🢂 ESTÁ NAVEGANDO EN LA SECCIÓN :

Abel Caballero, anuncia como un logro cubrir a piscina da ETEA

A Asociación Veciñal de Teis, considera un “escándalo“, que Abel Caballero, anuncie como un logro cubrir a piscina da ETEA, para ter unha nova pista deportiva. Esta Asociación, sempre defendeu a recuperación de todas as instalacións deportivas que funcionaban cando estaban os militares. Que as diferentes administracións, permitiron que se deterioran, incluído obviamente o Concello de Vigo. […]

Teis quere parques

A Asociación Veciñal de Teis, convoca unha concentración este xoves 29 de xuño ás 20:00 horas, no parque de Pedro Alvarado,baixo o lema “Teis quere parques” ,para reivindicar do Concello a mellora dos parques infantís existentes, a construción dun novo parque infantil e a posta en valor dos parques da Guía e a Riouxa. A Asociación, tamén solicitou unha xuntanza […]

O barrio de Teis volverá ás mobilizacións para reivindicar a mellora dos parques infantís

A Asemblea Veciñal xuntouse no parque de Pedro Alvarado, para tratar a situación dos parques infantís en Teis, acordou convocar unha concentración o vindeiro 29 de xuño ás 20:00 horas, no parque de Pedro Alvarado, para reivindicar do Concello a mellora dos parques infantís existentes e a construción dun novo parque infantil. A Asociación, tomou a decisión de solicitar […]

A Asociación Veciñal de Teis convoca para hoxe mercores 22 ás 19:30h unha asemblea para tratar sobre a liña de autobús ao Hospital

A Asociación Veciñal de Teis, convoca unha asemblea hoxe mércores 22 de febreiro ás 19:30 horas, no local da asociación, para coñecer a opinión da veciñanza. A Asociación Veciñal de Teis, considera insuficientes os horarios da nova liña de autobús H3, anunciada a pasada semana por Abel Caballero, que comunicara Teis co hospital Álvaro Cunqueiro. A […]

Consideran insuficientes os horarios da nova liña de autobús desde Teis ao Hospital Álvaro Cunqueiro

A Asociación Veciñal de Teis, considera insuficientes os horarios da nova liña de autobús H3, anunciada onte por Abel Caballero, que comunicara Teis co hospital Álvaro Cunqueiro. A proposta só inclúe dous servizos ás 7:45 horas e ás 11:00 horas, con regreso ás 10:15 horas e ás 13:15 horas. A proposta de liña non recolle […]

Teis solicitou a intervención no pleno, para tratar a mellora do autobus ao Hospital Álvaro Cunqueiro

A Asociación Veciñal de Teis, solicitou por escrito a través do rexistro xeral do Concello de Vigo, a dun representante desta asociación, no pleno municipal deste mes de outubro, para expor a problemática da mellora do transporte en autobús desde Teis ao hospital Alvaro Cunqueiro. Xa levamos recollidas até o de agora 3100 sinaturas, para […]

O barrio de Teis bótase á rúa para pedir un autobús urbano para ir ao Hospital Álvaro Cunqueiro

No día de onte a iso das sete da tarde os veciños do Barrio Teis camiñaban ata a praza de abastos do mesmo barrio, alí fóronse concentrando para partir cara á rotonda de Guixar. A marcha foi secundada por ao redor de 500 veciños e veciñas convocados pola asociación veciñal do mesmo barrio. O motivo desta […]

A veciñanza de Teis decide mobilizarse para demandar unha mellora do autobus ao Hospital Álvaro Cunqueiero

Na tarde de onte no local da asociación, celebrouse unha asemblea para tratar sobre a situación da conexión de transporte urbano desde Teis ao hospital Alvaro Cunqueiro, debido as queixas da veciñanza. Desde a apertura do novo hospital Álvaro Cunqueiro, disto fai un ano, as queixas son continuas da veciñanza que utiliza o autobús urbanos […]

A veciñanza do Barrio de Teis tomaron as rúas novamente

A veciñanza do Barrio de Teis, na tarde de onte as 20h saiu novamente a rúa desta vez en manifestación, un centenar de vecinos sairon desde a encrucillada dos Caños até a entrada principal da ETEA. Con esta nova mobilización trátase da segunda despois da concentración de hai unas semanas, esta manfestacion que realizan dentro […]