O conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuiña, presentou ao Consello da Xunta o informe final do Programa de Vixilancia Sanitaria das Zonas de Baño de Galicia 2017. En xeral, obsérvase unha tendencia á mellora na calidade das augas de baño cada ano ao aumentar a porcentaxe de praias con clasificación sanitaria excelente e diminuír aquelas […]
A Consellería de Sanidade segue a levar a cabo o control da auga de mananciais e pozos para consumo humano que puideran estar afectados polo lindano no concello do Porriño. Nos últimos quince días realizou novas mostraxes nas que se contrastou o comportamento da auga despois das últimas choivas naqueles nos que se obtiveran resultados […]
A Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galicia-061 reforza, un ano máis, o seu persoal da Central de Coordinación para garantir que a asistencia sanitaria ás urxencias e ás emerxencias que se produzan na Comunidade Autónoma galega sexa axeitada durante as datas de Nadal. Como vén sendo habitual, o número de chamadas aumenta durante o estas […]
A sede da Delegación Territorial da Xunta na cidade olívica acolleu hoxe o acto de presentación da redacción do Estudo de necesidades sanitarias da poboación dos Concellos de Cangas e Moaña: Programa funcional e de espazos necesarios para a súa execución, cuxa elaboración contará coa colaboración dos profesionais, as administracións locais, os pacientes e os […]
As últimas analíticas realizadas polos técnicos do Servizo de Control de Riscos Ambientais da Consellería de Sanidade confirman que os valores que se fixan para garantir a calidade da auga como son a cor, o ferro e a turbidez permanecen altos en varios puntos dos concellos da área metropolitana. Segundo informan os técnicos do servizo, […]
Urxencias Sanitarias de Galicia-061 asistiu durante a fin de semana a 69 persoas debido a 48 accidentes de tráfico ocorridos nas estradas galegas. O período contabilizado comprende desde as 15:00 horas do venres, 15 de decembro ata as 23:59 horas do domingo, 17 de decembro. O día que rexistrou máis incidentes foi o sábado con […]
Na época do outono cada ano máis persoas buscan, recollen, cociñan e comen cogomelos silvestres. Esta afección crecente está a aumentar o risco de que algunha persoa apañe, cociñe e coma cogomelos tóxicos, ben por descoñecer as graves consecuencias dunha intoxicación, ben pola falla de experiencia para distinguir con total seguridade os exemplares comestibles daqueles […]
O conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuiña, destaca a importancia do diagnóstico precoz de enfermidades como a fibrose quística porque “pode prolongar a esperanza de vida das persoas que a sofren e sobre todo mellorar a súa calidade de vida”. Almuiña inaugurou hoxe a VIII Xornada de Fibrose Quística de Galicia, que se celebrou no […]
Novas análises realizadas polo Servizo de Control de Riscos Ambientais da Consellería de Sanidade apuntan a que se superaron os límites establecidos na normativa vixente da auga de consumo humano en varios concellos da área metropolitana de Vigo. Os controis preventivos realizados en varios puntos da rede de abastecemento de Vigo, Moaña e Redondela e […]
Dende a entrada en vigor en abril de 2015 do Decreto 55/2015 do 26 de marzo, polo que se regula a libre elección de persoal médico de familia, pediatra e profesional de enfermaría no ámbito da asistencia sanitaria e ata o 30 de setembro deste ano, un total de 239.542 usuarios do Servizo Galego de […]
Galicia foi a primeira comunidade autónoma que puxo en marcha o Plan estratéxico para a abordaxe da Hepatite C no Sistema nacional de salud. Fíxoo o 1 de abril de 2015, despois de que o 26 de marzo fora aprobado polo Consejo interterritorial del sistema nacional de salud (CISNS). Ata ese momento, o Sergas tiña […]
Os profesionais sanitarios dos doce centros de vacinación internacional da Consellería de Sanidade dispensaron 8.878 vacinas a 5.686 persoas nos primeiros nove meses deste ano. Nos centros da provincia da Coruña subministráronse 3.926 vacunas, 1.578 nos de Lugo, 1.013 en Ourense e 2.361 nos da provincia de Pontevedra. Por centros, na provincia da Coruña dispensáronse […]
A Consellería de Sanidade avisa aos cidadáns da importancia de tomar medidas para protexerse de posibles intoxicacións por mor do monóxido de carbono (CO). O CO é un gas que non se pode ver nin ulir. No ano 2016, 14 persoas foron ingresadas por intoxicacións por monóxido de carbono no ámbito doméstico. Delas, tres faleceron. […]
A Consellería de Sanidade e o Servizo Galego de Saúde informan que a folga convocada pola organización sindical CIG para o día de hoxe foi secundada nos centros asistenciais do Servizo Galego de Saúde na quenda de tarde por un 2,11% do total dos convocados. Por Estruturas Organizativas de Xestión Integrada, o seguimento na quenda […]
O conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuiña, reuniuse esta mañá co delegado do Goberno en Galicia, Santiago Villanueva para presentar o protocolo de actuación ante as agresións laborais externas que están a sofrer os profesionais sanitarios. Asistiron tamén a xuntanza representantes dos Colexios Médicos e de Enfermería das catro provincias galegas, xunto a responsables da […]
A delegada territorial da Xunta en Ourense, Marisol Díaz Mouteira, acompañada da xefa territorial da Consellería de Sanidade en Ourense, María Villar, e da xefa territorial da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Luz Fernández, visitou o CPI de Padrenda no que hoxe arrancaba unha nova edición do programa ‘Condutas aditivas’. Esta actividade é […]
Urxencias Sanitarias de Galicia-061 asistiu durante a fin de semana a 78 persoas debido a 55 accidentes de tráfico ocorridos nas estradas galegas. O período contabilizado comprende desde as 15:00 horas do venres, 27 de outubro ata as 23:59 horas do domingo, 29 de outubro. O día que rexistrou máis incidentes foi o domingo con […]
A Consellería de Sanidade inicia hoxe, luns 23 de outubro, a campaña anual de vacinación fronte a gripe, que se prolongará durante as próximas dez semanas, ata o seu remate o 29 de decembro. Como cada ano o obxectivo desta iniciativa é minimizar o impacto da gripe na saúde da poboación lucense mediante a vacinación, […]
A Xunta publica hoxe no Diario Oficial de Galicia (DOG) a resolución pola que se anuncia a licitación para a subministración de equipamento electromédico de radioloxía con destino a diversos centros sanitarios do Servizo Galego de Saúde. Na EOXI da Coruña os destinatarios dos novos equipamentos serían os centros de saúde do Ventorrillo e Ponteceso […]
A Xunta de Galicia confirma a apertura dun expediente sancionador ao Concello de Nigrán polos episodios de contaminación rexistrados en Praia América e dos que non se informou á poboación mediante carteis informativos na zona de baño, tal e como se lle requiriu. Este incumprimento está recollido na lei de Saúde de Galicia como unha […]
No primeiro semestre de 2017, o 99,84% das consultas telefónicas foron resoltas sen necesidade de que o paciente acudise ao seu centro de saúde. Este tipo de atención está dispoñible en medicina de familia, pediatría, enfermería, matrona, odontoloxía, hixiene bucodental e traballo social. Esta modalidade de consulta telefónica permitiu a realización de 1.272.221 citas, un […]
O Servizo Galego de Saúde destaca a súa firme aposta pola estabilidade e mellora do emprego, e así lembra as importantes melloras da última lexislatura en materia de condicións de traballo. En concreto, realizouse un novo pacto de contratación temporal, un plan de estabilidade laboral aprobado en mesa sectorial, e no último trimestre deste ano […]
O servizo de Xinecoloxía e Obstetricia do Complexo Hospitalario Universitario de Vigo (CHUVI) porá en marcha un Centro Avanzado de Medicina Materno Fetal que será referencia para toda Galicia en determinados procesos diagnósticos e terapéuticos. Este proxecto foi presentado hoxe polo conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuiña, nun acto no que estivo acompañado polo xerente […]
A Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galicia-061, servizo que coordina as urxencias e emerxencias sanitarias na comunidade galega, recomenda un ano máis ter precaución co consumo de alcohol, a condución e o lume das fogueiras para evitar incidentes durante a celebración da Noite de San Xoán. Como todos os anos nesta data, a Central de […]