O Plan forestal prevé incrementar en seis millóns de toneladas anuais a fixación de carbono por parte dos montes galegos

Os montes son o maior sumidoiro de carbono de Galicia. Os nosos montes fixaron máis de 93 millóns de toneladas de carbono, segundo estimacións recollidas no 4º Inventario Forestal Nacional (INF4), e no Plan Forestal de Galicia (PFG) prevese que cada ano se incremente esta cifra noutros 6 millóns de toneladas. Esta capacidade é fundamental […]

A vendima deste ano creceu un 3% situándose como a terceira máis abundante da última década

Os resultados globais da vendima deste ano foron positivos en Galicia xa que, a pesares dos episodios de xeadas e pedrazo que padeceu o sector nesta primavera, a súa produción creceu un 2,8% ao superar os 61 millóns de quilos de uva recollidos. Este incremento débese aos bos resultados da denominación de orixe (DO) Rías […]

A conselleira do Medio Rural destaca o “papel protagonista” das asociacións forestais e dos montes veciñais na xestión e posta en valor dos bosques

A conselleira do Medio Rural, Ángeles Vázquez, destacou hoxe o “papel protagonista” das asociacións forestais e dos montes veciñais en man común na xestión da riqueza que representan os bosques galegos tanto desde o punto de vista económico como social e ambiental. A conselleira fixo estas declaracións tras reunirse con responsables da Asociación Forestal de […]

A Indicación Xeográfica Protexida Ribeiras do Morrazo conseguirá nos vindeiros días a súa inscrición definitiva no rexistro comunitario

A conselleira do Medio Rural, Ángeles Vázquez, reuniuse esta tarde con representantes da indicación xeográfica protexida Ribeiras do Morrazo, onde lles adiantou que está previsto que nos vindeiros días o Diario Oficial da Unión Europea (DOUE) publicará o regulamento pola que se aproba a protección da Indicación Xeográfica Protexida (IXP) “Ribeiras do Morrazo”. A conselleira […]

Ana fai estragos nos montes afectados pola vaga de lumes de outubro

A Xunta informaba que a través da Consellería do Medio Rural, está a actuar estes días en diferentes concellos de Lugo para controlar os riscos hidrolóxicos erosivos causados polos incendios e fomentar a recuperación do potencial forestal das zonas afectadas. En concreto, o departamento que dirixe Ángeles Vázquez está a traballar –ou ten previsto facelo […]

Medio Rural investiu preto de 92 millóns de euros en procesos de reestruturación parcelaria nos últimos nove anos

A Xunta ten un forte compromiso coas reestruturacións parcelarias e o obxectivo de dar un salto cuantitativo no que queda de lexislatura. Así, nos últimos anos (de 2009 a 2017) investíronse preto de 92 millóns de euros nas obras e servizos técnicos destes procesos de ordenación territorial. En concreto, a longo destes anos executáronse 944 […]

Ángeles Vázquez insiste en cualificar como “terrorista” a acción delituosa dos incendiarios porque “atacan o patrimonio e a vida”

“As accións dos incendiarios, atacando indiscriminadamente a todo e a todos, ao patrimonio e ás vidas –mesmo acabando con elas– son accións propias de terroristas e como tal deberían ser tomadas por todos”. Así o afirmou esta tarde no Parlamento a conselleira do Medio Rural, Ángeles Vázquez, en resposta a unha pregunta sobre este tema. […]

Ángeles Vázquez: “a xestión da vaga de lumes fíxose seguindo os criterios técnicos e realizando o maior esforzo posible”

A Xunta traballou antes, durante e despois da vaga de lumes con medidas serias e rigorosas para facerlle fronte. Houbo previsión, tendo en conta as condicións meteorolóxicas de cada momento e as predicións a curto e medio prazo. Actuouse mentres durou a vaga, cun dispositivo nunca mobilizado ata o momento nun mes de outubro e […]

Medio Rural permitirá excepcións á prohibición de pastoreo en montes ou terreos forestais afectados por incendios Escoitar

A Consellería do Medio Rural permitirá excepcións, tal e como o establece a Lei de Montes de Galicia, á prohibición de pastoreo en montes ou terreos forestais afectados por incendios co fin de evitar maiores prexuízos gandeiros que xa resultaron damnificados polos lumes. Desta forma, os titulares damnificados tanto da última vaga de incendios do […]

49.000 hectáreas cifradas oficialmente durante a vaga de lumes de outubro

A Consellería do Medio Rural vén de rematar a xeorreferenciación do territorio afectado durante a vaga de lumes de outubro na que o dispositivo de loita contra incendios forestais de Galicia tivo que facer fronte a 264 incendios durante cuxa extinción se fixo necesario priorizar a atención ás áreas de poboación que estaban sendo afectadas. […]

O sector forestal galego disporá de 200 millóns de euros no 2018, dos que 180 irán destinados a valorización, prevención e defensa dos montes

A conselleira do Medio Rural, Ángeles Vázquez, explicou hoxe no Parlamento as contas do seu departamento para o ano 2018 nas que destacan os 200 millóns de euros que hai reservados para o sector forestal. Deles, 180 millóns irán destinados a valoración, prevención e defensa dos montes, o que significa un incremento duns 6 millóns […]

Os 8,5 millóns de euros mobilizados por Medio Rural servirán para axudar ao sector agrogandeiro e forestal afectado pola vaga de lumes

A conselleira do Medio Rural, Ángeles Vázquez, mantivo esta mañá un encontro con representantes dos sectores forestais e agrogandeiros para explicarlles as distintas liñas que compoñen a orde de axudas do seu departamento para paliar os danos en infraestruturas e equipamentos privados en explotacións forestais, agrícolas e gandeiras, que previsiblemente sairá este luns no Diario […]

A Xunta prorrogará ata o 12 de novembro o dispositivo antilumes polas previsións meteorolóxicas adversas

A Xunta prorrogará ata o vindeiro 12 de novembro o actual dispositivo de loita contra incendios forestais, para facer fronte ao risco de lumes polas previsións meteorolóxicas adversas. Así o anunciou hoxe a conselleira do Medio Rural, Ángeles Vázquez, tras supervisar, xunto coa titular de Mar, Rosa Quintana, os labores de inspección para o desenvolvemento […]

Estabilizado un incendio forestal no concello ourensán de Viana do Bolo, parroquia de San Mamede

A Consellería do Medio Rural informa dun lume rexistrado no concello ourensán de Viana do Bolo, parroquia de San Mamede, que permanece estabilizado desde as 17,21 h. desta tarde. O incendio comezou ás 13,05 h. e, segundo as últimas etimacións, afecta unha superficie dunhas 50 hectáreas. Para extinguir este lume mobilizáronse 5 axentes, 14 brigadas, […]

A Xunta explica aos concellos da área de Vigo o paquete de axudas e as medidas activadas para paliar e reparar os danos dos lumes

O delegado da Xunta en Vigo, Ignacio López-Chaves, trasladouse hoxe ata Salvaterra, Fornelos de Montes, Soutomaior e Redondela no marco da rolda de contactos programada para explicar aos concellos afectados pola vaga de lumes o paquete de axudas e medidas postas en marcha polo Goberno galego para paliar os danos dos incendios. Xunto aos alcaldes […]

Técnicos da Xunta empezarán esta semana os traballos para a recuperación do terreo e evitar a súa erosión tras os lumes

Técnicos de diferentes departamentos da Xunta empezarán esta semana a traballar para avaliar a situación dos incendios forestais e planificar as medidas necesarias de actuación sobre os terreos, co fin de evitar o arrastre de cinzas e favorecer a recuperación da vexetación, así como o control da calidade da auga. A conselleira do Medio Rural, […]

Os bombeiros forestais piden a dimisión da conselleira do Medio Rural por «faltar á verdade» no Parlamento

Comisións Obreiras (CCOO), CIG, CSI-F e UGT, principais sindicatos do colectivo de bombeiros forestais da Xunta de Galicia, reclaman a dimisión da conselleira do Medio Rural, Ángeles Vázquez, por «faltar á verdade» durante a súa intervención no Parlamento, na que informou do número de efectivos que loitaron contra o lume este mes de outubro. Tamén […]

Mañá reúnese a mesa de coordinación de accións post-incendios como primeiro paso na toma de decisións técnicas sobre o territorio

A Consellería do Medio Rural convoca para mañá luns 23 de outubro a mesa de coordinación de accións técnicas post-incendios como primeiro paso na toma de decisións técnicas trala vaga de lumes da última fin de semana. Este será o foro no que se analicen os incendios e mailas primeiras actuacións a levar a cabo. […]

Feijóo destaca a aprobación dun decreto de medidas urxentes para paliar e reparar os danos provocados polos lumes

O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, destacou hoxe, como primeiro asunto abordado polo Consello da Xunta, a aprobación dun decreto de medidas urxentes para paliar e reparar, na medida do posible, os danos provocados polos lumes, unha vez que xa non hai ningún incendio activo nestes momentos en Galicia. Así mesmo, e coa […]

A Xunta identificará co sector as zonas afectadas polos incendios forestais que poidan supor un risco para os bancos marisqueiros

O Goberno galego identificará xunto co sector as zonas afectadas polos incendios forestais que poidan supor un risco para os bancos marisqueiros. Para iso, a Consellería do Mar, que mantén en alerta de activación xa desde o domingo ao Servizo de Gardacostas de Galicia, xa enviou ás confrarías galegas unha comunicación na que lles solicita […]

O lume que comezaba onte na parroquia de Garabás, Concello de Maside quedou extinguido

O lume que comezaba onte ás 13,26 horas na parroquia de Garabás, Concello de Maside, quedou extinguido ás 14,07 horas de hoxe. Segundo as últimas estimacións, a superficie afectada é de 41,2 hectáreas, das cales 36,2 son de arborado e o resto de monte raso. Na súa extinción participaron un técnico, oito axentes, 28 brigadas, […]

Extinguido o incendio forestal rexistrado no concello ourensán de Vilariño de Conso, parroquia de Mormentelo

A Consellería do Medio Rural informa da extinción do incendio forestal rexistrado no concello ourensán de Vilariño de Conso, parroquia de Mormentelos. Ás 10,54 h. desta mañá quedaba extinguido o lume rexistrado onte ás 21,51 h. no concello ourensán de Vilariño de Conso, parroquia de Mormentelos, que tamén afectou ao municipio veciño de Viana do […]

A Consellería do Medio Rural informa da situación dos lumes forestais con datos recollidos ata as 19,30 horas de hoxe

A Consellería do Medio Rural informa da situación dos lumes forestais con datos recollidos ata as 19,30 horas de hoxe. Laza-Camba Controlado ás 17,11 horas desta tarde o lume forestal no Concello de Laza, parroquia de Camba, que comezaba o sábado ás 20,51 horas. Segundo as últimas estimacións, afecta 75,02 hectáreas, das cales 2,82 son […]

A Consellería do Medio Rural informa da situación dos lumes forestais con datos recollidos ata as 13,45 horas de hoxe

A Consellería do Medio Rural informa da situación dos lumes forestais con datos recollidos ata as 13,45 h. de hoxe. Laza-Camba Activo un lume forestal no concello de Laza, parroquia de Camba, que comezaba onte ás 20,51 h. e que, segundo as últimas estimacións, afecta unhas 70 hectáreas de monte raso. Forman parte do dispositivo […]