O persoal de Ferroatlántica amosa o seu rexeitamento ao acordo marco que a empresa pretende impor

Os traballadores e as traballadoras de Ferroatlántica nas fábricas de Cee e Dumbría e as Centrais Hidroeléctricas continuaron este mércores coas mobilizacións para amosar o total rexeitamento ao acordo marco que a empresa pretende levar adiante, coa complicidade das centrais sindicais estatais, e que suporía vincular os convenios colectivos vixentes nos diferentes centros de traballo. […]

Os portos de titularidade autonómica incrementaron nun 1,4% interanual os tráficos de mercadorías ata novembro

O volume de tráfico de mercadorías nos 122 portos de titularidade autonómica incrementouse nun 1,4% interanual a data de 30 de novembro. Así se recolle no último informe de xestión elaborado por Portos de Galicia co peche do mes pasado. En concreto, os peiraos dependentes da Xunta de Galicia rexistraron nos primeiros 11 meses do […]

Augas de Galiza confirma que non se pode desvincular a actividade das centrais das fábricas de ferroaliaxes

O comité de Ferroatlántica Cee-Dumbría-Centrais Hidroeléctricas amosou a súa satisfacción pola resolución que vén de emitir Augas de Galiza desestimando o recurso de alzada presentado pola empresa. A resolución confirma os argumentos defendidos polos traballadores e traballadoras dende o inicio do conflito: que o interese xeral que ampara a vinculación de actividades non mudou e […]

Almuiña avanza que a reforma da Lei de saúde permitirá a creación dos distritos sanitarios ligados aos hospitais comarcais de Verín e Cee

O conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuiña, reuniuse esta mañá en senllos encontros con alcaldes e representantes municipais da zona de Cee e Verín, para explicar os puntos máis salientables do anteproxecto de Lei polo que se modifica a Lei 8/2008, do 10 de xullo, de Saúde de Galicia. Almuiña avanzou que a modificación normativa […]

Denuncian a “situación de abandono” do Hospital Virxe da Xunqueira de Cee

A Comisión de Centro de Cee vén de denunciar “a situación de abandono” na que se atopa o Hospital Virxe da Xunqueira e amosar a preocupación polo desmantelamento paulatino de servizos neste hospital por parte da Xerencia de Xestión Integrada (EOXI) da Coruña, a quen acusan de “querer desmantelar”o centro. Un camiño que, neste mes […]

A mobilización social consegue evitar a segregación e venda das centrais hidroeléctricas

Este mesmo mércores, o Comité de Ferroatlántica recibía comunicación de parte do Conselleiro de Industria informando da resposta negativa de Augas de Galiza á petición de segregación de actividades formulada pola empresa. Esta noticia vén dar á razón aos argumentos defendidos polos traballadores e traballadoras que, dende hai dez meses, están desenvolvendo unha loita histórica […]

O Comité de Ferroatlántica convoca folga e manifestación en Santiago

O Comité de Ferroatlántica Cee-Dumbría-Centrais Hidroeléctricas quere informar do novo calendario de mobilizacións, consensuado con todos os alcaldes da comarca, en rexeitamento á segregación das actividades que pretende a empresa e para esixir da Xunta de Galiza a non autorización da mesma. Un calendario reivindicativo que inclúe a convocatoria dunha nova xornada de folga de […]

O Comité de Ferroatlántica cualifica a reunión con Industria de “preocupante” e “insatisfactoria”

A postura defendida polo conselleiro de Industria na reunión que hoxe mantivo co Comité de Ferroatlántica Cee-Dumbría-Centrais Hidroeléctricas foi cualificada como “decepcionante” e “preocupante”. Tras meses agardando a que Francisco Conde respondera ás numerosas solicitudes de xuntanza trasladadas polo Comité, “acudimos esta mañá a Santiago agardando facer fronte única e poñer en común coa Xunta […]

“A Xunta ten que desautorizar de inmediato a segregación que pretende Ferroatlántica”

O Comité de Ferroatlántica Cee-Dumbría-Centrais Hidroeléctricas, reunido de urxencia, acordou levar adiante todas as mobilizacións que sexan necesarias “para esixir á Xunta de Galicia que, de xeito inmediato e contundente, desautorice a solicitude de segregación de actividades presentada formalmente no día de onte pola empresa”. A tal fin, a representación do persoal non descarta convocar […]

Non avalaremos coa nosa presenza unha negociación que só busca lexitimar a venda das centrais

A dirección de Ferrotlántica insiste e convoca unha nova xuntanza cos comités e as centrais sindicais para o vindeiro xoves en Madrid. A CIG xa comunicou que non asistirá a este encontro, dado que non se produciu ningunha mudanza na cuestión de fondo: a empresa segue sostendo o seu ilegal plan industrial sobre a base […]

O comité: “Temos total disposición a dialogar con Ferroatlántica, se desiste de vender as centrais”

O Comité de Ferroatlántica Cee-Dumbría-Centrais Hidroeléctricas, en reunión plenaria celebrada este venres 24 de marzo, como non podía ser doutro xeito, acordou non acudir á reunión convocada pola empresa para o vindeiro luns en Madrid. O Comité xa lle ten trasladado en infinitas ocasións á dirección “a súa total disposición” ao diálogo e á negociación […]

7.000 persoas maniféstanse en Cee contra a venda das centrais hidroeléctricas e a segregación de actividades

A pesares dos abusivos servizos mínimos impostos pola dirección, a xornada de folga nas fábricas de Ferroatlántica Cee e Dumbría, as centrais hidroeléctricas e as empresas auxiliares (ás que se estendía o paro) rexistrou un amplísimo seguimento entre o cadro de persoal. Canda os traballadores/as, unhas 7.000 persoas participaron na manifestación que percorreu as rúas […]

Un informe xurídico avala as teses do persoal de Ferroatlántica: as actividades non se poden segregar

“A supresión ou cambio da prohibición de segregación en sociedades distintas dos aproveitamentos hidroeléctricos nos ríos Xallas e Grande e da actividade industrial de ferroaliaxes en Cee e Dumbría suporía unha alteración substancial que, alén da mera autorización administrativa, levaría á extinción das concesións actuais- coa conseguinte reversión á administración galega de usos e instalacións-” […]

Comité Ferroatlántica chama a amosar o rexeitamento da comarca “á espoliación dos nosos recursos”

O Comité de Empresa de Ferroatlántica Cee, Dumbría, Centrais Hidroeléctricas ten convocada folga para o vindeiro 10 de marzo en resposta ao anuncio público realizado pola empresa de vender as centrais dos ríos Xallas e Grande na Costa da Morte. Coincidindo co paro de 24 horas, os traballadores/as van realizar unha manifestación ese mesmo día […]

Ana Pontón advirte a feijóo que se autoriza a venda das centrais do Xallas perderanse 284 empregos

A portavoz nacional, Ana Pontón, propuxo facer unha fronte común de todas as forzas políticas para garantir o futuro de Ferroatlántica na Costa da Morte con dous puntos concretos: Pechar a porta a calquera venda ou segregación das centrais do  Xallas e demandar da empresa que cumpra cos seus compromisos con Galiza en materia de […]

O persoal de Ferroatlántica responde ao acordo de venda das centrais cunha folga o venres 10 de marzo

Os traballadores e traballadoras de Ferroatlántica Cee-Dumbría -Centrais Hidroeléctricas irán a folga o venres 10 de marzo ante a teima da empresa de querer levar adiante a venda das plantas de xeración de electricidade e a segregación de actividades e na defensa dos postos de traballo e o futuro da comarca. Así llo trasladaron este […]

Ferroatlántica recolle fracaso tras fracaso na busca de apoios entre os comités ao seu ilegal plan industrial

O Comité de Ferroatlántica Cee-Dumbría-Centrais Hidroeléctricas mantivo este mércores unha reunión cos alcaldes da comarca para aclarar a situación na que se atopa o conflito, “fronte ás informacións interesadas vertidas pola empresa, co obxectivo de xerar confusión”. No decurso da entrevista, o Comité informou “dos fracasos” que está a recoller Ferroatlántica no seu intento de […]

Marcha a pé de traballadores/as de Ferroatlántica contra a pretensión de Villar Mir de vender a empresa

Traballadores e traballadoras de Ferroatlántica marcharon este xoves a pé desde a fábrica de Brens, de onde partiron contra as 10:00 horas, até a central do Ézaro, onde se concentraron, contra as 13:00 horas, en protesta pola decisión empresarial de vender as centrais. Á súa chegada á fervenza despregaron por unha ladeira do Monte Pindo […]

Traballadores/as de Ferroatlántica iniciarán un peche no Concello de Cee contra a venda das centrais

Logo da multitudinaria concentración do pasado sábado en Cee, o Comité de Ferroatlántica xa acordou novas mobilizacións para esixir a intervención inmediata da Xunta e a paralización da venda das centrais hidroeléctricas. A partir do vindeiro luns dará comezo un peche no Concello de Cee e haberá concentracións diarias diante da casa consistorial de 18:30h […]

Que repercusións ten para a comarca de Fisterra a segregación de actividades de Ferroatlántica?

O Comité de Ferroatlántica iniciou este domingo unha campaña informativa coa que se pretende pór de manifesto a negativa repercusión que a venda das centrais hidroeléctricas ten para a comarca. A primeira acción desta campaña consistiu nun reparto de follas informativas no mercado municipal de Cee. A representación social lembra que a segregación de actividades […]

O Comité denuncia a campaña de Ferroatlántica “para enganar a opinión pública con proxectos fantasiosos”

O Comité de Empresa de Ferroatlántica denuncia a “campaña de mentiras e contaminación” coa que a empresa “pretende enganar a opinión pública”. Estas afirmacións responden á visita que o Presidente de Ferroatlántica realizou esta semana á comarca para reunirse cos alcaldes de Cee e Dumbría. Unha viaxe que contrasta coa negativa de Pedro Larrea a […]

Traballadores/as de Ferroatlántica concéntranse na fábrica de Cee contra a venda das centrais hidroeléctricas

Traballadores e traballadoras de Ferroatlántica concentráronse este venres pasado diante da fábrica que a empresa ten en Brens (Cee) para amosar o total rexeitamento á venda das centrais hidroeléctricas que o Grupo Villar Mir explota na comarca da Costa da Morte. Previamente á protesta, o comité e as centrais sindicais con representación (CIG, UGT e […]