🢂 ESTÁ NAVEGANDO EN LA SECCIÓN :

CCOO-Ensino apoia as reivindicacións de profesorado e familias do CEIP Castelao de Navia

O sindicato amosa a súa preocupación polas condicións nas que se atopa o colexio e esixe a Xefatura Territorial e Inspección que garanta as máximas condicións de seguridade para o alumnado e o profesorado do centro. Nesta liña, tamén esixen as máximas garantías sanitarias para que tanto alumnado como profesorado, especialmente aqueles con enfermidades respiratorias, […]

Luz López é reelixida secretaria xeral de CCOO-Ensino

As delegadas e delegados que participaron no 10.º Congreso da Federación do Ensino de CCOO de Galicia aprobaron por unanimidade a reelección de Luz López Pérez como secretaria xeral. O conclave tivo lugar os días 31 de marzo e 1 de abril en Santiago de Compostela so o lema «Defendendo a educación, defendemos os nosos […]

CCOO-Ensino aplaude o acordo para combater a precariedade no sector público

A Federación do Ensino de Comisións Obreiras de Galicia (CCOO-Ensino) aplaude o acordo estatal para combater a precariedade no sector público. En Galicia, permitirá nos próximos tres anos consolidar uns dous mil empregos docentes que agora son temporais. Así mesmo, con vistas ás ofertas públicas de emprego (OPE), establécese unha taxa de reposición do 100 % […]

CCOO esixe garantías para que as direccións dos centros educativos non sexan nomeadas «a dedo»

Federación do Ensino de CCOO de Galicia esíxelle á Xunta «fórmulas democráticas» para que calquera docente proposto pola súa comunidade educativa poida exercer a función directiva. A demanda do sindicato prodúcese ante a próxima convocatoria do proceso de selección de direccións. Comisións pide «garantías», xa que a LOMCE avala un modelo selectivo no que a […]

Folga no ensino en Galicia o día 9 de marzo

A Plataforma en Defensa do Ensino Público de Galicia, da que forman parte as organizacións CONFAPA-GALICIA, CCOO-Ensino, FeSP-UGT, Sindicato de Estudantes, ESCOLA VIVA e IESGA, mais STEG, fan un chamamento á folga a toda a comunidade educativa o vindeiro 9 de marzo. O Goberno central afirma e anuncia que está disposto a acadar unha lei […]

CCOO-Ensino afirma que a OPE anunciada polo conselleiro é «insuficiente e consolida os recortes» dos Gobernos do PP

A Federación do Ensino de Comisións Obreiras de Galicia (CCOO-Ensino) afirma que a oferta pública de emprego (OPE) anunciada polo conselleiro de Educación é «insuficiente e consolida os recortes» dos Gobernos do PP. Noutras palabras, «confirma a aposta» da Xunta de Galicia por manter altas taxas de temporalidade no emprego público docente, censura o sindicato. […]

As mobilizacións da comunidade educativa acabaron coas reválidas da LOMCE

As organizacións que integran a Plataforma en Defensa do Ensino Público consideran que a xornada de mobilización do mércores, día 26 de outubro, motivou a decisión de Mariano Rajoy de anunciar a fin das reválidas da LOMCE. A comunidade educativa «volveu falar democraticamente», sinala a Plataforma. A contestación social contra as reválidas e a LOMCE […]

Folga e xornada de loita no ensino público o 26 de outubro

A Federación do Ensino de CCOO de Galicia apoia a folga educativa convocada en todo o estado polos colectivos de estudantes e as súas familias para o vindeiro mércores, día 26 de outubro. O sindicato fai un chamamento ao profesorado para participar nas concentracións que se realizarán pola tarde na Coruña, Lugo, Ourense e Pontevedra. […]