Avanzan a ampliación da Tarxeta Benvida ata os 3 anos para as familias con rendas inferiores a 22.000 euros

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, avanzou hoxe, tras a reunión do Consello da Xunta, que o Goberno galego vai estender o apoio ás familias que teñan fillos ampliando a Tarxeta Benvida ata os 3 anos para as rendas inferiores a 22.000 euros. Deste xeito, manterase durante o primeiro ano de vida do neno […]

O orzamento da Xunta para Política Social crece un 9% ata os 700 millóns de euros para que a recuperación económica chegue a todos os fogares

O conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, presentou esta tarde no Parlamento de Galicia o Orzamento do seu departamento para o vindeiro exercicio que crece nun 9% ata os 700,6 millóns de euros para “dar un forte impulso ás políticas sociais, que de novo volven ser unha prioridade en 2018 co obxectivo de […]

A Xunta reforza o seu compromiso coas persoas en risco de desafiuzamento coa ampliación do programa Reconduce

O conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, presentou hoxe as melloras do programa Reconduce aprobadas polo Consello da Xunta en setembro, as cales supoñen un aumento da calidade da atención e das prestacións dirixidas ás persoas e familias en risco de desafiuzamento. Entre outras novidades, consolídase a oficina central de Santiago coa incorporación […]

Feijóo destaca a aprobación dun decreto de medidas urxentes para paliar e reparar os danos provocados polos lumes

O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, destacou hoxe, como primeiro asunto abordado polo Consello da Xunta, a aprobación dun decreto de medidas urxentes para paliar e reparar, na medida do posible, os danos provocados polos lumes, unha vez que xa non hai ningún incendio activo nestes momentos en Galicia. Así mesmo, e coa […]

A Xunta mellorará a rede galega de centros de protección de menores a través de axudas para entidades de iniciativa social

A Xunta de Galicia vén de publicar hoxe no Diario Oficial de Galicia (DOG) unha nova liña de axudas dirixidas ás entidades de iniciativa social sen ánimo de lucro para mellorar os recursos da rede galega de centros de protección de menores, a través da cal o Goberno autonómico destinará 625.000 euros para tal fin. Esta iniciativa, […]

A Xunta destina máis de 800.000 euros a accións para o fomento da contratación no concello do O Porriño

A Xunta de Galicia, a través da Consellería de Economía, Emprego e Industria, destinou máis de 800.000 euros ao Concello do Porriño para distintas accións de fomento da contratación nos últimos dous anos. O municipio pontevedrés beneficiouse así das distintas liñas de subvencións activadas polo Goberno galego para promover a empregabilidade, tales como accións formativas […]

Vigo concentra o 48 por cento dos perceptores da Risga na provincia de Pontevedra, con 2.447 beneficiarios en agosto

Vigo concentra o 48 por cento dos perceptores da Renda de Inclusión Social (Risga) da provincia de Pontevedra, cun total de 2.447 beneficiarios segundo os datos correspondentes o pasado mes de agosto. O importe destinado pola Administración autonómica a esta prestación na cidade ascende no que vai de ano a 8.585.552,73 euros. Cifra, esta última, […]

A Xunta colaborará no desenvolvemento do Programa de acompañamento e apoio a persoas sen teito de Cruz Roja

O conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, e a presidenta de Cruz Roja Española en Galicia, María del Carmen Colmeiro Rojo, asinaron hoxe un convenio de colaboración para o desenvolvemento dun Programa de acompañamento e apoio a persoas sen teito ou en situación de vulnerabilidade extrema co obxectivo de reducir as situacións de […]

López-Chaves visita o Centro Sociocomunitario de Pi y Margall de Vigo, que conta cuns 1.000 usuarios e usuarias anuais

O delegado territorial da Xunta en Vigo, Ignacio López-Chaves, mantivo hoxe un encontro coa directora do Centro Sociocomunitario de Pi y Margall na cidade, Lucía Lorenzo Trobo, co obxectivo de interesarse polas actividades desenvolvidas das que se benefician anualmente uns 1.000 veciños e veciñas, cunha media de 500 usuarios ao mes. Logo de se ter […]

A Xunta porá á disposición das familias galegas 22.500 prazas públicas de escolas infantís no vindeiro curso

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, destacou hoxe que as familias galegas contarán no vindeiro curso con 22.500 prazas públicas de escolas infantís, co compromiso, reiterou, de lista de espera cero. Durante unha visita ao centro interxeracional da Fundación Amancio Ortega en Arteixo, Feijóo lembrou ademais que a Xunta seguirá poñendo á disposición dos […]

A Xunta insiste na coordinación e no traballo conxunto entre administracións e entidades para paliar as situacións de pobreza

O conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, participou onte na clausura da xornada sobre Cooperación e axuda ao desenvolvemento: cultura e acción celebrado en Exponav, Ferrol. O encontro serviu para compartir coñecementos e explorar sinerxías con respecto ás melloras da calidade de vida das persoas que máis o precisan e para avanzar nun […]

A Xunta de Galicia amplía o orzamento para que os nenos e nenas nados en 2016 se beneficien da Tarxeta Benvida

A Xunta publica hoxe no Diario Oficial de Galicia o incremento de 420.000 euros sobre o importe inicialmente destinado á Tarxeta Benvida na anualidade de 2017, que ascendía a 9 millóns de euros. Esta ampliación responde ao elevado número de solicitudes recibidas o ano pasado, e á necesidade de garantir que todas as persoas solicitantes […]

A Xunta vai elaborar un proceso asistencial integrado para os pacientes con esclerose lateral amiotrófica

O conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuiña; e o conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, reuníronse hoxe no Edificio Administrativo do Servizo Galego de Saúde, en San Lázaro, con representantes da Fundación Francisco Luzón- Unidos contra la ELA, creada para axudar a mellorar a vida dos pacientes de Esclerose Lateral Amiotrófica e impulsar […]

O goberno de Vigo apoia con 214.000 euros a entidades de Benestar

Coa máxima de que “a política social é o máis importante que hai en Vigo”, Abel Caballero firmou este martes catro convenios de apoio a entidades da área de Benestar por un valor total de 214.000 euros. En virtude do mesmo, AFAGA (Asociación de Familiares de Enfermos de Alzheimer) recibirá 18.000 euros, a Asociación de […]

A Xunta apoiará a preto de 200 persoas con discapacidade a través das axudas para asistencia e promoción da autonomía

A Xunta de Galicia publicou hoxe no Diario Oficial de Galicia a orde para as axudas individuais destinadas á adquisición de servizos de promoción da autonomía persoal, así como a adquisición de servizos complementarios de asistencia persoal, a persoas con discapacidade. A administración autonómica dotou a esta orde, financiada nun 80% polo Fondo Social Europeo, […]

A Xunta de Galicia amosa o seu apoio ao pobo xitano sumándose á celebración do Día Internacional deste colectivo

A Consellería de Política Social súmase á celebración do Día Internacional do Pobo Xitano, unha data que lembra o Primeiro Congreso Mundial romaní/xitano realizado en Londres o 8 de abril de 1971, no que se instituíu a bandeira e o himno xitano. O director xeral de Inclusión Social, Arturo Parrado participou hoxe en San Caetano […]

A Xunta reitera o seu apoio a Cáritas diocesana na loita contra a pobreza e a exclusió

O conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, mantivo hoxe un encontro no seu despacho de San Caetano, cos responsables das distintas delegacións de Cáritas en Mondoñedo- Ferrol, Santiago, Lugo, Ourense e Tui-Vigo. No transcurso do mesmo, o titular autonómico destacou os obxectivos da Consellería de Política Social, coincidentes cos da asociación de Cáritas […]

A Xunta de Galicia revisa con outras comunidades autónomas os sistemas de ingresos mínimos en España

O director xeral de Inclusión Social da Xunta de Galicia, Arturo Parrado Puente, participou hoxe en Madrid na IV reunión –convocada polo Ministerio de Sanidade, Servizos Sociais e Igualdade- do comité de dirección do proxecto Progress revisión de los sistemas de ingresos mínimos en España desde la perspectiva de su efectividad e do que Galicia […]

Os centros sociocomunitarios da Xunta en Lugo ofertan 3000 prazas en máis dun cento de actividades para os próximos meses acoso escolar e transexualidade infantil

A Xunta de Galicia oferta unhas 3000 prazas en máis dun cento de actividades que se programan ao longo do ano nos catro centros sociocomunitarios que xestiona na provincia, situados en Lugo, Mondoñedo, Vilalba e Ribadeo. Así o explicou hoxe o delegado territorial da Xunta, José Manuel Balseiro, nunha visita ao centro de Vilalba, onde […]

A sección sindical de CCOO no Concello de Vigo nega que se amplíe o persoal no departamento de Benestar Social

A sección sindical de CCOO no Concello de Vigo nega que se amplíe o persoal de Benestar Social, tal como suxerían algunhas informacións aparecidas nos últimos días. O sindicato pide «rigor» para evitar a creación de «falsas expectativas» entre as persoas usuarias e tamén para non «introducir elementos de confusión», xa que o sindicato leva […]

Asamblea de Movimientos Sociales de Vigo sobre Benestar: Un refuerzo de seis meses es indecente

Después del anuncio de la corporación municipal, que afirmó ayer 29 de abril que se contratarían ocho trabajadoras sociales y ocho auxiliares administrativos para reforzar el departamento de Bienestar, este colectivo denuncia que es que es una medida electoralista y deficiente. Consideramos que el uso electoral que ha hecho el alcalde de este conflicto, haciendo coincidir las contrataciones con […]

A CIG demanda máis persoal para resolver o colapso dos servizos sociais do Concello

Denuncia que no departamento que dirixe Isaura Abelairas non se están a  cubrir as baixas nin as vacacións dun persoal que xa era insuficiente. Días despois de terlle reclamado ao Alcalde que o Concello priorizase as “políticas sociais” e axilizase a resolución das axudas municipais de emerxencia, a CIG de Vigo exixiulle hoxe a Abel Caballero […]