O 97% do persoal de Extel secunda a folga contra a brutal modificación das condicións laborais

As traballadoras e traballadores de Extel realizaron este xoves unha estrondosa concentración (armados de chifres e potas), en resposta á modificación substancial das condicións laborais que pretende impor a dirección. A protesta, no marco dunha xornada de folga de 24 horas que rexistra un seguimento de arredor do 97% na plataforma da Coruña, foi convocada […]

Novo ataque de Extel ao emprego: pretende aplicar unha modificación brutal das condicións laborais

Logo do fraudulento ERE que a empresa aplicou a finais do pasado ano, Extel volve atacar o emprego, desta volta cunha modificación substancial colectiva das condicións laborais que, de efectivizarse, afectará a 334 traballadores/as da Coruña, dun total de 857 persoas afectadas no estado. Ao igual que ocorreu co ERE, a modificación das condicións de […]

Convocada nova xornada de folga nos centros de chamadas en Galiza

Trancorridos 26 meses desde que venceu o Convenio Estatal de Contact Center e ante o bloqueo por parte da patronal e o inmobilismo do sindicalismo español, a CIG convocou unha nova xornada de folga a nivel galego para o vindeiro día 20 de febreiro, que en empresas como Extel, Atento e Abetne contará ademais co […]

Amplo seguimento da folga convocada pola CIG nos centros de chamadas do país

A xornada de folga convocada pola CIG nos centros de chamadas do país para reclamar un convenio colectivo digno no sector está a rexistrar novamente un amplo seguimento. Coincidindo co paro, centos de traballadores/as mobilizáronse en Vigo, A Coruña e Lugo en defensa das súas condicións laborais. Dende central explican que decidiron promover o paro […]

A CIG convoca unha xornada de folga nos centros de chamadas o 26 de xaneiro

Na reunión da mesa de negociación do convenio do pasado 11 de xaneiro a patronal de Centros de Chamadas retiraba a súa proposta de suba salarial, por entender que se augura un incremento do IPC e que polo tanto teñen que estudar unha rebaixa na súa proposta salarial para manter os custes baixos. Retiraron tamén […]

Non, segue sendo non! A loita contra os ataques de Extel non rematou

A Sección Sindical da CIG en Extel entende que hai que seguir na loita “ante os constantes ataques da empresa aos postos de traballo nesta plataforma”. Neste senso, aclaran que a central vai impugnar o ERE, porque en ningún caso a voluntariedade das baixas valida a falta de causas e ante o temor de que […]

As 107 baixas voluntarias comunicadas por Extel confirman que o ERE non ten causa

Este venres, Extel comunicou ao Comité que vai proceder ao despedimento de 239 traballadoras e traballadores en todo o Estado, das/os que 107 pertencen á plataforma da Coruña. En calquera caso, estamos ante unha intolerábel destrución de postos de traballo, cunha voluntariedade acompañada en moitos casos de coaccións por parte da dirección da empresa. O […]

Nova xornada de paros e manifestacións para rexeitar o ERE en Extel

A loita contra o ERE que Extel pretende aplicar continúa este mércores con paros laborais de dúas horas por quenda de traballo e manifestacións dende as oficinas que a empresa ten en Matogrande (A Coruña) até unha das oficinas de Adecco (propietaria de Extel). A CIG reitera que non existen causas que xustifiquen “un ERE […]

A representación sindical acorda por unanimidade non asinar o ERE de Extel “porque non existen causas”

A representación sindical manifestou unha vez máis o seu rotundo non ao fraudulento ERE presentado por Extel, que hoxe deu por concluído período de consultas. O acordo que a empresa pretendeu até o último momento mercadeando coas contías económicas foi rexeitado polo conxunto da representación sindical que, por unanimidade, acordou non asinar o expediente. Neste […]