O Consorcio Casco Vello de Vigo inicia o procedemento de venda de cinco novas vivendas

O Consorcio Casco Vello de Vigo (CCVV), organismo integrado nun noventa por cento pola Xunta de Galicia e un dez por cento polo Concello de Vigo, aprobou na reunión do  seu Consello de Administración celebrada con carácter extraordinaria  esta mañá solicitar ao Instituto Galego de Vivenda e Solo (IGVS) o inicio do procedemento de venda de cinco novas vivendas de protección autónomica (VPA) de […]

A xerencia de urbanismo concede a licenza para construír a sede da Universidade de Vigo no Berbés

A Xerencia de Urbanismo do Concello de Vigo acaba de conceder a licenza de obra que permitirá iniciar a rehabilitación dos edificios situados nos números 11, 13 e 15 da Praza do Berbés de Vigo para a creación da sede urbana da Universidade de Vigo. Os tres inmobles foron cedidos polo Consorcio Casco Vello de Vigo (CCVV) ao organismo  educativo por un […]

O contrato da limpeza inclúe un punto limpo móbil e recollida porta a porta no Casco Vello

O rexedor apuntou que, amais da mellora que supoñerá a nova concesión no servizo prestado na zona rural, tamén se mellorará a recollida no Casco Vello xa que “empeza a ser un dos grandes lugares de encontro da cidade”. Así, o lixo recollerase “porta a porta en todo o ámbito, incluíndo domicilios e establecementos de […]

A Xunta financiará con 1,3 millóns de euros a recuperación de vivendas nas áreas de rehabilitación integral de Vigo

A Xunta financiará con 1,3 millóns de euros a recuperación de vivendas nas Áreas de Rehabilitación Integral (ARI) no Concello de Vigo. Desta cifra, 938.736 euros son achegados polo Ministerio de Fomento e 378.620,09 polo Goberno galego. Nesta mesma área territorial, o Concello de Cangas recibirá unha aportación de 122.123,36 euros. Sobre estas partidas informou […]

Vinte empresas optan a executar a sede da Universidade de Vigo no Casco Vello

Unha das actuacións que máis vai contribuír a transformar a imaxe dunha parte tan importante do Casco Vello como a praza do Berbés comeza a ver despexado o seu camiño coa resolución de varios problemas administrativos xurdidos ao longo da súa tramitación: referímonos á construción nesta emblemática zona da sede representativa da Universidade de Vigo na cidade. Problemas na realización do […]

Visita ás obras de Ferrería 45-47 dos adxudicatarios da promoción

Adxudicatarios e “reservistas” das catro vivendas rehabilitadas polo Consorcio Casco Vello de Vigo en Ferrería 45-47 realizaron a mañá do pasado día 31 de maio, unha visita ás mesmas na que tiveron ocasión de coñecer directamente as características principais desta promoción. Acompañados por persoal técnico do Consorcio e da arquitecta responsable do proxecto, Eva María […]

A Conselleira de Vivenda visita as últimas rehabilitacións acometidas polo CCVV

A Conselleira de Vivenda e Infraestrutura da Xunta de Galicia, Ethel Vázquez, realizou ao longo da mañá de hoxe unha visita ás obras de rehabilitación que o Consorcio Casco Vello de Vigo está a realizar no barrio histórico. A Conselleira, que estivo acompañada na súa visita polo Delegado da Xunta de Galicia en Vigo e […]

A Xunta suma á rehabilitación do Casco Vello de Vigo 6 novas vivendas e 2 locais comerciais

A conselleira de Infraestruturas e Vivenda, Ethel Vázquez, xunto co delegado territorial da Xunta en Vigo, Ignacio López Chaves, visitou hoxe o Casco Vello de Vigo, no que o Goberno galego suma a rehabilitación de 6 novas vivendas e 2 locais comerciais máis na rúa Ferrería, cun investimento total de 940.000 euros, agardando que poidan […]

Marea de Vigo alerta do peche xeneralizado de locais e negocios no Casco Vello Alto

Marea de Vigo considera que finalmente os alugueres excesivos, a falla de campañas de dinamización no comercio e mesmo o pouco dinamismo de visitas na Pinacoteca Municipal están rematando co proceso de rexeneración da zona emprendido fai algún tempo. Xa fai anos que a asociación cultural do Casco Vello Alto identificaba a necesidade de programar […]

O Concello promoverá o recoñecemento da Reconquista como Festa de Interese Turístico Nacional

O alcalde de Vigo avanzou esta mañá que o Concello solicitará que a Reconquista sexa declarada Festa de Interese Turístico Nacional. Logo de facer unha valoración moi positiva da edición deste ano, insistiu na busca de fórmulas que permitan unha maior participación da xente. O rexedor cualificou de “excepcional” a celebración da Reconquista o pasado […]

O Concello adxudica provisionalmente a xestión da escola infantil de Santa Marta por 747.000 euros

A Xunta de Goberno Local vén de aprobar a clasificación de ofertas para a contratación do servizo de xestión da escola infantil municipal de Santa Marta, no Casco Vello de Vigo. A proposta mellor valorada oferta unha baixa de case o 13% e prestaría o contrato, de adxudicárselle definitivamente, por 747.000 euros durante catro anos. […]

Vigo substitúe os bolardos do Casco Vello por un sistema de lectura de matrículas

O novo sistema de acceso de vehículos de residentes e servizos ao Casco Vello de Vigo entrará en funcionamento “de forma inmediata”, segundo anunciou hoxe Abel Caballero. Está baseado nunha tecnoloxía de recoñecemento de matrículas a través de cámaras que accionan un semáforo que cambia a verde para os vehículos que contan coa autorización municipal […]

El PP denuncia que la “absoluta parálisis” del gobierno tiene a los vecinos del Casco Viejo sin aparcamiento y sin tarjetas de acceso para residentes

El concejal popular, Diego Gago, destaca que el ejecutivo suma “año y medio sin mover ni un papel” para recuperar el Parking de Puerta del Sol, privando a residentes y comerciantes de 263 plazas de estacionamiento.  Revela que el Gobierno municipal lleva tres años sin renovar la tarjeta de acceso a los residentes cada vez […]

PP propone pactar con vecinos y hosteleros del Casco Vello soluciones urgentes a los problemas de convivencia con el ocio nocturno

La concejala Teresa Egerique critica que Caballero “mire hacia otro lado” ante las quejas de los residentes y sugiere “crear un grupo de trabajo urgente” para abordar el problema y aplicar una estrategia consensuada. El grupo municipal mantendrá reuniones con los residentes en las zonas conflictivas y con los hosteleros para estudiar sus posicionamientos y […]