Un total de 6 empresas presentan ofertas para redactar o proxecto de reforma da estación de autobuses de Pontevedra, na que a Xunta investirá 1,5 millóns de euros

Un total de seis empresas presentaron a súa oferta para levar a cabo a redacción do proxecto básico e de execución dae reforma da actual estación de autobuses de Pontevedra, na que a Xunta investirá 1,5 millóns de euros. Este contrato, cun prazo de execución de catro meses, consta dun orzamento de licitación de máis […]

A Xunta porá en marcha mañá mesmo a central de chamadas para a xestión do transporte á demanda

Mañá xoves 21 de decembro, coincidindo co inicio das vacacións escolares de Nadal a Consellería de Infraestruturas e Vivenda porá en marcha o sistema piloto de “Transporte á Demanda”, un paso máis cara adiante no proceso de modernización do Plan de transporte público de Galicia. O delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, […]

A Xunta pon en marcha este Nadal a central de chamadas para a xestión do transporte á demanda na Área Territorial de Vigo

Este Nadal arrinca o funcionamento piloto do sistema de ‘Transporte á Demanda’, como un factor máis do proceso de modernización do proceso iniciado co Plan de transporte público de Galicia. Para iso ponse en funcionamento unha central de chamadas para a reserva de prazas. O delegado territorial da Xunta en Vigo, Ignacio López-Chaves, subliña que […]

As axudas da Xunta facilitarán a instalación de 59 novos ascensores para dar servizo a un total de 434 vivendas

A Xunta de Galicia concedeu un total de 59 axudas para facilitar a instalación de ascensores, salvaescaleiras e outros mecanismos de accesibilidade nun total de 434 inmobles. O orzamento total da convocatoria ascende a un investimento de 1,3 millóns de euros.  O reparto de axudas concedidas por provincias foi o seguinte: PROVINCIA NÚMERO DE AXUDAS […]

Feijóo destaca a construción da Autovía do Morrazo como o maior investimento en marcha en infraestruturas viarias que está a impulsar a Xunta de Galicia

O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, destacou hoxe a construción da Autovía do Morrazo como o maior investimento en infraestruturas viarias que está a impulsar a Xunta de Galicia. “Unha obra que se está a facer da man desta comarca –engadiu, buscando o xeito de evitar o corte do último treito, preservando o […]

A Xunta adxudica máis de 37.000 metros cadrados de solo empresarial con bonificacións por importe de preto de 1,5 millóns de euros

A Xunta de Galicia adxudicou máis de 37.000 metros cadrados de solo empresarial en sete parques empresariais, con bonificacións sobre o prezo de venda que acadan un total de preto de 1,5 millóns de euros. O consello de administración de Xestur procedeu á adxudicación de parcelas con prezo bonificado nos parques de A Sionlla (Santiago […]

Ethel Vázquez salienta que a Xunta continuará defendendo os intereses dos galegos na Comisión conxunta sobre a AP-9, que xa reportou resultados

A conselleira de Infraestruturas e Vivenda, Ethel Vázquez, interveu hoxe no Pleno do Parlamento de Galicia, onde salientou que a Xunta continuará defendendo os intereses dos galegos na Comisión conxunta sobre a AP-9, que xa reportou resultados. Vázquez Mourelle destacou que o Goberno galego defende que a autoestrada sexa galega e continuará traballando para acadar […]

Ethel Vázquez salienta que a Xunta solicitou explicacións o mesmo día en que se produciron as retencións na ponte de Rande

A conselleira de Infraestruturas e Vivenda, Ethel Vázquez, salientou onte no Parlamento de Galicia que a Xunta solicitou explicacións ás autoridades responsables o mesmo día en que se produciron as retencións na Ponte de Rande, o pasado 27 de outubro. En resposta a unha pregunta parlamentaria, a conselleira asegurou que o Goberno galego vén demandando […]

A Xunta adxudica a redacción do proxecto construtivo para a primeira fase da construción da intermodal de Pontevedra, que suporá un investimento de 4 millóns de euros

A Consellería de Infraestruturas e Vivenda vén de adxudicar a redacción do proxecto construtivo para a primeira fase da construción da intermodal de Pontevedra, formada polas actuais terminais de autobús e ferroviaria. O contrato foi adxudicado á empresa Eptisa Servicios de Ingeniería S.L por un presuposto de máis de 73.000 euros e ten un prazo […]

A Xunta inicia a adxudicación de dúas vivendas de promoción pública na localidade pontevedresa de Cangas

A Xunta de Galicia adxudica dúas vivendas de promoción pública no Concello pontevedrés de Cangas, unha vez que a Comisión Provincial de Vivenda iniciou os trámites para o sorteo entre os inscritos no Rexistro de Demandantes de Vivenda na localidade. Para obter máis información pódese consultar o seguinte enlace: https://goo.gl/4XW49M. O proceso iniciado permitirá ademais elaborar […]

Ethel Vázquez salienta a aposta da Xunta por “abrir Baiona ao mar” a través da reforma da travesía, que supón un investimento de medio millón de euros e rematará a finais de novembro

A conselleira de Infraestruturas e Vivenda, Ethel Vázquez, xunto co delegado territorial da Xunta en Vigo, Ignacio López-Chaves, e o alcalde, Ángel Rodal, salientou hoxe a aposta do Goberno galego por “abrir Baiona ao mar” a través da mellora da travesía deste municipio, que supón un investimento de medio millón de euros e estará rematada […]

A Xunta ultima o operativo especial para garantir o correcto funcionamento do transporte escolar de uso compartido co inicio do curso o vindeiro 11 de setembro

A conselleira de Infraestruturas e Vivenda, Ethel Vázquez, o director xeral de Mobilidade, Ignacio Maestro, e o secretario xeral técnico da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Jesús Oitavén, xunto con técnicos de ambos os departamentos, mantiveron hoxe un encontro de traballo para ultimar o operativo especial para garantir o correcto funcionamento do transporte […]

A Xunta publica hoxe no DOG a licitación da redacción do proxecto construtivo para a mellora da intermodalidade de Pontevedra

A Consellería de Infraestruturas e Vivenda publica hoxe no Diario Oficial de Galicia (DOG)  a licitación da redacción do proxecto construtivo da adecuación para a intermodalidade do conxunto formado polas actuais terminais de autobús e ferroviaria de Pontevedra. A presentación das ofertas correspondentes poderá realizarse ao longo dos vindeiros 15 días naturais, contados desde mañá. Cómpre […]

O novo Plan de transporte público de Galicia, con case 800 liñas e preto de 5.000 horarios e 10.000 paradas, permitirá reforzar e mellorar os servizos aos cidadáns

A conselleira de Infraestruturas, Ethel Vázquez, acompañada polo alcalde de Rodeiro, Luís López, visitou hoxe este concello con motivo da implantación do novo Plan de Transporte Público de Galicia, que con case 800 liñas e preto de 10.000 paradas e preto de 5.000 horarios, permitirá reforzar e mellorar os servizos aos cidadáns, especialmente no rural. […]

A Xunta formaliza o contrato para a execución das obras do treito III da Autovía do Morrazo que comezarán este mes

A Consellería de Infraestruturas e Vivenda, a través da Axencia Galega de Infraestruturas (AXI), vén de formalizar o contrato para a execución das obras do treito III da autovía do Morrazo, concretamente, entre o enlace de Meira e o de Cangas, ao seu paso polo Concello de Moaña. Esta actuación contará cun orzamento de máis […]

Ethel Vázquez destaca que o acordo cos sindicatos blinda a estabilidade do emprego no Plan de transporte

A conselleira de Infraestruturas e Vivenda, Ethel Vázquez, destacou hoxe que o acordo acadado cos sindicatos blinda a continuidade e a estabilidade do emprego no Plan de transporte público ata os máximos parámetros legais posibles, con medidas de gran calado social e laboral. A titular de Infraestruturas compareceu hoxe a petición propia no Pleno da […]

Patrimonio autoriza ao Concello de Vigo a reforma dos pavimentos na rúa García Olloqui e a praza de Compostela

A Dirección Xeral do Patrimonio Cultural, dependente da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, vén de dar o visto bo á solicitude do Concello de Vigo para a reforma dos pavimentos da vía rodada na rúa García Olloqui e no treito meridional da praza de Compostela, con importantes sinais de deterioro. Así, a resolución, […]

O Consello da Xunta aprobará mañá a contratación das novas concesións de transporte público con plenas garantías para a continuidade do emprego e para o futuro das pemes Escoitar

O Consello da Xunta aprobará mañá o inicio da contratación das novas concesións de transporte público con plenas garantías para a continuidade do emprego e para o futuro das pequenas e medianas empresas do sector. Así o trasladaron esta mañá os representantes da Consellería de Infraestruturas e Vivenda ás centrais sindicais, nunha nova xuntanza na […]

A Xunta, o Porto e a Zona Franca de Vigo inician hoxe o pago de máis de 1,5 millóns de euros a expropiados da Plataforma Loxística de Salvaterra-As Neves

A Xunta, o Porto e a Zona Franca de Vigo inician hoxe o pago de máis de 1,5 millóns de euros aos propietarios expropiados da Plataforma Loxística de Salvaterra-As Neves (Plisan). Os abonos, que se realizarán ao longo de toda esta semana e rematarán o vindeiro luns, día 10 de xullo, acadarán un importe de […]

A Xunta insiste na necesidade de que o Concello de Vigo se adhira ao Programa de vivendas baleiras

O delegado territorial da Xunta en Vigo, Ignacio López-Chaves, fixo hoxe un novo chamamento ao Concello de Vigo para que se adhira ao Programa de vivendas baleiras posto en marcha polo Executivo autonómico. Ata o de agora son xa 45 os concellos que forman parte desta medida social pioneira no Estado, que ten como obxectivo […]

A Xunta chama á responsabilidade no cumprimento dos servizos mínimos na folga de transporte e o respecto aos dereitos dos traballadores e ás necesidades dos escolares

A Xunta de Galicia chama á responsabilidade para facer posible o dereito á folga co cumprimento dos servizos mínimos establecidos e o respecto ás necesidades dos escolares e das súas familias, así como aos dereitos dos traballadores que decidiron acudir hoxe aos seus postos de traballo. Ante a convocatoria sindical de dúas xornadas de folga […]

A Xunta e os concellos de Moaña, Cangas e Bueu acordan variar o trazado da Autovía do Morrazo

A conselleira de Infraestruturas e Vivenda, Ethel Vázquez, xunto co director da Axencia Galega de Infraestruturas (AXI), Francisco Menéndez, mantivo hoxe un encontro cos alcaldes de Moaña, de Cangas e de Bueu, no que acordaron variar o trazado da autovía do Morrazo para preservar o castro de Montealegre, o que implicará pechar o tráfico para […]

A primeira fase do Plan de transporte público de Galicia permitirá duplicar o número de paradas de autobús en preto de 200 concellos, beneficiando a 1,7 millóns de galegos

A conselleira de Infraestruturas e Vivenda, Ethel Vázquez, salientou hoxe que a posta en marcha da primeira fase do novo Plan de transporte público de Galicia permitirá mellorar o funcionamento deste servizo en preto de 200 concellos galegos. Neles máis que duplicarase o número de paradas de autobús xeral e 1,7 millóns de persoas terán […]

A Xunta convoca as axudas do Plan Rehaluga para a rehabilitación de vivendas que se destinen a alugueiro social

A Xunta convoca as axudas do Plan Rehaluga para a rehabilitación de vivendas que se destinen a alugueiro social. Os propietarios de inmobles incluídos no Programa de Vivendas Baleiras creado pola Xunta poderán beneficiarse de axudas para a realización de obras de conservación, mantemento e rehabilitación das mesmas. O importe máximo das axudas a fondo […]