🢂 ESTÁ NAVEGANDO EN LA SECCIÓN :

Os peiraos de titularidade autonómica recibiron 8.700 barcos en tránsito durante o ano 2017

Os portos de titularidade autonómica recibiron 8.754 barcos en tránsito durante conxunto do ano 2017, segundo datos facilitados polos propios xestores das instalacións naútico recreativas. Así o destacou esta mañá o presidente do ente público responsable da xestión destas infraestruturas, Portos de Galicia, José Juan Durán, nunha rolda de prensa na sede do Club Náutico […]

O Diario Oficial de Galicia publicou onte a aprobación da primeira Lei de Portos autonómica para a xestión dos 122 peiraos da Xunta

O Diario Oficial de Galicia publica onte a aprobación da Lei de Portos, a primeira con carácter autonómico, que rexerá a xestión dos 122 peiraos dependentes da Administración autonómica. A Consellería do Mar impulsou esta norma centrada na realidade portuaria galega e que entrará en vigor nun prazo de seis meses. A nova lei será […]

A Consellería do Mar avalía posibles afeccións nos bancos marisqueiros como consecuencia do arrastre de cinsas

Persoal da Consellería do Mar está a avaliar posibles afeccións nos bancos marisqueiros como consecuencia do arrastre de cinsas e de corrementos de terras que fosen parar ao mar. Así, persoal da dirección xeral de Desenvolvemento Pesqueiro está visitando Baiona e A Guarda e avaliarán a situación coas asistencias técnicas das confrarías. Ademais, desde o […]

Unha aplicación móbil permitirá mellorar a xestión da explotación da navalla na ría de Vigo

A navalla é un marisco bivalvo que, aínda que no pasado apenas tiña valor, na actualidade tense convertido nun recurso de alto valor comercial. Os cambios no modelo extractivo fan preciso avanzar no coñecemento sobre o seu ciclo reprodutivo e a súa variabilidade espacial para mellorar a xestión e facer deste sector un modelo sustentable. […]

A Xunta prorrogará ata o 12 de novembro o dispositivo antilumes polas previsións meteorolóxicas adversas

A Xunta prorrogará ata o vindeiro 12 de novembro o actual dispositivo de loita contra incendios forestais, para facer fronte ao risco de lumes polas previsións meteorolóxicas adversas. Así o anunciou hoxe a conselleira do Medio Rural, Ángeles Vázquez, tras supervisar, xunto coa titular de Mar, Rosa Quintana, os labores de inspección para o desenvolvemento […]

Un total de 30 pemes de transformación de produtos do mar benefícianse de axudas para mellorar as súas instalacións este ano

A Consellería do Mar concedeu a 30 pequenas e medianas empresas de transformación dos produtos do mar axudas por valor de máis de 4,1 millóns de euros no marco da convocatoria de 2016. Así o destacou esta mañá a conselleira do Mar, Rosa Quintana, en Dodro, durante unha visita a Fesba, unha das compañías beneficiadas […]

A Xunta identificará co sector as zonas afectadas polos incendios forestais que poidan supor un risco para os bancos marisqueiros

O Goberno galego identificará xunto co sector as zonas afectadas polos incendios forestais que poidan supor un risco para os bancos marisqueiros. Para iso, a Consellería do Mar, que mantén en alerta de activación xa desde o domingo ao Servizo de Gardacostas de Galicia, xa enviou ás confrarías galegas unha comunicación na que lles solicita […]

A consellería do Mar permitirá a extracción de moluscos na parte interna na ría de Pontevedra

A consellería do Mar reabrirá ao marisqueo a parte interna da ría de Pontevedra (GAL 10/08-2), catalogada como C desde o ano 1998 e que desde hoxe pasa a ser zona de produción B, tras mellorar a súa situación microbiolóxica substancialmente. Isto significa que o marisco extraído desa zona é apto para o seu consumo […]

Os gardacostas requisan máis de 450 aparellos de pesca en distintos controis contra o furtivismo nos últimos días

Axentes do Servizo de Gardacostas de Galicia, dependente da Consellería do Mar, requisaron máis de 450 útiles de pesca e máis de 160 quilos de diversas especies en diversos controis realizados nos últimos días. Tamén se aprehenderon de case 1.500 metros de aparellos de enmalle. Estes son os resultados de distintos controis que a Consellería […]

Portos de Galicia incrementa nun 20% o tráfico de mercadorías co investimento focalizado en portos estratéxicos

O tráfico de mercadorías nos peiraos autonómicos superou os 7,4 millóns de toneladas de mercadorías entre xaneiro de 2013 e decembro de 2016. Así o comunicou o presidente de Portos de Galicia, José Juan Durán, en resposta a unha pregunta parlamentaria formulada a mañá do xoves na Comisión 8ª de Pesca e Marisqueo. Durán Hermida […]

A Consellería do Mar consensuará co sector profesional de Moaña a proposta de mellora de abrigo na Mosqueira Escoitar

A Consellería do Mar, a través do ente público Portos de Galicia, consensuará co sector profesional de Moaña a proposta de mellora de abrigo no peirao da Mosqueira, situado neste municipio pontevedrés. Así o trasladou esta mañá a titular do departamento autonómico, Rosa Quintana, na súa visita ao peirao, onde explicou que Portos de Galicia […]

A Xunta apela a seguir traballando ante a UE para evitar a perda de toneladas que quedaron sen pescar polos estados membro nos últimos anos Escoitar

A conselleira do Mar, Rosa Quintana, apelou o mércores en Vigo a seguir traballando ante a Unión Europea para evitar que queden cotas sen pescar polos Estados membro, como aconteceu no período 2008-2014, no que máis dun millón de toneladas quedaron sen consumir, segundo os datos que manexa a Xunta e que foron feitos públicos […]