🢂 ESTÁ NAVEGANDO EN LA SECCIÓN :

A Xunta apoia un programa integrado de emprego para mellorar as oportunidades laborais de 85 persoas xordas

O director xeral de Orientación e Promoción Laboral, Alfonso Marnotes, acompañado polo delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, asistiu hoxe en Pontevedra á clausura do programa integrado de emprego, que desenvolve a Federación de Asociacións de Persoas Xordas de Galicia e Santiago (FAXPG), co apoio da Xunta, e á presentación dun […]

A Xunta destina 16 millóns de euros para impulsar o inicio da actividade a máis de 4.000 autónomos e a contratación indefinida de traballadores

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, avanzou hoxe na rolda de prensa do Consello a aprobación dunha achega de 16 millóns de euros para impulsar o inicio da actividade de máis de 4.000 autónomos e a contratación indefinida do primeiro, segundo e terceiro traballador. Máis polo miúdo, Feijóo precisou que o primeiro dos programas, […]

A Xunta avalía en Vigo os resultados e oportunidades do polo tecnolóxico e industrial de vehículos non tripulados en Galicia

A directora da Axencia Galega de Innovación, Patricia Argerey, presentou esta mañá en Vigo, ante o sector aeronáutico galego asistente á xornada técnica Presente e futuro da Tecnoloxía UAVs: procesos de fabricación, os resultados acadados ata agora pola Civil UAVs Initiative, o programa para desenvolver un Polo tecnolóxico e Industrial arredor dos vehículos non tripulados […]

Consumo activa unha nova campaña para reforzar o control de xoguetes e outros produtos de cara ás compras de Nadal

O Instituto Galego de Consumo (IGC), dependente da Consellería de Economía, Emprego e Industria, ten en marcha unha nova edición da campaña Infonadal Consumo, que ten por obxectivo garantir a seguridade dos produtos e protexer os dereitos dos consumidores de cara ás compras de Nadal. A través desta iniciativa, refórzanse as actuacións de control do […]

A Xunta contrata a 50 técnicos para reforzar o servizo de orientación laboral e mellorar as oportunidades dos desempregados

A Xunta de Galicia reforza o servizo galego de orientación laboral na provincia a través da contratación de 50 técnicos que axudarán ás persoas sen emprego a mellorar as súas oportunidades laborais, co obxectivo de que poidan insertarse no mercado de traballo o antes posible e nunhas condicións axeitadas ao seu perfil profesional. En concreto, […]

A Xunta xa concedeu apoios a máis de 3.500 fogares galegos para a mellora de cociñas e baños a través do programa Reforma17

O director do Igape, Juan Cividanes, salientou esta semana en Ames, durante unha visita á empresa Segundo Rey, que a Xunta leva apoiado este ano obras de mellora en cociñas e baños de 3.500 fogares galegos, ao abeiro do programa Reforma 17. A iniciativa, da que está a piques de pecharse a resolución da convocatoria, […]

A Xunta apoia a contratación de 252 desempregados menores de 30 anos en 165 entidades sen ánimo de lucro

A Xunta inviste 3 millóns de euros para apoiar a 165 entidades sen ánimo de lucro na contratación de 252 desempregados menores de 30 anos co obxectivo de proporcionarlles unha experiencia e práctica profesional que lles facilite a súa inserción no mercado de traballo. As axudas, que vén de resolver a Consellería de Economía, Emprego […]

A Xunta adxudica a ampliación do Ifevi por 3,2 millóns de euros á construtora San José

A Xunta, a través da Axencia Galega de Infraestruturas (AXI), vén de adxudicar o contrato para a execución das obras de ampliación das instalacións do Instituto Feiral de Vigo (IFEVI) á empresa Constructora San José por preto de 3,25 millóns de euros. Este contrato, ao que se presentaron 17 empresas, responde ao acordo de colaboración […]

Conde sinala en Arbo que a Lei de implantación empresarial que hoxe entra en vigor impulsará os parques industriais da Comunidade

O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, destacou, durante a visita que realizou ao parque industrial de Arbo no día de onte, que a Lei de implantación empresarial que hoxe entra en vigor -tras a súa publicación hoxe no Diario Oficial de Galicia- permitirá impulsar os polígonos da comunidade. Conde referiuse á aposta que o […]

A Xunta destina máis de 4 M€ a apoiar os proxectos de internacionalización de 175 empresas cara a máis de cen mercados

A Consellería de Economía, Emprego e Industria impulsa, a través do programa Galicia Exporta Empresas, os proxectos de internacionalización de 175 compañías que apostan por consolidar ou iniciar exportacións cara a máis dun cento de mercados exteriores. Este programa, destinado ás pemes e por primeira vez tamén aos autónomos, contempla axudas do 70% do investimento […]

O obradoiro de emprego Vigo Capacita IV formará 20 desempregados durante os vindeiros nove meses

O delegado da Xunta en Vigo, Ignacio López-Chaves, achegouse hoxe ata o Centro Cultural, Artístico e Recreativo de Valadares para saudar aos alumnos que iniciaron a súa formación no Vigo Capacita IV, o obradoiro de emprego posto en marcha pola Consellería de Economía, Emprego e Industria. O Goberno galego destina a este taller, no que […]

A Xunta fomenta o uso de enerxías renovables con 500 proxectos para particulares, empresas, administracións e sector primario

A Xunta consolida a súa aposta polas enerxías renovables e o seu compromiso de impulsar a eficiencia enerxética coa resolución das convocatorias tanto de enerxías renovables destinada a particulares, empresas e administracións, como a dirixida ao sector primario. En total, desenvolveranse 517 proxectos, cun investimento de 3 millóns de euros. A posta en marcha destas […]

A Xunta impulsa con 184.000 euros melloras nas infraestruturas de 3 parques empresariais da comarca de Pontevedra

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, anunciou hoxe que a Consellería de Economía, Emprego e Industria aprobou apoios por preto de 184.000 euros para 3 parques empresariais da comarca de Pontevedra co obxectivo de mellorar o servizo que se presta ás compañías xa instaladas, contribuíndo ademais ao impulso da súa […]

Feijóo avanza que Galicia contará no verán con dúas ferramentas clave para revalorizar o sector da madeira: a Axencia da Industria Forestal e o novo Plan forestal

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, avanzou hoxe que a Comunidade contará no verán con dúas ferramentas clave para revalorizar o sector da madeira: a Axencia Galega da Industria Forestal e o novo Plan forestal de Galicia. Durante o acto de clausura do 40 Aniversario da Asociación de Empresarios da Primeira Transformación da Madeira […]

A Xunta destaca a importancia de achegar o valor patrimonial e económico da artesanía á sociedade Escoitar

A directora xeral de Comercio e Consumo, Sol Vázquez Abeal, e a xerente da Fundación Centro Galego da Artesanía e do Deseño, Elena Fabeiro Castro, visitaron esta mañá o obradoiro de carpintería de ribeira de Francisco Fra Rico e o XIV Encontro de palilleiras que se están realizando no concello de Cervo, dentro do programa […]

Conde destaca que o Congreso Internacional de Drons é unha oportunidade para avanzar no desenvolvemento deste sector

O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, visitou esta mañá o I Congreso Internacional de Drons que desde hoxe e ata o domingo se celebra en Expourense e agradeceu á Asociación e ao Colexio Oficial de Graduados e Enxeñeiros Técnicos de Telecomunicacións a súa iniciativa de organizar este evento sobre un sector con […]

Balseiro afirma que a Xunta impulsa o asociacionismo do comercio local para “que siga sendo motor económico e social das nosas vilas”

O delegado territorial da Xunta, José Manuel Balseiro, destacou hoxe que a Xunta impulsa o asociacionismo para potenciar o comercio de proximidade co fin de que este “siga sendo motor económico e social das nosas vilas e cidades”. O delegado afirmou que o comercio local ten un evidente peso económico, sendo un dos principais xeradores […]