🢂 ESTÁ NAVEGANDO EN LA SECCIÓN :

O Bloque urxe o rescate público da concesión do novo hospital de Vigo

– Exixen a Xunta e Concello de Vigo que deixen de xogar coa saúde como arma partidista e cooperen para resolver as graves deficiencias do HAC. Para o BNG de Vigo o clamor social que a semana pasada deu lugar a unha manifestación histórica e multitudinaria, supón unha emenda á totalidade por parte da veciñanza ao modelo privatizador da […]

O BNG defende en Vigo o dereito de Galiza a producir e chama a consumir leite galego

– A deputada Carme Adán denuncia a inacción da Xunta á hora de defender un sector estratéxico. – O coordinador da Federación Rural Galego exixe unha solución para a emerxencia do sector afogado por prezos por baixo de custes. – Urxen a demisión da Conselleira de Sanidade logo da manifestación multitudinaria de onte en defensa da sanidade pública. […]

O BNG pide a paralización total do traslado ao novo hospital pola falla de garantías sanitarias

– A fronte nacionalista responsabiliza ao modelo privatizador imposto polo PP do “caos asistencial, de seguridade e de conexión”. – Piden a dimisión do Xerente do Sergas, da Conselleira de Sanidade e exixen a comparecencia urxente de Feijóo. Nunha rolda de prensa de urxencia realizada esta mañá, o Bloque Nacionalista Galego reclamou que o “reprogramamento”, anunciado onte polo Xerente […]

O BNG reclama para Vigo 15 millóns de euros máis nos Orzamentos Xerais do Estado

– As emendas parciais presentadas polo Bloque no Congreso céntranse na reactivación industrial, o emprego e a mellora das infraestruturas e o transporte da cidade.  O BNG vén de presentar publicamente as súas emendas aos Orzamentos Xerais do Estado para o ano 2016. Logo de que a maioría absoluta do PP rexeitar a emenda á totalidade formulada pola fronte nacionalista, […]

O Bloque demanda un transporte público en condicións ao novo hospital de Vigo

– Propón que se implanten novas liñas de autobús ou se adecúen percorridos para conectar o conxunto da cidade co Álvaro Cunqueiro. – Urxe que se dupliquen as frecuencias da actual lanzadeira desde Praza  de América e se habiliten tres máis na Praza dos Cabalos, Teis e Navia. Diante da falla de conexión cunha instalación fundamental como […]

O BNG exixe a subrogación do persoal das escolas infantís municipais

– Reclama ao goberno municipal que cumpra o acordo plenario que, a proposta do BNG, mandataba a súa inclusión no prego de condicións. – Alerta das consecuencias que para o persoal e para o propio servizo suporá non manter o actual plantel. O BNG de Vigo reitera a súa exixencia de que o proceso de adxudicación da xestión […]

O BNG retruca ao PP que seguirá a defender os  intereses de Vigo en todas as institucións

– A fronte nacionalista rexeita as declaracións da voceira municipal do Partido Popular a respecto da Deputación de Pontevedra.  A Executiva Local do BNG de Vigo vén de reiterar que a organización nacionalista continuará a defender os intereses da veciñanza de Vigo en todas as institucións. Desta maneira responden as declaracións realizadas pola voceira do grupo municipal do Partido Popular, […]

O BNG propón que se duplique o orzamento do cheque social para atender todas as solicitudes

– A fronte nacionalista esixe tamén ao Concello que apure ao máximo a tramitación das axudas – Aseguran que o aumento nun 40% no número de solicitudes testemuña a “emerxencia social” que se padece na cidade  O aumento nun 40% do número de solicitudes para se acolleren á liña de Axudas extraordinarias a familias para gastos de aloxamento, subministros e […]

O BNG esixe que se paralice a venda das 21  vivendas municipais que quedan en Rosalía

– A fronte nacionalista reclámalle ao goberno municipal que as destine a crear un parque municipal de vivendas para alugueiro social  Logo de se teren xa “malvendidos” 19 dos 40 pisos dos que é propietario o Concello de Vigo na rúa República Arxentina, a Executiva Local do BNG vén de esixir ao Goberno local que paralice a venda das 21 […]

Unha numerosa Asemblea Aberta aposta por  relanzar “desde xa” ao BNG en Vigo

– Valórase negativamente a perda de representación e apóstase por reforzar a alternativa nacionalista “sumando e ilusionando” Unha moi nutrida asistencia participou na tarde de onte na Asemblea Aberta realizada polo Bloque Nacionalista Galego para valorar a campaña e os resultados das eleccións municipais do 24 de maio. Nesta xuntanza apostouse por relanzar “desde xa” ao BNG vigués. A […]

O BNG esixe ao goberno municipal máxima axilidade na tramitación do “cheque social”

– A Executiva Local do Bloque demanda que se dispense un trato digno ás persoas que solicitan a axuda e que se poña fin ao colapso dos servizos sociais  Para o Bloque Nacionalista Galego as longas ringleiras de xente agardando durante horas para tramitar a súa solicitude do chamado “cheque social” poñen en evidencia que se mantén o colapso […]

O BNG continúa o seu traballo na cidade e convoca unha Asemblea Aberta a vindeira semana

– Henrique Viéitez subliña que os resultados electorais foron desiguais en distintas zonas de Vigo e subliña que “hai cousas que corrixir” O responsable local do BNG vigués, Henrique Viéitez, trasladou as conclusións da executiva local a respecto dos resultados electorais do pasado 24 de maio. “Temos que dicir que son malos, sen paliativos, xa que o obxectivo fundamental do […]

Serafín Otero: “O BNG seguirá traballando pola cidadanía e facendo oposición fóra do Concello”

– O cabeza de lista do Bloque agradece o traballo da militancia ao longo da campaña e recoñece que quedar sen representación municipal “non é un resultado bo”  O cabeza de lista do BNG – Asembleas Abertas, Serafín Otero, fixo unha primeira valoración dos resultados electorais e recoñeceu que o Bloque “tomamos nota deste resultado, que non é un resultado […]

O BNG denuncia o uso partidista que fai Caballero das actuacións municipais, ao servizo do partido de goberno

– A fronte nacionalista critica que o anuncio das axudas de emerxencia se realice en período electoral mentres o ano pasado se tramitaron no último trimestre O responsable local do BNG e coordinador da campaña destas eleccións municipais, Henrique Viéitez, expresa a máis firme condena da instrumentalización que fai o candidato socialista da actividade municipal ao servizo do partido gobernante. […]

Serafín Otero: “Potenciaremos o transporte colectivo para facer de Vigo unha cidade máis sostible”

– O candidato nacionalista salientou que Vigo precisa unha nova política de mobilidade fronte a falta de preocupación amosada durante anos polo goberno municipal socialista  O cabeza de lista do BNG – Asembleas Abertas, Serafín Otero, subliñou a aposta polo transporte público “de calidade, sostible e que estea á altura das circunstancias dunha cidade como Vigo”. Partindo da idea de […]

O BNG aposta pola loita a prol igualdade e o aumento de recursos contra violencia de xénero

– Serafín Otero e Vitoria Iglesias subliñaron a importancia de potenciar a participación e o protagonismo das mulleres, o desenvolvemento dun plan de emprego específico e a inclusión de cláusulas para garantir a igualdade nas contratacións municipais  O cabeza de lista do BNG – Asembleas Abertas, Serafín Otero, e a candidata 2, Vitoria Iglesias, presentaron as principais propostas do Bloque en materia […]

5 preguntas a Serafín Otero, candidato BNG

NOTICIAS VIGO: Bos días Serafín Otero, un pracer contar coa súa participación e que nos dediques uns minutos para realizarche 5 preguntas como vimos facendo aos cabeza de lista nestas próximas eleccións municipais.  Nesta primeira pregunta e que repetimos cos demais líderes, gustaríanos coñecer, que é o primeiro que realizará o BNG de ser o partido máis votado nas […]

O BNG propón que a rexeneración de Samil inclúa a recuperación das concesións e o traslado do paseo

– Serafín Otero e Xabier Vence subliñaron que esta iniciativa é exemplo do urbanismo sustentable que defende o Bloque na cidade. O candidato do BNG – Asembleas Abertas á alcaldía de Vigo, Serafín Otero, defendeu a recuperación do areal de Samil, no marco da firme aposta do Bloque pola rexeneración do litoral vigués. “Temos que loitar polo medio ambiente”, subliñou, […]

O Bloque aposta por unha nova política do lixo centrada na reciclaxe e a reutilización

– Serafín Otero subliña que no cambio de rumbo que precisa a cidade cómpre poñer o acento no aspecto medioambiental para deixar atrás o modelo de Sogama  “Cómpre superar un modelo caro, ineficiente e ambientalmente insostible como é o de Sogama”, destacou o candidato do BNG– Asembleas Abertas á alcaldía de Vigo, Serafín Otero, para quen “non ten sentido pagar […]

Serafín Otero: “Defendemos a transparencia e queremos un concello coas paredes de cristal”

– O candidato nacionalista afirmou que Vigo necesita unha nova forma de facer política que garanta a participación da cidadanía na toma de decisións nos principais temas da cidade.  O candidato do BNG – Asembleas Abertas, Serafín Otero, avogou hoxe no Calvario por un Concello no que os sinais de identidade sexan a transparencia e a participación. Así propuxo […]

Serafín Otero: “Poremos fin ao abandono de Teis recuperando o literal e aumentando as dotacións”

– O candidato nacionalista criticou que os barrios e parroquias foron os grandes esquecidos nos últimos anos e destacou que o BNG aposta pola descentralización dos servizos. O candidato do BNG – Asembleas Abertas, Serafín Otero, subliñou que o barrio de Teis necesita “dúas actuacións urxentes”, como son a recuperación do litoral e o remate das actuacións na ETEA, […]

O BNG ampliará a rede de bibliotecas de barrio e promoverá o uso do galego

– Serafín Otero cualificou de “nefasta” a política cultural dos últimos catro anos de goberno socialista en Vigo e animou aos vigueses e viguesas a participar na mobilización de Queremos Galego do vindeiro domingo. O candidato do BNG – Asembleas Abertas, Serafín Otero, defendeu, nunha rolda de prensa na librería Cartabón, a necesidade de potenciar a cultura e o uso […]

O Bloque defende que a plusvalía xerada pola venda  de Alfageme se destine aos traballadores

– Serafín Otero mantivo unha xuntanza con representantes da plantilla na que lles trasladou o respaldo do BNG ás  súas demandas O candidato do BNG – Asembleas Abertas, Serafín Otero, salientou que a plusvalía resultante da operación cos terreos da antiga fábrica Bernardo Alfageme deben servir para completar os salarios adebedados aos traballadores e traballadoras. Tras o encontro que […]

Serafín Otero: “Queremos uns impostos municipais xustos que rebaixen a presión sobre quen menos ten”

– O candidato nacionalista propón a implantación dunha fiscalidade progresiva que contemple unha previsión realista de ingresos e que permita garantir os servizos municipais O candidato do BNG – Asembleas Abertas, Serafín Otero, defendeu a necesidade de reformar das ordenanzas de taxas e impostos municipais para establecer unha fiscalidade progresiva, que alivie a presión fiscal sobre as persoas con menos […]

O Bloque pide a fin da confrontación sobre Peinador e reclama “medidas concretas” para potencialo

– Serafín Otero subliña que a perda do voo a París é “a última consecuencia da falla de política estratéxica para o aeroporto vigués”  O candidato do BNG – Asembleas Abertas, Serafín Otero, insta a poñer fin á confrontación sobre o aeroporto de Vigo e esixe a posta enriba da mesa de medidas concretas para potenciar Peinador. “É necesario deixar […]

O BNG defende a creación de colexios públicos no centro de Vigo e a eliminación das barreiras arquitectónicas

– Os candidatos Serafín Otero e Xosé Manuel Atanes e a candidata Vitoria Iglesias mantiveron un encontro con Foanpas no que falaron das principais propostas do BNG – Asembleas Abertas para defender a educación pública fronte aos ataques do PP. “Potenciar ao máximo o ensino público fronte á prioridade que está mostrando a administración galega polo concertado” é o obxectivo […]

Serafín Otero: “É imprescindible potenciar o Porto como elemento dinamizador da economía viguesa”

– O candidato do BNG, que participou nun reparto informativo no mercado de Bouzas, defendeu que o seu crecemento debe pasar pola racionalización dos espazos e o desenvolvemento da Plisan, non polos recheos. O candidato do BNG – Asembleas Abertas, Serafín Otero, asegurou que é “imprescindible potenciar o papel do Porto de Vigo como dinamizador da economía da cidade”, tendo […]

O BNG defende a urxencia dun plan de choque contra o desemprego xuvenil para evitar a súa emigración

– Serafín Otero e o resto da candidatura de BNG – Asembleas Abertas participaron nun acto simbólico organizado por Galiza Nova en protesta pola dramática situación da mocidade galega. O candidato do BNG – Asembleas Abertas á alcaldía de Vigo, Serafín Otero, subliñou a necesidade de dar respostas á “dramática situación” da mocidade galega, en tanto que en cinco […]

O Bloque aposta por aumentar a protección ambiental e poñer en valor os montes da cidade

– Serafín Otero anunciou que o BNG promoverá unha modificación parcial do planeamento urbanístico para impedir a instalación de Porto Cabral en Liñeiriños. “O próximo goberno de Vigo ten que cambiar radicalmente o xeito de actuar sobre o medio ambiente”, desta maneira Serafín Otero explicou a proposta do BNG de aumentar a protección ambiental dos montes da cidade e a […]

Serafín Otero: “Temos o mellor proxecto e a mellor equipa para mudar o rumbo de Vigo”

– O BNG – Asembleas Abertas vigués abriu a campaña electoral no Paseo de Alfonso nun acto que contou coa participación da meirande parte da candidatura. O candidato do BNG – Asembleas Abertas á alcaldía de Vigo, Serafín Otero, animou a votar decididamente á fronte nacionalista o vindeiro 24 de maio porque segundo subliñou “temos o mellor proxecto e […]

[BNG] 55 propostas para cambiar de rumbo

—UNHA CIDADE PARA TRABALLAR 01. Plan de choque contra o desemprego xuvenil e feminino. 02. Potenciación e redefinición do Plan municipal de emprego aumentando o seu orzamento. 03. Inclusión de cláusulas sociais en toda a contratación pública para protexer e garantir os dereitos da clase traballadora. 04. Creación do Observatorio local das condicións laborais e promoción da igualdade. […]

Serafín Otero presenta as 55 propostas do BNG imprescindibles para cambiar o rumbo de Vigo

– Resposta ás necesidades sociais, desenvolvemento dunha cidade para vivir e para traballar, democracia participativa e cidade sostible e en rede son os eixos que destacou o candidato nacionalista. O candidato do BNG – Asembleas Abertas á alcaldía de Vigo, Serafín Otero, destacou as 55 iniciativas prioritarias do programa co que o Bloque se presenta as eleccións do 24 de […]

Según BNG, la Policía Local barre para casa

    La huelga general masiva de ayer en Vigo, sigue siendo el punto de debate y comentarios de los políticos de nuestra ciudad en el día de hoy. Ayer, la Policía Local comunicaba a los medios una asistencia de 100.000 manifestantes en la de CC.OO y UGT, encabezada por Caballero y de 16.000 en […]