🢂 ESTÁ NAVEGANDO EN LA SECCIÓN :

Luís Bará defende que a memoria histórica forme parte dos contidos dos programas de ensino

“Non se pode construír unha sociedade democrática a partir do esquecemento”, asegurou. O cabeza de lista do BNG pola provincia de Pontevedra, Luís Bará, defendeu hoxe en Tui a necesidade de que a memoria histórica forme parte dos contidos dos programas de ensino. O nacionalista destacou que é fundamental, sobre todo, que a xente moza coñeza a realidade para […]

O Bloque denuncia a precariedade do hospital de día do  Álvaro Cunqueiro

Refiren esperas de moitas horas para recibiren tratamento e mesmo días que marchan sen ser tratadas polo colapso da farmacia e a falla de medios. O responsábel local do BNG de Vigo, Serafín Otero, e máis a deputada no Parlamento galego, Montse Prado, compareceron esta mañá en rolda de prensa acompañando a paciente Lourdes Crespo, enferma de cancro e […]

BNG e Galiza Nova organizan a «Semana da Patria Galega en Vigo»

O BNG presentou esta mañá en rolda de prensa o programa de actividades da “Semana da Patria Galega en Vigo”. Un conxunto de actividades que a fronte nacionalista organizará canda a súa organización xuvenil, Galiza Nova, ao longo da semana próxima. “Con este programa queremos levar á rúa a defensa do dereito da nosa nación, […]

Luís Bará pasa o seu día de reflexión en Vilaboa coa súa familia

O candidato de BNG-Nós, Luís Bará, está a aproveitar a xornada de reflexión de hoxe para pasar un tempo coa súa familia en Vilaboa, onde se celebran as festas de San Xoán de Paredes. A intención do candidato é coller forzas para mañá, que agarda que sexa un día de votación “tranquilo” no que realizará unha visita […]

Luís Bará: “A pesca vai no ADN de Galiza e o BNG é a única forza que a defende en Madrid”

Avogou por que Galiza planifique e xestione directamente os seus portos O candidato de BNG-Nós pola provincia de Pontevedra, Luís Bará, asegurou hoxe en Vigo que “a pesca vai no ADN de Galiza e o BNG é a única forza que a defende os intereses particulares do noso sector en Madrid”. Así o indicou o nacionalista logo […]

Luís Bará:”Temos que darlle valor engadido á economía galega apostando por experiencias punteiras en I+D+I

Ana Pontón apelou “aos que lle queren ao país” para pedir o voto do vindeiro Luís Bará, candidato de BNG-Nós pola provincia de Pontevedra ao Congreso fixo hoxe unha aposta pola innovación, polo talento, pola creatividade e pola tecnoloxía e investigación de Galiza para impulsar a riqueza e o emprego no país. “Temos que darlle valor engadido á economía […]

Ana Miranda comprométese co Colexio Profesional de Avogados de Vigo a defender a xustiza gratuíta como servizo público

O BNG mantivo onte á tarde un encontro coa Xunta directiva do Colexio Profesional de Avogados de Vigo. Nel participaron a candidata número 2, Ana Miranda, a ex deputada nacionalista Olaia Fdez. Davila e máis o responsábel local do Bloque, Serafín Otero. Na xuntanza abordáronse cuestións como o acceso á xustiza gratuíta, a reforma exprés […]

Luís Bará: “Galiza debe coidar das súas potencialidades no sector vitivinícola e só o BNG é unha garantía”

O nacionalista, ao carón do Miño, asegurou que Galiza debe ter unha tarifa eléctrica propia por ser unha grande produtora de enerxía O cabeza de lista do BNG-Nós para o Congreso pola provincia de Pontevedra, Luís Bará, puxo hoxe o sector do viño como exemplo das potencialidade de Galiza para xerar riqueza e emprego. O nacionalista asegurou que […]

Luís Bará: “A cultura ten que ser un maior dinamizador económico e de creación de emprego para Galiza”

A portavoz nacional Ana Pontón propón a baixada do IVE cultural do 21% ao 4% e cualifica de “navallada ao sector” a política feita polo PP. O cabeza de lista de BNG-Nós pola provincia de Pontevedra, Luís Bará, asegurou hoxe que a cultura galega é un sector estratéxico polo que hai que apostar para que sexa un […]

Luis Bará: “Galiza ten que asumir competencias financeiras para crear riqueza e emprego”

O candidato de BNG-Nós pola provincia de Pontevedra comprometeuse hoxe en Ponteareas a levar a Madrid a reivindicaicón da conexión do núcleo da vila coa A-52. “Asumir competencias financeiras desde Galiza. Ter o control do aforro galego en investimentos produtivos e crédito no país e asegurar que ese aforro se destina a financiar a actividade económica propia”. Esas foron […]

Luís Bará: “Hai que crear de forma urxente un tren de proximidade que conecte axeitadamente o territorio”

“Hai que poñer en marcha un tren galego que conecte axeitadamente o territorio. O tren de proximidade é un elemento importantísimo para o desenvolvemento das cidades e as súas contornas así como das pequenas vilas. Trátase dunha necesidade urxente”. Así o indicou o cabeza de lista da candidatura do BNG-Nós pola provincia de Pontevedra, Luís Bará, quen na mañá […]

Ana Miranda: “Non podemos permitir nin máis paro en Vigo,  nin máis xente pobre por ter un traballo ultraprecario”

 No encontro celebrado na tarde-noite de onte con delegados e delegadas da Confederación Intersindical Galega (CIG), e no que participaron Ana Miranda, candidata nº 2 do BNG-Nós e Segundo González, candidato do nº 3, presentáronse en Vigo as propostas da candidatura nacionalista en materia de emprego. Miranda reclamou unha viraxe radical nas políticas sociais e laborais de carácter antisocial […]

Ana Miranda: “O primeiro que faremos no Congreso será demandar apoio e financiamento público ao naval”

Ana Miranda mantivo esta mañá un encontro co Comité de Emrpesa do estaleiro vigués Vulcano. Na xuntanza, a candidata nº2 do BNG-Nós pola provincia de Pontevedra, estivo acompañada por Segundo González, candidato nº3, a exdeputada nacionalista no Congreso, Olaia Fdez. Davila, e máis os responsábeis local e comarcal do Bloque en Vigo, Serafín Otero e […]

O BNG presenta queixa polo novo regulamento do Pleno ao Valedor do Cidadán

O BNG de Vigo presentou esta mañá unha queixa formal ao Valedor do Cidadán do Concello de Vigo a respecto do novo regulamento orgánico do Pleno, aprobado definitivamente o pasado día 30. No escrito asinado polo responsábel local da formación nacionalista, Serafín Otero, denuncian diante da institución que dirixe Luís Espada o carácter antidemocrático e […]

O Bloque Nacionalista Galego celebra este venres día 27 de maio un acto informativo sobre a  Área metropolitana de Vigo

Estando pendente a aprobación da modificación da Lei 4/2012, do 12 de abril da Área Metropolitana de Vigo, despois de ser ratificada as modificacións a mesma polos 14 concellos que a integran, o Bloque Nacionalista Galego considera necesario informar, mediante un acto público, que supón para o Porriño formar parte do Área metropolitana de Vigo?. Que servizos, previa transferencia, […]

O Bloque interpela o Goberno galego sobre as  verteduras contaminantes no río Lagares

O BNG demanda da Xunta e Concello que actúen e adopte medidas efectivas para evitar a contaminación do río Lagares. Pasados máis de dous meses desde a última vertedura contaminante rexistrada no río Lagares, o BNG vén de levar a cuestión ao parlamento galego. A deputada Carme Adán rexistrou unha interpelación e varias preguntas dirixidas ao Goberno galego para […]

O Bloque propón que se modifique o proxecto para que Vigo teña unha nova estación de tren canto antes

 Xabier P. Igrexas: “Vigo non pode continuar indefinidamente cuns andeis encaixonados no subsolo e sen servizos. O peor resultado é que a cidade quede con outra fermosa maqueta inútil en lugar de ter a estación funcional que necesitamos”. Diante do bloqueo do proxecto de nova estación de tren, o Bloque Nacionalista Galego vén de propoñer […]

Coloquio co activista e refuxiado saharaui Hassanna Aalia

Este luns 9 de maio dende Galiza Nova, organización xuvenil do BNG, organizamos un acto aberto no que conversaremos co mozo activista e refuxiado saharaui, Hassana Aalia, quen nos falará da situación nos territorios ocupados do Sahara Occidental. Será ás 20h na Libraria Cartabón (Urzaiz, 125 – Vigo), nun coloquio conducido por Elsa Quintas, avogada, […]

O Bloque Nacionalista Galego celebra, este ventres día 29 de abril un acto público no centro Cultural de Atios

O Consello local do BNG do Porriño acordou iniciar unha rolda de actos públicos nas distintas parroquias do concello coa finalidade de informar directamente aos veciños e veciñas das nosas iniciativas no concello e tamén escoitar e recoller as distintas propostas e suxestións feitas dende as parroquias. Este venres día 29 de abril, as 20:30 h no […]

O BNG exixe a Concello e Xunta que abandonen a lea partidista e actúen para evitar os desafiuzamentos en Vigo

Critican o cinismo do Partido Popular que “nada ten feito por favorecer o acceso social á vivenda” desde a Xunta. Propoñen a creación dun parque público de vivendas e dunha “Unidade de Emerxencia Habitacional” no Concello, o reforzo dos servizos sociais municipais e a creación dun Consello de Vivenda Social. Diante dos tres últimos casos […]

O BNG de Vigo rexeita o novo regulamento orgánico do pleno por “antidemocrático”

“Este regulamento é a última demostración de que ao Alcalde sóbralle a cidadanía e moléstalle que a xente se exprese” denuncia Serafín Otero. O BNG de Vigo rexeita o regulamento orgánico do pleno, aprobado inicialmente o pasado 30 de marzo e que no día de onte foi publicado no Boletín Oficial da Provincia, abríndose o […]

  Os grupos da corporación apoiaron por unanimidade a moción presentada polo BNG na que se solicitaba da corporación os seguintes acordos: Solicitar da dirección de Frigolouro e do Grupo Coren que modifique as condicións contractuais coa cooperativa Servicarne coa finalidade de igualar as condicións laborais dos/as Traballadores/as autónomos /as,que prestan os seus servizos en Frigolouro, aos de plantilla. […]

O BNG de Vigo organiza unha charla-coloquio sobre a crise humanitaria das persoas refuxiadas

O acto terá lugar o mércores 23 de marzo ás 20h na Libraría Cartabón. Falarán Serafín Otero, Responsábel local, e Ana Miranda, portavoz do BNG  O BNG de Vigo realizará o próximo mércores 23 de marzo ás 20h na Libraría Cartabón (Urzaiz 125) unha charla-coloquio titulada “Galiza solidaria coas persoas refuxiadas”, na que se denunciará a grave […]

O BNG renova a súa dirección local para relanzar a alternativa nacionalista en Vigo

O novo Consello Local reduce a súa composición de 36 a 27 integrantes. As novas incorporacións representan un terzo do total. Serafín Otero foi elixido novo Responsábel Local. “Non queremos ser unha oposición de rúa, queremos ser un goberno en construción desde a rúa, desde os barrios, coa xente” proclamou Otero, apostando nunha intensa acción […]

Dende o BNG consideramos que é preciso a conmemoración e sobre todo a reivindicación do día Internacional da Muller Traballadora, mais consideramos que os concellos, a administración pública mais achegada a veciñanza, deben comprometerse en desenrolar, dentro das súas competencias , políticas reais de igualdade. E como institucións deben demandar e esixir sobre aquelas institucións, que teñen competencias en […]

O BNG exixe que a Xunta actúe fronte a “situación límite” de desemprego en Vigo

A fronte nacionalista presentará unha batería de iniciativas no Parlamento Galego, con medidas concretas para a automoción, o naval e o desemprego xuvenil.  O Bloque Nacionalista Galego volveu denunciar esta mañá en rolda de prensa a inacción da Xunta de Galiza en relación á grave situación social e laboral da cidade. Na comparecencia, na que tomaron parte o Responsábel […]

O BNG exixe ao Concello que actúe contra Linorsa para que pague os salarios pendentes

Critican a falta de resposta por parte do Goberno Municipal e sinalan que este novo conflito pon en cuestión a xestión privada de servizos públicos.  Diante dun novo conflito laboral na empresa de limpeza Linorsa, que é concesionaria do Concello de Vigo, o BNG reitera o seu completo apoio ao persoal nas súas reivindicacións. En opinión da fronte nacionalista […]

O BNG aposta nunha área metropolitana «útil para a veciñanza e con financiamento»

A fronte nacionalista valora positivamente os avances no entendemento entre Xunta e Concellos e reitera a petición de consenso.  Logo da reunión mantida entre a Xunta de Galiza e os 14 concellos integrados na lei de Área metropolitana de Vigo, o Bloque Nacionalista Galego defende que a área sexa sobre todo unha realidade «útil para a veciñanza». Así […]

O BNG reclama ao Concello que garanta a subrogación do persoal dos aparcadoiros

Denuncian a incapacidade na xestión do Goberno municipal e apostan pola remunicipalización do servizo.  O BNG de Vigo reclámalle ao Goberno municipal que aplique o acordo plenario, vixente desde 1996, e garanta a subrogación de todo o persoal dos aparcamentos soterrados de Porta do Sol e Praza de Portugal, fechados desde o pasado 1 de outubro. “O persoal dos […]

O Bloque leva as primeiras denuncias cidadás sobre o HAC ao Parlamento galego

A fronte nacionalista defenderá tamén unha proposta de resolución para que se rescate a concesión privatizada. Denuncian que malia as promesas as deficiencias continúan como estaban.   Cando se cumpren quince días desde o lanzamento do sitio web www.denunciahospitalvigo.com o BNG apresentou hoxe en rolda de prensa as 15 primeiras denuncias recollidas, e que xa foron trasladadas ao Parlamento […]

O BNG de Vigo exixe a PSOE  e PP que expliquen a súa ligazón coa trama da Operación Patos

As informacións transcendidas da investigación xudicial poñen ao Goberno municipal de Abel Caballero baixo sospeita. Reclámanlle ao Alcalde que asuma a súa responsabilidade política e compareza públicamente para responder sobre feitos de tanta gravidade.  Após o levantamento do segredo do sumario da causa xudicial da chamada Operación Patos, fixéronse públicos algúns aspectos da investigación policial que apuntan directamente á […]

O BNG defende en Vigo o dereito de Galiza a producir e chama a consumir leite galego

– A deputada Carme Adán denuncia a inacción da Xunta á hora de defender un sector estratéxico. – O coordinador da Federación Rural Galego exixe unha solución para a emerxencia do sector afogado por prezos por baixo de custes. – Urxen a demisión da Conselleira de Sanidade logo da manifestación multitudinaria de onte en defensa da sanidade pública. […]

O BNG pide a paralización total do traslado ao novo hospital pola falla de garantías sanitarias

– A fronte nacionalista responsabiliza ao modelo privatizador imposto polo PP do “caos asistencial, de seguridade e de conexión”. – Piden a dimisión do Xerente do Sergas, da Conselleira de Sanidade e exixen a comparecencia urxente de Feijóo. Nunha rolda de prensa de urxencia realizada esta mañá, o Bloque Nacionalista Galego reclamou que o “reprogramamento”, anunciado onte polo Xerente […]

O BNG reclama para Vigo 15 millóns de euros máis nos Orzamentos Xerais do Estado

– As emendas parciais presentadas polo Bloque no Congreso céntranse na reactivación industrial, o emprego e a mellora das infraestruturas e o transporte da cidade.  O BNG vén de presentar publicamente as súas emendas aos Orzamentos Xerais do Estado para o ano 2016. Logo de que a maioría absoluta do PP rexeitar a emenda á totalidade formulada pola fronte nacionalista, […]

O Bloque demanda un transporte público en condicións ao novo hospital de Vigo

– Propón que se implanten novas liñas de autobús ou se adecúen percorridos para conectar o conxunto da cidade co Álvaro Cunqueiro. – Urxe que se dupliquen as frecuencias da actual lanzadeira desde Praza  de América e se habiliten tres máis na Praza dos Cabalos, Teis e Navia. Diante da falla de conexión cunha instalación fundamental como […]

Explicación da postura do BNG no pleno organizativo celebrado onte  no Concello do Porriño

– O Bloque votou a favor (xunto con EU e PP) de que quedará sobre a mesa a proposta de retribucións presentada pola alcaldesa Eva García de la Torre. Eva García de la Torre someteu a aprobación do pleno unha proposta de retribucións sen consensuar coa oposición que incluía subidas de salarios para alcaldía e concelleiros/as delegados/as (45.000€ alcaldía […]

O BNG esixe que se paralice a venda das 21  vivendas municipais que quedan en Rosalía

– A fronte nacionalista reclámalle ao goberno municipal que as destine a crear un parque municipal de vivendas para alugueiro social  Logo de se teren xa “malvendidos” 19 dos 40 pisos dos que é propietario o Concello de Vigo na rúa República Arxentina, a Executiva Local do BNG vén de esixir ao Goberno local que paralice a venda das 21 […]

Serafín Otero: “O BNG seguirá traballando pola cidadanía e facendo oposición fóra do Concello”

– O cabeza de lista do Bloque agradece o traballo da militancia ao longo da campaña e recoñece que quedar sen representación municipal “non é un resultado bo”  O cabeza de lista do BNG – Asembleas Abertas, Serafín Otero, fixo unha primeira valoración dos resultados electorais e recoñeceu que o Bloque “tomamos nota deste resultado, que non é un resultado […]

Otero: “O domingo Vigo ten que escoller entre quen vende pisos públicos ou quen defende vivenda social”

– O candidato do Bloque á alcaldía fixo un chamamento ao votos das persoas indecisas para que o cambio na cidade sexa posible – Manuel G. Moreira explicou as principais propostas nacionalistas en política social e destacou que o Concello ten que contribuír a evitar os lanzamentos  O cabeza de lista do BNG – Asembleas Abertas, Serafín Otero, deu “a […]

O BNG denuncia o uso partidista que fai Caballero das actuacións municipais, ao servizo do partido de goberno

– A fronte nacionalista critica que o anuncio das axudas de emerxencia se realice en período electoral mentres o ano pasado se tramitaron no último trimestre O responsable local do BNG e coordinador da campaña destas eleccións municipais, Henrique Viéitez, expresa a máis firme condena da instrumentalización que fai o candidato socialista da actividade municipal ao servizo do partido gobernante. […]