A requinta da Ulla, un instrumento tradicional galego case desaparecido desde os anos oitenta do século pasado, é a protagonista do cancioneiro homónimo que acaba de publicar o músico Rafael Carracedo Crespo. Trátase do primeiro cancioneiro que recolle a música orixinal deste prezado instrumento e que ve a luz baixo o selo de Edicións Embora, […]
A Dirección Xeral do Patrimonio Cultural, dependente da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, vén de autorizar a ampliación do parque infantil na Alameda de Suárez Llanos no barrio vigués de Bouzas. Se ben matiza que, dado que se atopa nunha contorna de protección, as intervencións que se realicen deberán resultar harmoniosas coas características […]
A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria reuniu onte preto dunha vintena de expertos do ámbito cultural vigués co fin de afondar e de avanzar na elaboración da Estratexia da Cultura Galega 2021, un documento que será a folla de ruta da planificación da acción cultural da comunidade autónoma para os vindeiros catro anos […]
O grupo de traballo técnico da Xefatura Territorial de Educación da provincia de Pontevedra, mantivo hoxe xuntanzas de traballo con representantes dos directores dos centros públicos e concertados de Infantil, Primaria e ESO de Vigo; así como de Foanpas (Federación Olívica de Asociacións de Nais e Pais de alumnos de Vigo) respectivamente, para explicarlles de […]
A Cidade da Cultura de Galicia celebrará, en colaboración coa Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic), o ciclo Vai de cine, nunha clara aposta da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria pola produción audiovisual galega máis recente e tamén máis premiada coa proxección os días 15, 16 e 17 de decembro das fitas El […]
Sete de cada dez centros de ensino públicos terán este curso un Plan de Formación Permanente do Profesorado (PFPP) con unha ou máis liñas formativas. Trátase dun total de 688 centros das catro provincias (o ano pasado houbo 380), que poden consultarse no enlace web http://www.edu.xunta.gal/portal/node/23825. O obxectivo destes plans -que cada ano pon en marcha […]
O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez, participou onte nunha nova sesión do encontro Formados e Profesionais, que desta vez se celebrou no CIFP Manuel Antonio, e no que o alumnado da familia profesional de Hostalería e Turismo deste centro puido amosar o seu potencial aos blogueiros e xornalistas especializados congregados para […]
A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria vén de conceder a 20 alumnas e alumnos galegos os Premios Extraordinarios de Educación Secundaria Obrigatoria (ESO) ao rendemento académico correspondentes ao curso 2016/17. Estes galardóns supoñen o recoñecemento do esforzo e a dedicación do alumnado que cursou, cun excelente aproveitamento, a educación secundaria obrigatoria no sistema […]
O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez, inaugurou esta mañá a xornada de traballo Robótica en primaria, na que alumnos e profesores de centros de ensino amosan todo o que se pode realizar nos centros educativos cos kits de robótica que a Consellería lles está a repartir. Neste sentido, o titular do […]
O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez, avogou esta mañá pola proporcionalidade e pola autonomía dos centros e consellos escolares á hora de establecer deberes. Tal e como manifestou, “os deberes non son bos nin malos en si mesmos; debemos abandonar posicións extremistas, ser racionais e apostar polo sentidiño”. Así o manifestou […]
A conselleira de Infraestruturas e Vivenda, Ethel Vázquez, o director xeral de Mobilidade, Ignacio Maestro, e o secretario xeral técnico da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Jesús Oitavén, xunto con técnicos de ambos os departamentos, mantiveron hoxe un encontro de traballo para ultimar o operativo especial para garantir o correcto funcionamento do transporte […]
A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, en colaboración coa Axencia Galega de Innovación (GAIN), vén de publicar hoxe no Diario Oficial de Galicia (DOG) a resolución das axudas de apoio á etapa predoutoral nas universidades do Sistema Universitario de Galicia (SUG), nos organismos públicos de investigación de Galicia e noutras entidades do Sistema […]
Un total de 12 ciclos formativos en 7 centros educativos estenderán por primeira vez o próximo curso 2017/18 o ensino plurilingüe á etapa de Formación Profesional. Así se constata na resolución provisional de ciclos formativos plurilingües (denominado PluriFP) que acaba de ser publicada na páxina web da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, no […]
O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez, defendeu hoxe que o seu departamento actuou con total responsabilidade -tanto política como organizativa- á hora de deseñar para o vindeiro curso 2017/18 a reorganización escolar en catro dos 1.100 centros da rede pública, e sempre baixo a premisa de mellorar a calidade educativa nas […]
Os arquivos galegos convidan a celebrar o Día Internacional dos Arquivos, o 9 de xuño, con diversas propostas para dar a coñecer a súa actividade e poñer en valor o patrimonio documental. Os centros dependentes da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria súmanse a esta celebración cunha completa programación, dentro da cal se organizarán […]
O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, avanzou hoxe unha achega de 70 millóns de euros ata 2020 para estender o plurilingüismo e promover o seu ensino integral desde infantil ata a universidade. Na rolda de prensa do Consello, Feijóo destacou que esta iniciativa é o obxectivo central da nova Estratexia galega de linguas […]
O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, e o director do Festival de Cine de Cans, Alfonso Pato, acompañaron esta mañá o alumnado do CEIP de Ponzos, de Ferrol, na súa visita ao festival. Os 50 rapaces e rapazas ferroláns chegaron a Cans convidados pola Secretaría Xeral de Política Lingüística e polo propio festival […]
A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria vén de abrir o prazo para que as familias soliciten a súa participación no Fondo Solidario de Libros de Texto, ou ben as axudas para a adquisición de libros de texto, e de vales para material escolar destinadas ao alumnado matriculado en Educación Primaria, ESO e Educación […]
O compostelán Auditorio de Galicia acolle este mesmo sábado o gran concerto de despedida de xira da actividade de dinamización lingüística ‘Tic Tac Toc’ no programa ‘FalaRedes 2017’. Cun derradeiro concerto moi especial, unha grande festa da lingua galega, Pablo Díaz pechará a súa xira na sexta edición do programa por 19 concellos na capital […]
Unha edición especial dun millón de envases de leite de Feiraco homenaxearán a Carlos Casares con motivo das Letras Galegas 2017, a través dunha nova campaña coa que a cooperativa agrogandeira galega —que agora integra Cooperativas Lácteas Unidas (CLUN)— reforza o seu compromiso coa lingua, coa cultura, coa tradición e coa sociedade galegas en colaboración […]
O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe a Orde pola que se establecen as bases para a concesión de subvencións ás entidades locais de Galicia para a promoción do uso da lingua galega e se procede á súa convocatoria. A nova liña de subvencións da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria apoia, por […]
A Secretaría Xeral de Cultura convoca 77.740 euros en axudas para 2017 destinadas á mellora dos arquivos de Galicia, garantindo unha custodia responsable e o acceso da cidadanía aos documentos. Concretamente, a finalidade desta liña de subvencións é a realización de actividades de descrición de fondos documentais dos arquivos galegos, para favorecer a protección, a […]