🢂 ESTÁ NAVEGANDO EN LA SECCIÓN :

CCOO-Servizos considera «insuficiente» o complemento salarial anunciado por Inditex para Lugo e Ourense

A Federación de Servizos de CCOO de Galicia cualifica de «insuficiente» o complemento salarial anunciado por Inditex para equiparar as condicións das tendas de Lugo e Ourense coas doutras provincias. O sindicato afirma que o complemento non foi negociado, senón que o importe o decidiu unilateralmente a empresa. Ademais, non equipara realmente as condicións laborais […]

Inditex estende a Ourense as melloras salariais asinadas na provincia de Pontevedra

O grupo Inditex e a representación sindical asinaron este martes un acordo salarial que afecta a todos os centros de traballo da provincia de Ourense e que suporá a incorporación de dous pluses mensuais, un de 80 euros e outro de 40. Estas cantidades foron pactadas entre a dirección e as traballadoras/es de Bershka na […]

O persoal de Bershka decide por unanimidade aceptar o acordo e desconvocar a folga

O cadro de persoal de Bershka na provincia de Pontevedra decidiu por unanimidade en asemblea aceptar o preacordo pactado onte entre e representación sindical e a dirección e desconvocar a folga indefinida iniciada o pasado venres 26 de outubro para denunciar a discriminación laboral con respecto ás compañeiras/os doutras provincias. O acordo contempla a incorporación […]

Noveno día de folga das traballadoras de Bershka: “Non nos moverán, queremos traballar en igualdade salarial”

As traballadoras das tendas Bershka da provincia de Pontevedra cumpriron hoxe o noveno día de folga consecutiva para esixir que se equiparen as súas condicións coas  condicións laborais e salariais que se aplican nas tendas da firma doutras provincias. Unha xornada máis, o persoal secundou a folga ao 100%, polo que as tendas de Vigo, […]

O persoal de Bershka ratifica en asemblea seguir coa folga indefinida ante a proposta insuficiente da empresa

O cadro de persoal de Bershka na provincia de Pontevedra ratificou na asemblea celebrada este mércores continuar coa folga ao considerar insuficiente a proposta da empresa, que se nega a equiparar salarialmente as traballadoras/as pontevedresas coas da Coruña. Deste xeito, o paro indefinido chegou hoxe ao seu oitavo día cun seguimento do 100% e co […]

As traballadoras de Bershka da provincia de Pontevedra levan as súas reivindicacións á sede de Inditex

Traballadoras de Bershka da provincia de Pontevedra, que están en folga indefinida dende o 26 de outubro, trasladaron este luns até a sede de Inditex en Arteixo as súas protestas en demanda da aplicación das melloras laborais pactadas noutras provincias e rematar así coa discriminación que padecen. O persoal desenvolveu unha concentración ás portas da […]

Paro total nas tendas de Bershka da provincia de Pontevedra “contra a discriminación laboral”

O 100% do cadro de persoal de Bershka da provincia de Pontevedra secundou a primeira xornada da folga indefinida convocada polo comité de empresa (cinco delegadas da CIG) para reclamar a aplicación das melloras laborais pactadas noutras provincias, o que permitiría acabar coa discriminación que padecen as traballadoras/es. Os cinco establecementos da marca do grupo téxtil […]

Convocada folga provincial en Bershka de Pontevedra para reclamar melloras pactadas noutras provincias

O comité de empresa de Bershka na provincia de Pontevedra (cinco delegadas da CIG) anunciou hoxe a convocatoria de folga indefinida a partir deste xoves 26 en todos os establecementos da cadea pertencente ao grupo téxtil Inditex para reclamar a equiparación laboral co resto de compañeiras/as doutras provincias. En concreto, demandan melloras an materia de […]

Bershka recúa no traslado de persoal de Vigo a outras zonas tras a convocatoria dunha folga indefinida

A empresa Bershka, pertencente ao grupo téxtil coruñés Inditex, deu marcha atrás na súa proposta de trasladar 16 traballadoras das dúas tendas que pretende pechar en Vigo a outras zonas tras a convocatoria de folga indefinida presentada polo comité de empresa, integrado por cinco representantes da CIG. Dende a federación de Servizos da central denuncian […]