 21 […]

O C.B. Seis do Nadal – Coia participa desde a pasada fin de semana no II Torneo sub22 masculino da Fed. Galega de Baloncesto

O Club Baloncesto Seis do Nadal – Coia participa desde a pasada fin de semana no Segundo Torneo Sub22 Masculino organizado pola Federación Galega de Baloncesto, despois da primeira edición que a tempada pasada fora unha iniciativa do Club Ourense Baloncesto e ABO Ourense. O II Torneo Sub22 Masculino converteuse na mellor opción de postempada […]