Medio Ambiente emite o informe urbanístico e ambiental sobre a ordenación provisional do ámbito de Recaré en Vigo

A Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio emite o informe ambiental e urbanístico sobre a ordenación provisional do ámbito de Recaré (A-7-02), no Concello de Vigo. Tal e como se reflicte no documento enviado, a proposta axústase ao previsto na Lei 2/2017, de xeito que poidan desenvolverse actuacións neste ámbito de Vigo. A […]

Augas de Galicia salienta que as obras de emerxencia da nova captación no río Verdugo non afectarán ao subministro de Ponte Caldelas

O director de Augas de Galicia, Roberto Rodríguez Martínez, trasladoulle esta mañá ao alcalde de Ponte Caldelas, Andrés Díaz Sobral, que as obras de emerxencia da nova captación do río Verdugo non afectará ao subministro de Ponte Caldelas. Así llo informou durante a reunión celebrada en Augas de Galicia, para explicarlle as obras de emerxencia […]

A Xunta abre á participación pública o documento inicial do Plan reitor de usos e xestión das Fragas do Eume

A Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio somete a participación pública o documento inicial do Plan Reitor de Usos e Xestión (PRUX) das Fragas do Eume, que servirá como punto de partida para a elaboración do plan definitivo. O documento de inicio xa está dispoñible dende hoxe na páxina web da Consellería, aínda […]

A Xunta traballa no estudo de posibles actuacións necesarias de chegar a activarse o nivel emerxencia por seca

A Xunta de Galicia traballa no estudo de posibles actuacións necesarias de chegar a activarse o nivel de emerxencia pola situación da seca. Así o puxo de manifesto a conselleira de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, Beatriz Mato, deu conta compareceu esta tarde no Parlamento de Galicia sobre o traballo realizado polo departamento que […]

A Oficina Técnica da Seca propón ampliar a declaración de alerta a toda a demarcación hidrográfica Galicia-Costa

A Oficina Técnica da Seca propuxo esta mañá ampliar a declaración de alerta por seca a toda a Demarcación Hidrográfica Galicia- Costa. Así o avanzou esta mañá o director de Augas de Galicia, Roberto Rodríguez Martínez, quen indicou que esta decisión se trasladará ao Comité Permanente do Consello Reitor de Augas de Galicia e que […]

As catro illas do Parque Nacional de Galicia recibiron máis de 327.000 visitantes este verán

O Parque Nacional Marítimo Terrestre Illas Atlánticas de Galicia recibiu nos meses de verán (xullo, agosto e setembro) máis de 327.000 visitantes (327.149), o que se traduce nun incremento dun 2,4% con case 8.000 visitantes máis que nos mesmos meses de 2016. O Parque Nacional, formado polas illas de Ons, Cíes, Sálvora e Cortegada, que […]

Galicia consolídase como unha das tres Comunidades Autónomas que máis contribúe á reciclaxe de medicamentos

Galicia Galicia consolídase, xunto con Aragón e Navarra, como unha das tres Comunidades autónomas que máis contribúen á reciclaxe de envases e restos de medicamentos. Así o sinalou a conselleira de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, Beatriz Mato, como unha das conclusións que se extraen do balance das actividades desenvolvidas nos últimos anos no […]

Expertos nacionais interésanse polo traballo de elaboración da estratexia de Infraestrutura Verde de Galicia

A directora do Instituto de Estudos do Territorio, Inés Santé, explicou esta mañá a expertos nacionais en sistemas de información xeográfica os traballos que está levando a cabo a Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio para a redacción da Infraestrutura Verde de Galicia, na que traballan cinco grupos de investigación de recoñecido prestixio […]

Medio Ambiente somete a consulta pública a ordenación provisional do concello de Vigo

A Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio somete a consulta pública a documentación relativa á ordenación provisional do Concello de Vigo. Desta maneira, o departamento autonómico avanza na tramitación ambiental das medidas que permitirán manter a actividade vinculada a determinados ámbitos do planeamento anulado mentres dure a redacción do novo Plan Xeral de […]

Preto de 90.000 persoas visitan os Parques Naturais de Galicia atraídos por un turismo diferenciado e de calidade

Preto de 90.000 persoas visitaron ata o pasado mes de xullo algún dos seis parques naturais de Galicia atraídos por un turismo diferenciado e de calidade. Así o indicou a conselleira de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, Beatriz Mato, durante a súa visita esta mañá á carpa informativa instalada na zona portuaria de Sanxenxo […]

A Xunta continúa coa campaña de control da calidade do aire no porto de Vigo

A Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio vén de iniciar a segunda fase da campaña de control da calidade do aire no Porto de Vigo, coa instalación dunha unidade móbil de calidade do aire no peirao de cruceiros transatlánticos. A campaña realízase anualmente desde 2012 por petición expresa da Autoridade Portuaria. Nunha primeira […]

Medio Ambiente emite informe urbanístico e ambiental sobre o estudo de medidas de ordenación provisional de Vigo para avanzar na súa tramitación

A Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio emite o informe urbanístico e ambiental sobre o estudo de medidas de ordenación provisional en Vigo, no que se sinalan os ámbitos que deberán someterse ao procedemento de avaliación ambiental estratéxica simplificado. Así se concreta nun informe emitido pola Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio […]

Galicia rexistrou máis de 23.000 raios durante o pasado mes de maio

O país rexistrou un total de 23.612 raios durante o mes de maio. Segundo o informe meteorolóxico mensual que hoxe deu a coñecer Meteogalicia, a mestura de masas de aire cálido en superficie e frío en altura deron lugar á inestabilidade e a chuvascos tormentosos, especialmente significativos o día 26, cando se contabilizaron máis de […]

Beatriz Mato destaca que a nova Lei de protección e benestar dos animais de compañía será unha das máis ambiciosas e completas de España

A conselleira de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, Beatriz Mato, destacou esta mañá que a nova Lei de protección e benestar dos animais de compañía será unha das máis ambiciosas e completas de España. Así o puxo de manifesto esta mañá na súa intervención do Parlamento de Galicia, onde puxo en valor a importancia […]

A Xunta invita ao alcalde de Vigo a traballar xuntos pola candidatura do Parque Nacional das Illas Atlánticas a Patrimonio da Humanidade na categoría de ben cultural

O delegado territorial da Xunta en Vigo, Ignacio López-Chaves, invitou hoxe ao alcalde da cidade a “sumar” na candidatura do Parque Nacional das Illas Atlánticas a Patrimonio da Humanidade pola Unesco na categoría de ben natural. Neste senso, defendeu a iniciativa do Goberno galego “cunha proposta que non é exclusiva, senón inclusiva” por canto inclúe […]

Beatriz Mato invita aos axentes sociais a sumarse á tripla estratexia do Goberno galego para o impulso do consumo responsable, a economía circular e o emprego verde

A conselleira de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, Beatriz Mato, invitou aos axentes sociais a sumarse á tripla estratexia galega para o impulso do consumo responsable, a economía circular e o emprego verde. Así o manifestou hoxe, durante a inauguración dunha xornada organizada en colaboración con Sogama, que reuniu na Coruña a representantes das […]

Galicia iniciará unha nova etapa na ordenación territorial basada no criterio ambiental para asegurar a provisión de servizos básicos grazas a Estratexia de infraestrutura verde

A conselleira de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, Beatriz Mato, salientou a mañá do xoves que grazas a posta en marcha da Estratexia de Infraestrutura Verde, Galicia iniciará unha nova etapa na ordenación territorial cuxa base será o punto de vista ambiental, co fin de asegurar a provisión de servizos básicos como a biodiversidade […]

Preto de 150 estudantes da Universidade de Santiago visitarán en abril as instalacións de Meteogalicia

Meteogalicia acollerá no mes de abril a preto de 500 estudantes de Educación Primaria, Secundaria, Bacharelato e Formación Profesional procedentes das provincias da Coruña, Ourense e Pontevedra, así como alumnos do Grao Universitario de Mestre en Educación Primaria e Xeografía e Historia da Universidade de Santiago de Compostela. Os asistentes participarán en distintas actividades para […]

Medio Ambiente mellora o sistema de información de ordenación do territorio e urbanismo de Galicia

A Consellería de Medio Ambiente e Ordenación deu conta na reunión do Consello Reitor do Instituto de Estudos do Territorio das melloras no Sistema de Información de Ordenación do Territorio e Urbanismo de Galicia (Siotuga). A conselleira de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, Beatriz Mato, presidiu a reunión do Consello Reitor do IET, onde […]

O primeiro borrador do Plan básico autonómico será unha realidade este verán

A Xunta de Galicia contará este mesmo verán co primeiro borrador do Plan Básico Autonómico. A conselleira de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio Beatriz Mato, adiantou este prazo durante a súa intervención na xornada sobre o regulamento da Lei do solo, organizada pola Dirección Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo. A conselleira de […]

Medio Ambiente e a USC amplían a súa colaboración con dous novos proxectos sobre os efectos da vespa velutina e o cultivo ecolóxico co fin de mitigar o cambio climático

A conselleira de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, Beatriz Mato, e o reitor da Universidade de Santiago de Compostela, Juan Viaño, salientaron a mañá de onte as novas colaboracións nas que ambas institucións se embarcan: unha investigación para paliar os efectos da vespa velutina sobre a biodiversidade e os usos de cultivos ecolóxicos máis […]

Cada galego reciclou en 2016 máis de 15 quilos de vidro, un 4 por cento máis que no ano anterior

Ao longo de 2016 cada galego reciclou máis de 15 quilos de residuos de envases de vidro, un 4 por cento máis que no ano anterior. A directora xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático, María Cruz Ferreira Costa, e o xerente de zona Galicia-Asturias de Ecovidrio, Germán Fernández, salientaron este esforzo do conxunto da […]

A Xunta coloca a economía circular no debate sobre os modelos produtivos sustentables capaces de xerar oportunidades de negocio e emprego verde

A Xunta de Galicia introduce a economía circular no debate sobre os modelos produtivos sustentables debido ao seu alto potencial como xeradores de emprego verde e novas oportunidades de negocio. A directora xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático, María Cruz Ferreira, abordará estas cuestións nunhas xornadas organizadas pola Universidade de Santiago (USC) para estudar […]

Medio Ambiente licitará en abril os plans específicos de potencial risco de inundación nos concellos de Vigo, Padron, Carballo e As Pontes

A conselleira de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, Beatriz Mato, avanzou esta mañá que no vindeiro mes de abril Augas de Galicia licitará os plans específicos da área de risco potencial de asolagamentos nos concellos de Padrón, Vigo, Carballo e As Pontes para avaliar as incidencias que os ríos Ulla, Lagares, Anllóns e Eume […]