🢂 ESTÁ NAVEGANDO EN LA SECCIÓN :

O rexedor súmase á ruta de Carlos Casares que percorre os espazos do escritor en Vigo

O roteiro é unha “forma de rememorar a obra cultural e literaria do autor” ao reparar nos espazos significados da súa vida e obra. Promovido polo IES Carlos Casares e a Fundación, conta coa colaboración do Concello.  Abel Caballero participou este xoves xunto a estudantes nun dos percorridos do Roteiro Carlos Casares, posto en marcha […]

O alcalde eloxia a capacidade creadora do “irrepetible” Carlos Casares

A mostra “Carlos Casares e a fotografía”, organizada polo Concello e a Fundación do escritor, amosará durante un mes na Casa da Cultura Galega unha faceta creativa descoñecida do escritor con fotos do seu álbum persoal.  Abel Caballero felicitou aos comisarios da exposición, á Fundación Carlos Casares e á súa familia por recuperar a memoria […]

Os universitarios da cidade de Pontevedra, detrás dos trampantollos de Carlos Casares

O Concello de Pontevedra desvelou onte a colaboración que mantivo durante o mes de maio para crear tres trampantollos en distintos puntos da cidade: na avenida de Montero Ríos, da praza da Pedreira e na praza de Barcelos con motivo do Día das Letras Galegas. Alberto Oubiña, concelleiro de Normalización Lingüística, explicou a pasada mañá […]

17 de Maio de 2017, Día das Letras Galegas

O dicionario da Real Academia Galega define ‘idioma’ como a «lingua natural propia dunha comunidade humana, especialmente a lingua moderna dunha nación». Ante un novo 17 de Maio, Día das Letras Galegas, as Comisións Executivas da Unión Xeral de Traballadores de Galicia e do Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia poñemos en primeiro plano […]

Carlos Casares chegará aos fogares na bolsa da compra de Vegalsa-Eroski para festexar as Letras

O autor homenaxeado pola Real Academia Galega (RAG) con motivo deste 17 de maio, Carlos Casares, chegará desde hoxe aos fogares galegos na bolsa da compar de Vegalsa-Eroski para festexar as Letras Galegas. A compañía galega de distribución alimentaria e a Secretaría Xeral de Política Lingüística lanzan por sétimo ano unha campaña especial conmemorativa que […]

Caballero louva a calidade artística de Vigo: a man da xente, texto inédito de Carlos Casares

O rexedor cualificou esta mañá como a “crónica dun éxito anunciado” a edición do libro Vigo: a man da xente, un relato curto de Carlos Casares, homenaxeado este ano no Día das Letras Galegas. Na presentación, Caballero manifestou o seu entusiasmo co proxecto, de grande valor artístico, no que destacou a calidade das ilustracións, obra […]

Un millón de envases de leite de homenaxearán a Casares con motivo das Letras Galegas

Unha edición especial dun millón de envases de leite de Feiraco homenaxearán a Carlos Casares con motivo das Letras Galegas 2017, a través dunha nova campaña coa que a cooperativa agrogandeira galega —que agora integra Cooperativas Lácteas Unidas (CLUN)— reforza o seu compromiso coa lingua, coa cultura, coa tradición e coa sociedade galegas en colaboración […]

Comezan os preparativos para a homenaxe a Carlos Casares en Xinzo de Limia o Día das Letras Galegas

O secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, reuniuse co alcalde de Xinzo de Limia, Antonio Pérez, para coordinar o acto institucional do próximo 17 de maio, Día das Letras Galegas, no marco dunha xuntanza na que tamén participaron o concelleiro de Cultura, Luis Miguel Gil, e o presidente do Centro PEN Galicia, Luís González Tosar. […]

Concello e Fundación Carlos Casares programan exposicións, faladoiros e mesas redondas sobre a figura do escritor

Na rolda de prensa deste luns, Abel Caballero salientou o “interese cultural e cidadá” das actividades programadas pola Fundación Carlos Casares e o Concello de Vigo. Caballero definiu a Casares como un “gran escritor, gran literato, magnífico amigo e gran vigués” e subliñou a cooperación coa Fundación para recuperar a súa figura e a súa […]

O Concello cooperará con Galaxia na edición dunha obra inédita de Carlos Casares

O alcalde de Vigo recibiu hoxe a Francisco Castro, a quen saudou tras asumir a responsabilidade da dirección xeral de Galaxia, que Caballero considera “máis ca unha editorial: é unha parte da historia da cultura da cidade e de Galicia” e salientou o seu compromiso co idioma e coa promoción de escritoras e escritores en […]

O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria destaca que Carlos Casares representa “a cerna do galeguismo que queremos”

O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez, presentou esta mañá na sala Eisenman do Gaiás o avance da programación da Xunta de Galicia para conmemorar as Letras Galegas 2017, dedicadas ao ourensán Carlos Casares Mouriño. Persoeiro que, en palabras do titular de Cultura representa “a cerna do galeguismo que queremos”, destacando del […]

O goberno de Vigo cooperará coa Fundación Carlos Casares na homenaxe ao autor

Abel Caballero definiu a Carlos Casares, “como tantos e tantas, un gran vigués nado en Ourense”, que fixo de Vigo “a súa casa, un dos elementos centrais da súa vida” e “unha parte da súa literatura ten que ver con Vigo”. “Estaremos na cooperación activa total”, asegurou o alcalde sobre os actos de homenaxe ao […]