🢂 ESTÁ NAVEGANDO EN LA SECCIÓN :

CIG-Saúde de Compostela denuncia nomeamentos a dedo e sobresoldos para os cargos de responsabilidade

Representantes da CIG-Saúde de Compostela compareceron esta mañá en rolda de prensa para denunciar que, desde hai anos, a Xerencia de Compostela fai nomeamentos a dedo para ocupar cargos de responsabilidade e que eses postos, de xefatura, coordinación, encargado ou supervisión, son compensados economicamente con sobresoldos, mediante horas extra que non existen ou en concepto […]

A empresa ARAMARK recoñece a instalación de cámaras ocultas na cafetería de persoal do CHUS

Ao día seguinte de presentarse a denuncia pública da CIG pola aparición dunha cámara oculta na sala de descanso do persoal da cafetería do Hospital Clínico, a empresa ARAMARK mantivo unha reunión co comité de empresa na que recoñeceu a súa instalación. Porén, o xerente da concesionaria asegurou descoñecer se hai máis cámaras ocultas argüíndo […]

O BNG pide explicacións ao Goberno polas avultadas listas de espera para probas radiolóxicas do CHUS

A portavoz de sanidade do BNG, Montse Prado presentou hoxe ante os medios de  comunicación, en sede parlamentar, diversas iniciativas nas que reclama unha “rectificación” do SERGAS para garantir a eficiencia dos servizos centrais de radiodiágnostico no CHUS. Asemade, a parlamentaria demanda explicacións sobre os motivos para dotar o servizos de cardioloxía de equipos de […]

O conselleiro de Sanidade analiza co alcalde de Santiago a ampliación do CHUS

O conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuiña, mantivo esta mañá unha xuntanza co rexedor municipal santiagués Martiño Noriega, na que abordaron a ampliación do Complexo Hospitalario Universitario e a reordenación do Hospital de Conxo e do Gil Casares, derivada do proxecto para a construción da nova Facultade de Medicina e Odontoloxía. O conselleiro trasladoulle ao […]

A Inspección dá 3 meses ao CHUS para que adopte medidas que garantan a saúde laboral do seu persoal

CIG-Saúde de Compostela alerta do preocupante incremento dos accidentes de traballo por picaduras e cortes entre o persoal do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago por non dispor de dispositivos de bioseguridade, como os que existen no resto dos hospitais de Galiza, e por non ser reemprazados os existentes, tal e como establece a normativa vixente. […]

En Marea ante o grave caso denunciado da morte dunha paciente nos corredores de urxencias

En Marea ante o grave caso denunciado da morte dunha paciente nos corredores de urxencias no Complexo Hospitalario Universitario de Santiago (CHUS) por dous sindicatos ante a Fiscalía, que se suman á situación de Conxo tamén denunciada polos profesionais ou ao colapso case permanente das Urxencias de Ourense entre outras cuestións, evidencian que os recortes […]

Denuncian a “dantesca” situación das Urxencias do CHUS con 470 doentes durante a fin de semana

CIG-Saúde de Compostela vén de denunciar que, lonxe de solucionarse o colapso das Urxencias do Hospital Clínico de Compostela, a situación durante esta fin de semana, que cualifica como “dantesca”, non fixo máis que empeorar e continuaba á altura das 14:00 horas deste luns, con doentes ateigando os corredores. Asegura que entre o venres e […]

Denuncian que 70 traballadores do CHUS non cobraron a nómina de decembro

CIG-Saúde denunciou a falta de pagamento da última nómina a uns 70 traballadores do persoal das listas de contratación que obtiveron praza desde o día 1 de decembro no Complexo Hospitalario Universitario de Santiago (CHUS). Segundo denunciou a central sindical nun comunicado de prensa, “hai aproximadamente uns 70 profesionais de diversas categorías” –enfermeiros, TCAEs, celadores, […]