🢂 ESTÁ NAVEGANDO EN LA SECCIÓN :

O BNG demanda á Xunta 61 millóns de euros máis de investimentos na cidade de Vigo

O BNG presentou esta mañá en rolda de prensa as emendas parciais relativas a Vigo que formulan aos orzamentos da Xunta para o ano 2017. As emendas nacionalistas demandan ao goberno galego case 61 millóns de euros máis de investimentos para a cidade. O responsábel local do BNG de Vigo, Serafín Otero, xustificou as emendas […]

Entrevista con María Lois Barrio, profesora da UCM, sobre a súa tese do BNG en Allariz e Fene

Por Erik Dobaño María Lois Barrio é profesora na Facultade de Ciencias Políticas da Universidade Complutense e autora dunha tese sobre a “produción e reprodución” do nacionalismo galego desde a “perspectiva do lugar”, unha investigación de xeografía política que deu como resultado o libro Construir Galicia(s). Lugar, elecciones y política nacionalista (Trama editorial), que foi presentado […]

O BNG pregunta no Parlamento galego sobre a xestión dun brote de conxuntivite vírica na Residencia Alvi-Beade

Foto: Paxinasgalegas.es O BNG demanda ao Goberno galego que explique cal foi o protocolo de actuación seguido e se se vai tomar algunha medida adicional que evite novos brotes.  Despois de se coñecer que o Servizo de Alertas Epidemiolóxicas da Xunta está a realizar un seguimento da situación xenerada na residencia Alvi-Beade por causa dun […]

O BNG cualifica de “decepcionantes” os orzamentos da Xunta por desatender as necesidades de Vigo

O Bloque Nacionalista Galego expresou o seu rexeitamento á proposta de orzamentos da Xunta para o ano 2016, cualificándoos de “decepcionantes” por desatender, en opinión das nacionalistas, “as principais necesidades da cidade de Vigo”. Para o responsábel local do Bloque, Serafín Otero, as contas elaboradas polo Goberno galego confirman que “para Feijóo Vigo é de […]

A Asemblea Comarcal de Galiza Nova Vigo reelixe  a Jessica García e Brais Ferreiro

No día de onte, a Asemblea Comarcal de Galiza Nova Vigo reelixiu por unanimidade a Jessica García como Responsábel Comarcal, e a Brais Ferreiro como Responsábel de Organización. A reelección prodúcese no marco do proceso posterior á XIV Asemblea Nacional de Galiza Nova, que tivo lugar o pasado 26 de novembro en Compostela. Seguindo os […]

O BNG responsabiliza a Feijóo do “bluff” de Pemex en Barreras e urxe medidas para reactivar o sector naval de Vigo

O anuncio da paraestatal mexicana Pemex, accionista maioritario do estaleiro vigués Barreras, de que cancela a encomenda do segundo flotel, confirma, en opinión do BNG, as advertencias realizadas por parte da fronte nacionalista a respeito da falla de compromisos reais. O Bloque valorou esta mañá en rolda de prensa a situación que atravesa o naval […]

O BNG leva até as cabinas de peaxe entre Vigo e Pontevedra a súa campaña pola fin da “navallada” da AP-9

O responsábel local do BNG de Vigo, Serafín Otero, critica o “cinismo” de Caballero sobre a conversión en vía urbana do tramo da AP-9 que atravesa a cidade e lémbralle que o PSOE opúxose en 2011.  A ofensiva social e institucional iniciada polo BNG hai varias semanas, para reclamaren unha “AP-9 galega e sen peaxes”, […]

O BNG levará o seu reclamo dunha AP-9 galega e sen peaxes até a propia autoestrada. Na comarca de Vigo a fronte nacionalista realizará unha caravana de coches até as cabinas de peaxe entre Vigo e Pontevedra, onde como acto de protesta aboarán o importe en moedas dun céntimo. A acción decorrerá este sábado 26 […]

O BNG reclama a creación dun Estatuto de Vítima de Feminicidio e avanzar no apoio económico, psicolóxico e social ás vítimas.

Visibilizar, denunciar e erradicar a violencia machista en todas as súas formas e en todos os ámbitos é un dos retos máis importantes que temos como sociedade para construírmos a Galiza do futuro, onde a igualdade sexa unha realidade. Ante a gravidade do problema da Violencia Machista consideramos fundamental a inclusión do Feminicidio como forma […]

A fronte nacionalista presentará unha moción nos concellos da bisbarra, realizará repartos informativos en todas as localidades e organizará un encontro aberto sobre o tema en Vigo. Demandan tamén a liberación de peaxes da AG57, a autoestrada do Val Miñor, para que esta poida funcionar como unha verdadeira circunvalación. Acabar coa actual concesión privada que […]

O BNG do Porriño demanda a transferencia da AP9 e a  súa liberación de peaxe para facela “útil”

Para o BNG do Porriño a transferencia da AP9 á Xunta de Galiza e a súa liberación de peaxe son cuestións indispensábeis para que esta infraestrutura sexa realmente útil. O voceiro municipal, Pedro Pereira, denunciou que o tramo Vigo-O Porriño está infrautilizado por causa das peaxes, o que impide que a vila e a súa […]

O BNG urxe un acordo que desbloquee a posta en marcha do Campus do Mar

A fronte nacionalista reiterou o seu “apoio decidido” ao Campus do Mar, que xulgan un proxecto “estratéxico” para Vigo e a súa comarca. Demandan un acordo claro entre Xunta, Concello de Vigo e Zona Franca, para superar os últimos atrancos que impiden dar luz verde ao proxecto.  O BNG reiteroulle e á Universidade de Vigo […]

O BNG propón crear dúas liñas de bus para conectar Teis e Navia-Coia co hospital

O Bloque manterá esta tarde un encontro aberto con asociacións veciñais e a FAVEC para recoller as súas achegas.  A pésima conexión co novo hospital, máis dun ano despois da súa posta en marcha, levou ao BNG a demandar a creación de dúas liñas de bus directas que conecten os barrios de Teis e Navia-Coia […]

O BNG cualifica de “indecente” que se multe a quen aparque nos accesos do hospital mentres non haxa aparcadoiro gratuíto

A fronte nacionalista presentará mañá, terza feira, en rolda de prensa unha proposta para mellorar a conexión por autobús co Álvaro Cunqueiro.  Para o BNG de Vigo resulta unha “manifesta inxustiza” que se comece a sancionar agora ás persoas usuarias que estacionan nos viais de acceso ao novo hospital. Desde a fronte nacionalista cualifican de […]

O BNG reclama un plan de reindustrialización para poñer fin á “situación límite” da comarca de Vigo

A fronte nacionalista impulsará iniciativas no Parlamento Galego para apostar na reindustrialización da comarca, apoiando o sector naval e automoción, e combater a precariedade laboral. O deputado Luís Bará e a deputada Montse Prado, mantiveron esta mañá un encontro coa Executiva Comarcal da CIG de Vigo. Na xuntanza participaron tamén o responsábel local do BNG, […]

Para En Marea a transferencia da AP9 merece un respaldo unánime e recoméndalle ao PSOE “que se absteña do PP”

Ana Pontón: “Hoxe é o inicio dun proceso no que BNG e En Marea tivemos altura de miras para distinguir os verdadeiros problemas deste país”. Trala xuntanza co BNG para facer unha reclamación unánime dende o Parlamento Galego do traspaso da AP9 a Galicia, o portavoz de En Marea, Luís Villaresreferiuse á ausencia do PSdeG […]

O BNG pide a Fomento que reactive o proxecto da saída sur do tren en Vigo para eliminar as vías do centro de O Porriño

O BNG reclamou hoxe a execución do proxecto da saída sur do tren en Vigo como solución ao paso do tren polo centro da vila de O Porriño. O portavoz do BNG en O Porriño, Pedro Pereira; o responsable local de Vigo, Serafín Otero; e o deputado electo Luís Bará, instaron ao Ministerio de Fomento a reactivar o […]

O BNG demanda políticas de apoio para o sector da pesca conxelada de cara a segurar a súa posición de liderado

Unha representación do BNG, encabezada por Luis Bará e Montse Prado, realizou esta mañá unha visita a Conxemar para coñecer de preto as necesidade do sector “Vemos a necesidade de desenvolver políticas de apio a este sector, e ao sector industrial en xeral, para que sexa máis competitivo, porque é un sector cun gran potencial […]

Lánzase unha campaña de alerta diante da inminente abordaxe da flotilla de Mulleres Rumbo a Gaza

Convocaranse concentracións, xa confirmadas, en Ourense, A Coruña, Compostela, Vigo e Ferrol, no día en que interveña o exército israelí. Mulleres representantes de diversas organizacións que participan na campaña “Rompamos o bloqueo. Mulleres Rumbo a Gaza” compareceron este luns en rolda de prensa para manifestar a súa solidariedade e pedir protección ao estado español e […]

Luís Bará: “Demos os primeiros pasos para que o BNG sexa protagonista na política galega”

“A consolidación do PP é demérito das forzas que tiñan a obriga de dar unha alternativa polas súas liortas e incapacidade” “Están postas as bases para o crecemento do BNG en Galiza”. Así de claro o manifestou hoxe o deputado electo do BNG pola provincia de Pontevedra, Luís Bará, ao facer balance dos resultados das eleccións galegas. Segundo […]

O BNG agradece o apoio das máis de 9.200 viguesas.

“Este é o inicio da remontada, seguiremos na loita nas rúas e no Parlamento defendendo os intrereses de Vigo e Galiza”. Nunha comparecencia diante de dirixentes e militancia do BNG na súa sede comarcal, a candidata número 3 por Pontevedra, Marta Dacosta, valorou positivamente os resultados da fronte nacionalista na cidade e na bisbarra de Vigo. “Os resultados confirman […]

Marta Dacosta: “ É posíbel recuperar os 8 mil postos de  traballo que se destruíron no naval de Vigo”

“Para nós volver poñer en marcha a construción naval é unha verdadeira prioridade nacional”. Esa foi a mensaxe contundente que a candidata número 3 de BNG-Nós pola provincia de Pontevedra, a viguesa Marta Dacosta, lle trasladou esta tarde a responsábeis sindicais da CIG do sector. Dacosta que estivo acompañada polo responsábel local do BNG en Vigo, Serafín Otero, explicou […]

Luís Bará: “O sector da Biotecnoloxía ten moito que darlle a Galiza”

O candidato do BNG pola provincia de Pontevedra, Luís Bará, visitou hoxe a empresa biotecnolóxica Biofabri, e salientou que “o sector da biotecnoloxía ten moito que darlle a Galiza”. Bará subliñou que “dende o goberno galego é preciso facer políticas de apoio a todo o que ten que ver co mundo da innovación e da biotecnoloxía, xa que […]

Luís Bará: “O Bng ve o monte galego como un recurso multifuncional”

O cabeza de lista do BNG pola provincia de Pontevedra ás eleccións galegas do vindeiro 25S, Luís Bará, asegurou hoxe en Crecente que o BNG ve o monte galego como un recurso multifuncional que debe ser aproveitado. Bará insistiu que o goberno galego debe investir na ordenación e na boa xestión, así como apostar por modelos de aproveitamento […]

Luís Bará: “A proposta polas áreas comerciais urbanas é unha das claves da marca BNG ”

Asegurou que o BNG é a única forza nacionalista de esquerdas fronte á Marea, que “non representan ás persoas que se senten galeguistas”. O cabeza de lista do BNG por Pontevedra, Luís Bará, lanzou hoxe durante un reparto electoral en Pontevedra unha mensaxe de defensa do comercio local, das áreas comerciais urbanas e da importancia de recuperar os […]

Luís Bará: “O 25-S aínda hai partido: A remontada do BNG é a chave para derrotar ao PP”

“Mentres o BNG soña cun banco público galego e cun banco de terras o PP ten pesadelos cos bancos dos tribunais pola Gurtel e a súa corrupción”, asegurou “A remontada do BNG é a chave para derrotar ao PP. O 25-S aínda hai partido”. Así de rotundo o dixo hoxe o cabeza de lista do BNG por Pontevedra, […]

Luís Bará: “O rural é un sector estratéxico para recuperar a economía galega: haino que poner a producir”

“O BNG é unha aposta galega de calidade que ten demostrada a súa valía e saber facer nos gobernos nos que estivo”. O candidato do BNG pola provincia de Pontevedra, Luís Bará, asegurou hoxe en Tomiño que o rural galego é un sector estratéxico na recuperación económica de Galiza e apostou por levar adiante políticas de desenvolvemento para […]

Luís Bará: “No BNG somos un produto 100% galego: a nosa razón de ser é defender a Galiza”

O cabeza de lista pola provincia de Pontevedra criticou a falta de acordo das forzas de esquerda en Madrid para chegar a un goberno alternativo a Rajoy e dixo que “aquí non vai ser por nós”. “No BNG somos un produto 100% galego: A nosa razón de ser é defender a Galiza”. Así o indicou hoxe o cabeza […]

Luís Bará: “O Galtrén é a aposta do Bng por un tren de proximidades real”

Pediu “un tren do século XXI con infraestruturas do século XXI” para a liña do Miño e Portugal O candidato do BNG pola provincia de Pontevedra ás eleccións galegas do 25-S, Luís Bará, mantivo esta mañá un encontro cos representantes dos comités das empresas públicas ADIF e Renfe na estación de Guixar, en Vigo, para coñecer e recoller […]

Ana Pontón: “O BNG quere abrir un tempo novo para a cultura e deixar atrás a invernía destes últimos anos”

O cabeza de lista de Pontevedra subliñou a necesidade dunha “cultura viva na que a xente sexa protagonista”. A candidata do BNG á presidencia da Xunta, Ana Pontón, asegurou hoxe en Redondela que o BNG quere abrir un tempo novo para a cultura deixando atrás a “invernía” cultural destes últimos anos. Así o manifestou nun encontro con representantes […]

O BNG aposta por converter as instalacións da antiga ETEA en Teis, nun espazo científico-tecnolóxico dotacional

O cabeza de lista do BNG pola provincia de Pontevedra, Luís Bará, asegurou hoxe que Galiza debe contar con centros de alto nivel e excelencia científica como o Campus do Mar de Vigo. Bará destacou que o BNG centrará os esforzos de I+D e innovación naqueles campos e especializacións, que, como o da investigación mariña, máis contribúen […]

Luís Bará: “Galiza precisa un Servizo Galego de Benestar que garanta a protección social”

A parlamentaria Ana Miranda anunciou que o BNG vén de conseguir un encontro coa comisaria de Asuntos Sociais e Emprego da UE. O candidato do BNG pola provincia de Pontevedra, Luís Bará, asegurou hoxe que é preciso que Galiza conte un Servizo Galego de Benestar que garanta a protección social e o benestar dos galegos e as galegas […]

Luís Bará: “O BNG ten proxecto e solvencia para levar adiante a mellor política social: poñer Galiza a producir”

“Non hai mellor política social que a que aposta por poñer o país a producir, por desenvolver todo o seu potencial, por crear riqueza e emprego de calidade e por garantir desde o público servizos para toda a poboación”. Así o dixo hoxe en Redondela o cabeza de lista do BNG pola provincia de Pontevedra, Luís Bará, quen […]

Luís Bará: “Rajoy e Feijóo deben condear as ameazas contra os deputados do BNG ou serán cómplices de prácticas paraterroristas”

Lembrou que o goberno do BNG na Deputación “seguirá a eliminar o caciquismo instalado na época de Louzán” porque “non nos van amedrentar”. O candidato do BNG pola provincia de Pontevedra, Luís Bará, esixiu hoxe a Mariano Rajoy e a Núñez Feijóo que “fagan unha condena enérxica da campaña mafiosa, de coaccións e de ataques á dignidade que […]

O BNG pide que se esclarezan as causas do  accidente de ferroviario do Porriño por unha  comisión de peritos independentes

O bng do Porriño mostra as súas condolencias ós familiares dos falecidos no accidente de ferroviario e desexa unha pronta recuperación as persoas feridas. Expresamos o noso recoñecemento a tódalas persoas que en primeiro lugar prestaron axuda ós viaxeiros do tren, así como ós equipos de sanitarios, forzas de seguridade e de emerxencias que actuaron no operativo de rescate e […]

Luis Bará: “Galiza precisa alternativas solventes e o BNG é garantía de experiencia e saber facer”

O candidato do BNG criticou durante a pegada de carteis ás forzas que “din querer derrotar ao PP en Madrid, pero que fan pinza con el en Pontevedra contra o noso modelo de cidade”. “Galiza precisa alternativas solventes e o BNG é garantía de experiencia e saber facer”. Así o asegurou hoxe o candidato do BNG pola provincia […]

Luís Bará: “Hai que ter unha visión multifuncional do monte galego e investir na ordenación e na boa xestión”

O cabeza de lista do BNG pola provincia de Pontevedra ás eleccións galegas do vindeiro 25S, Luís Bará, asegurou hoxe en Gondomar nun encontro con representantes de comunidades de montes que é preciso ter unha visión multifuncional do monte galego e investir na ordenación e na boa xestión. O nacionalista puxo como exemplo a seguir as actuacións das […]

PLAN RETORNA: a aposta do BNG para recuperar á xente moza con talento

Unha caravana de mocidade percorrerá máis de 40 localidades galegas para expoñer as propostas nacionalistas. “Sodes o motor, sodes a enerxía, sodes a forza, o talento, a creatividade, o atrevemento e a rebeldía. Sodes a xeración protagonista dese futuro que queremos para Galiza”. Así se dirixiu á mocidade galega o cabeza de lista do BNG por Pontevedra, Luís […]

Luís Bará: “Se hai unha formación que ten un modelo de mobilidade claro e alterantivo é o BNG

Mellorar a seguranza, mellorar a accesibilidade e priorizar a mobilidade peonil e ciclista, eixos do modelo Denunciar o mal estado e a perigosidade das estradas galegas, todas elas con falta de seguridade viaria e mantemento, con nulos investimentos e unha rede viaria deseñada en función do automóbil e presentar as propostas que defende o BNG para cambiar as prioridades, […]