Comezan as Andainas da primavera, rutas guiadas para coñecer os espazos verdes do Gaiás

Representantes de diversas institucións, asociacións e colectivos da cidade de Santiago de Compostela participaron nun percorrido a pé entre a praza do Obradoiro e a Cidade da Cultura. Este itinerario, que atravesa puntos de alto interese turístico da capital galega, partiu do casco histórico –Patrimonio da Humanidade– para descender polo barrio do Sar e achegarse […]

30 arquitectos e deseñadores galegos réndenlle no Gaiás unha homenaxe á madeira

Trinta dos máis importantes arquitectos e deseñadores galegos réndenlle unha homenaxe á madeira na nova mostra da Cidade da Cultura: Da árbore á cadeira, que abre as súas portas este venres, 7 de abril. A nova mostra do Gaiás explora a relación do home cos bosques e ofrece un percorrido polo deseño do moble contemporáneo […]

A Xunta organiza unha xornada para abordar cos concellos o novo marco normativo urbanístico galego co que se pretende impulsar unha ordenación sustentable e responsable

A Xunta de Galicia organiza unhas xornadas para dar a coñecer o regulamento que complementa a Lei 2/2016 da Lei do solo de Galicia e que conforma o marco normativo urbanístico galego co que se pretende impulsar unha ordenación responsable e sostible do territorio. Este encontro, que se celebra mañá na Cidade da Cultura, está […]

Seiscentos corredores reciben a primavera na Holi Gaiás da Cidade da Cultura

Seiscentas persoas celebraron o sábado 25 de marzo a chegada da primavera na Cidade da Cultura de Galicia participando na Holi Gaiás, unha carreira lúdica, non competitiva, con música e unha explosión de po de cores para gozar dunha actividade festiva ao aire libre. A carreira, cun itinerario de 5 quilómetros polos exteriores do Gaiás, […]

Galicia ProFilme afonda nas claves para a presentación de proxectos ás axudas europeas MEDIA

As axudas do subprograma europeo MEDIA serán obxecto dunha nova sesión informativa para os profesionais do audiovisual galego que a Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria organiza en colaboración coa Oficina MEDIA España. Esta xornada terá lugar o vindeiro martes 21, ás 16.30 horas, na sede da […]