Augas de Galiza confirma que non se pode desvincular a actividade das centrais das fábricas de ferroaliaxes

O comité de Ferroatlántica Cee-Dumbría-Centrais Hidroeléctricas amosou a súa satisfacción pola resolución que vén de emitir Augas de Galiza desestimando o recurso de alzada presentado pola empresa. A resolución confirma os argumentos defendidos polos traballadores e traballadoras dende o inicio do conflito: que o interese xeral que ampara a vinculación de actividades non mudou e […]

A mobilización social consegue evitar a segregación e venda das centrais hidroeléctricas

Este mesmo mércores, o Comité de Ferroatlántica recibía comunicación de parte do Conselleiro de Industria informando da resposta negativa de Augas de Galiza á petición de segregación de actividades formulada pola empresa. Esta noticia vén dar á razón aos argumentos defendidos polos traballadores e traballadoras que, dende hai dez meses, están desenvolvendo unha loita histórica […]

O persoal de Ferroatlántica ratifica a convocatoria de folga e a manifestación do 8 de xullo

A asembleas de traballadores e traballadoras celebradas o pasado mércores nos centros de traballo de Ferroatlántica avalaron a convocatoria de mobilizacións acordada polo Comité de empresa; isto é folga nas fábricas e centrais para o sábado 8 de xullo, manifestación ese mesmo día en Santiago de Compostela e marchas a pé dende Cee á capital […]

O Comité de Ferroatlántica convoca folga e manifestación en Santiago

O Comité de Ferroatlántica Cee-Dumbría-Centrais Hidroeléctricas quere informar do novo calendario de mobilizacións, consensuado con todos os alcaldes da comarca, en rexeitamento á segregación das actividades que pretende a empresa e para esixir da Xunta de Galiza a non autorización da mesma. Un calendario reivindicativo que inclúe a convocatoria dunha nova xornada de folga de […]

Denuncia na Inspección contra Ferroatlántica por vulnerar o exercicio da liberdade sindical

O Comité de Ferroatlántica denuncia que a empresa “non se dá por satisfeita” con ameazar o emprego das fábricas de Cee e Dumbría e o futuro da Costa da Morte “e acaba de dar unha mostra da súa mala fe, vulnerando o exercicio da liberdade sindical ao negar o crédito de horas sindicais a dous […]

O Comité de Ferroatlántica cualifica a reunión con Industria de “preocupante” e “insatisfactoria”

A postura defendida polo conselleiro de Industria na reunión que hoxe mantivo co Comité de Ferroatlántica Cee-Dumbría-Centrais Hidroeléctricas foi cualificada como “decepcionante” e “preocupante”. Tras meses agardando a que Francisco Conde respondera ás numerosas solicitudes de xuntanza trasladadas polo Comité, “acudimos esta mañá a Santiago agardando facer fronte única e poñer en común coa Xunta […]

“A Xunta ten que desautorizar de inmediato a segregación que pretende Ferroatlántica”

O Comité de Ferroatlántica Cee-Dumbría-Centrais Hidroeléctricas, reunido de urxencia, acordou levar adiante todas as mobilizacións que sexan necesarias “para esixir á Xunta de Galicia que, de xeito inmediato e contundente, desautorice a solicitude de segregación de actividades presentada formalmente no día de onte pola empresa”. A tal fin, a representación do persoal non descarta convocar […]

Non avalaremos coa nosa presenza unha negociación que só busca lexitimar a venda das centrais

A dirección de Ferrotlántica insiste e convoca unha nova xuntanza cos comités e as centrais sindicais para o vindeiro xoves en Madrid. A CIG xa comunicou que non asistirá a este encontro, dado que non se produciu ningunha mudanza na cuestión de fondo: a empresa segue sostendo o seu ilegal plan industrial sobre a base […]

“As ameazas do Presidente de Ferroatlántica a través dos medios demostran a desesperación da empresa”

O Comité de Ferroatlántica considera que a empresa “está demostrando a súa verdadeira faciana”, coas “ameazas e chantaxes” feitas públicas nos medios de comunicación. Unhas manobras, denuncian, a través das que a compañía “pretende facer recaer no conxunto dos traballadores e traballadoras, a responsabilidade da ilegal operación que quere levar adiante”. Porque engaden, “non hai […]

O comité: “Temos total disposición a dialogar con Ferroatlántica, se desiste de vender as centrais”

O Comité de Ferroatlántica Cee-Dumbría-Centrais Hidroeléctricas, en reunión plenaria celebrada este venres 24 de marzo, como non podía ser doutro xeito, acordou non acudir á reunión convocada pola empresa para o vindeiro luns en Madrid. O Comité xa lle ten trasladado en infinitas ocasións á dirección “a súa total disposición” ao diálogo e á negociación […]

7.000 persoas maniféstanse en Cee contra a venda das centrais hidroeléctricas e a segregación de actividades

A pesares dos abusivos servizos mínimos impostos pola dirección, a xornada de folga nas fábricas de Ferroatlántica Cee e Dumbría, as centrais hidroeléctricas e as empresas auxiliares (ás que se estendía o paro) rexistrou un amplísimo seguimento entre o cadro de persoal. Canda os traballadores/as, unhas 7.000 persoas participaron na manifestación que percorreu as rúas […]

Un informe xurídico avala as teses do persoal de Ferroatlántica: as actividades non se poden segregar

“A supresión ou cambio da prohibición de segregación en sociedades distintas dos aproveitamentos hidroeléctricos nos ríos Xallas e Grande e da actividade industrial de ferroaliaxes en Cee e Dumbría suporía unha alteración substancial que, alén da mera autorización administrativa, levaría á extinción das concesións actuais- coa conseguinte reversión á administración galega de usos e instalacións-” […]

O Comité recorrerá os abusivos servizos mínimos impostos por Ferroatlántica para a folga do 10 de marzo

O Comité de Empresa de Ferroatlántica Cee, Dumbría, Centrais Hidroeléctricas recorrerá ante o xulgado do Social da Coruña a imposición por parte da empresa “duns servizos mínimos abusivos”. Explican que na reunión mantida o venres coa dirección non se chegou a acordo sobre os servizos mínimos necesarios para poder desenvolver con normalidade a xornada de […]

Comité Ferroatlántica chama a amosar o rexeitamento da comarca “á espoliación dos nosos recursos”

O Comité de Empresa de Ferroatlántica Cee, Dumbría, Centrais Hidroeléctricas ten convocada folga para o vindeiro 10 de marzo en resposta ao anuncio público realizado pola empresa de vender as centrais dos ríos Xallas e Grande na Costa da Morte. Coincidindo co paro de 24 horas, os traballadores/as van realizar unha manifestación ese mesmo día […]

O Comité de Ferroatlántica lamenta a ambigüidade de Feijoo e pídelle que acelere a reunión con Industria

O Comité de Ferroatlántica  Cee-Dumbría-Centrais Hidroeléctricas demandou este mércores do Presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, unha declaración contundente de que a Xunta non vai autorizar a venda das centrais hidroeléctricas e a segregación de actividades, así como que interveña para acelerar a reunión que a representación do persoal ten solicitada co conselleiro de Industria […]

O persoal de Ferroatlántica responde ao acordo de venda das centrais cunha folga o venres 10 de marzo

Os traballadores e traballadoras de Ferroatlántica Cee-Dumbría -Centrais Hidroeléctricas irán a folga o venres 10 de marzo ante a teima da empresa de querer levar adiante a venda das plantas de xeración de electricidade e a segregación de actividades e na defensa dos postos de traballo e o futuro da comarca. Así llo trasladaron este […]

Ferroatlántica recolle fracaso tras fracaso na busca de apoios entre os comités ao seu ilegal plan industrial

O Comité de Ferroatlántica Cee-Dumbría-Centrais Hidroeléctricas mantivo este mércores unha reunión cos alcaldes da comarca para aclarar a situación na que se atopa o conflito, “fronte ás informacións interesadas vertidas pola empresa, co obxectivo de xerar confusión”. No decurso da entrevista, o Comité informou “dos fracasos” que está a recoller Ferroatlántica no seu intento de […]

Ferroatlántica continúa a campaña de mentiras para ocultar o seu “Plan de Reconversión”

A reunión coa dirección de Ferroatlántica celebrada no día de mercores, 21 de decembro, confirmou o que dende este Comité levan semanas denunciando: que o plan da empresa leva á perda de emprego, ao desmantelamento e ao peche progresivo das fábricas de Cee e Dumbría. Un obxectivo que non ocultan nin a ofensiva mediática nin […]

Iníciase o peche indefinido no Concello de Cee contra a venda das centrais

Nun salón de plenos ateigado, o Comité de Ferroatlántica e representantes sindicais anunciaban o inicio dun peche indefinido no Concello de Cee. Unha acción que estará acompañada de concentracións diarias entre as 18:30 e as 19:30 horas e coa que se pretende por unha banda esixir ao Presidente da Xunta que reciba á representación social […]

Traballadores/as de Ferroatlántica iniciarán un peche no Concello de Cee contra a venda das centrais

Logo da multitudinaria concentración do pasado sábado en Cee, o Comité de Ferroatlántica xa acordou novas mobilizacións para esixir a intervención inmediata da Xunta e a paralización da venda das centrais hidroeléctricas. A partir do vindeiro luns dará comezo un peche no Concello de Cee e haberá concentracións diarias diante da casa consistorial de 18:30h […]

A comarca de Fisterra mobilízase contra a venda das centrais hidroeléctricas

Traballadores/as, familiares, representantes políticos e veciños e veciñas da comarca de Fisterra manifestaron na tarde do sábado o seu rexeitamento unánime á venda das centrais hidroeléctricas e á segregación de actividades produtivas que pretende levar adiante Ferroatlántica, conscientes de que esta operación “será a ruína da comarca”. “Ao Grupo Villar Mir pouco lle importan os […]

Primeiro xesto da Xunta: o conselleiro de Industria asiste á reunión co Comité de Ferroatlántica

O Comité de Empresa valora como un primeiro xesto positivo que, na reunión prevista para a tarde deste xoves co Director Xeral de Enerxía e Minas, comparecera tamén o Conselleiro de Industria, Francisco Conde. Non obstante entenden que o responsábel autonómico “non se expresou coa contundencia esperada polos traballadores e traballadoras, dada a gravidade da […]

O Comité denuncia a campaña de Ferroatlántica “para enganar a opinión pública con proxectos fantasiosos”

O Comité de Empresa de Ferroatlántica denuncia a “campaña de mentiras e contaminación” coa que a empresa “pretende enganar a opinión pública”. Estas afirmacións responden á visita que o Presidente de Ferroatlántica realizou esta semana á comarca para reunirse cos alcaldes de Cee e Dumbría. Unha viaxe que contrasta coa negativa de Pedro Larrea a […]